Ann Blyth
Ann Blyth | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ann Marie Blyth |
Nacemento | 16 de agosto de 1928 |
Lugar de nacemento | Mount Kisco |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Professional Children's School |
Ocupación | actriz de cinema, cantante, actriz de teatro e actriz de televisión |
Premios | star on Hollywood Walk of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ann Marie Blyth, nada en Mount Kisco o 16 de agosto de 1928, é unha actriz e cantante estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Blyth naceu no estado de Nova York. Os seus pais, Harry e Nan Blyth,[1] divorciáranse cando aínda era nova. Mudouse coa súa nai e a súa irmá a Nova York, onde comezaron a asistir a escolas católicas. A unha certa idade, Blyth asistiu á Escola Infantil Profesional de Manhattan e xa era artista de radio,[2][3] actuando especialmente en dramas, ata que rematou a escola. Despois de coñecer un compañeiro na New York Children's Opera Company,[4] fixo un importante debut en Broadway como a filla de Paul Lukas no clásico drama da segunda guerra mundial, Watch on the Rhine (1941) de Lillian Hellman. Estivo en cartel durante 378 funcións.[5]
Mentres viaxaba coa obra nos Ánxeles, foi descuberta polo director Henry Koster de Universal Studios,[4] que lle ofreceu a oportunidade de facer unha audición para un filme. Comezou a súa carreira como "Anne Blyth", mais cambiou o nome a "Ann" xa para o seu debut no filme Chip Off the Old Block (1944), nun musical protagonizado por grandes nomes de Universal, como Donald O'Connor e Peggy Ryan.[2]
Continuou a súa carreira como actriz co filme The Merry Monahans (1944). Ao ano seguinte, foi prestada á Warner Bros. para facer o papel da filla de Joan Crawford, nun filme cunha trama que trataba sobre a turbulenta vida da moza, que era atormentada pola súa outra filla, Veda, no clásico Mildred Pierce (1945). Blyth tiña só dezaseis anos[2] e foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria.[1] Despois da rodaxe, sufriu un accidente nunha zorra, fracturándose a columna vertebral, en Snow Valley.[6] Logo dunha longa recuperación, a Universal utilizouna para un cameo cunha cadeira de rodas en Brute Force (1947).[7]
O seu primeiro papel protagonista foi no filme Sonny Tufts in Swell Guy (1946). En vez de continuar interpretando musicais, Ann volveu ao cinema con Killer McCoy (1947),[8] nun papel perigosamente calculado en Another Part of the Forest (1948). Tamén realizou papeis de comedia, como o dunha sera en Mr. Peabody and the Mermaid (1948), con William Powell, e unha adolescente que se namora dunha estrela de Hollywood, Robert Montgomery, en Once More, My Darling (1949).
Como estrela na década de 1950, Blyth apareceu en papeis en operetas, comedias e melodramas. Realizou papeis dramáticos como o dunha rapaza adoptada que busca a súa nai biolóxica en Our Very Own (1950) e unha condenada por asasinato en Thunder on the Hill (1951). Outros papeis destacados foron o da esposa de Mario Lanza en The Great Caruso (1951), o de Katie Did It (1951) ou a condesa rusa á que Gregory Peck facía as beiras en The World in His Arms (1952).
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Na edición de decembro de 1952 de Motion Picture and Television Magazine, Ann Blyth afirmou nunha entrevista que era republicana e que apoiara a Dwight D. Eisenhower como presidente o mes anterior nas eleccións presidenciais de 1952.[9]
En 1953, Blyth casou co obstetra James McNulty, irmán do cantante Dennis Day, que os presentara. As damas de honra foron as actrices Joan Leslie, Jane Withers e Betty Lynn. A parella, ambos devotos católicos, recibiu unha felicitación especial do papa.[10]
Despois do seu matrimonio, Blyth tomou un descanso na súa carreira para centrarse na crianza dos seus cinco fillos, Timothy Patrick (nado o 10 de xuño de 1954), Maureen Ann (nada o 14 de decembro de 1955), Kathleen Mary (nada o 23 de decembro de 1957), Terence Grady (nado o 9 de decembro de 1960) e Eileen Alana (nada o 10 de abril de 1963).[11][12]
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Cinema
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1944 | Chip Off the Old Block | Glory Marlow III | |
The Merry Monahans | Sheila DeRoyce | ||
Babes on Swing Street | Carol Curtis | ||
Bowery to Broadway | Bessie Jo Kirby | ||
1945 | Mildred Pierce | Veda Pierce Forrester | Candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria |
1946 | Swell Guy | Marian Tyler | |
1947 | Brute Force | Ruth | |
Killer McCoy | Sheila Carrson | ||
1948 | A Woman's Vengeance | Doris Mead | Título alternativo: The Gioconda Smile |
Another Part of the Forest | Regina Hubbard | ||
Mr. Peabody and the Mermaid | Lenore the Mermaid | ||
1949 | Red Canyon | Lucy Bostel | |
Top o' the Morning | Conn McNaughton | ||
Once More, My Darling | Marita Connell | ||
Free for All | Ann Abbott | ||
1950 | Our Very Own | Gail Macaulay | |
1951 | Katie Did It | Katherine Standish | |
The Great Caruso | Dorothy Park Benjamin | ||
Thunder on the Hill | Valerie Carns | Título alternativo: Bonaventure | |
I'll Never Forget You | Helen Pettigrew / Martha Forsyth | Títulos alternativos: The House in the Square Man of Two Worlds | |
The Golden Horde | Princesa Shalimar | Título alternativo: The Golden Horde of Genghis Khan | |
1952 | The World in His Arms | Condesa Marina Selanova | |
Sally and Saint Anne | Sally O'Moyne | ||
One Minute to Zero | Mrs. Landa Day | ||
1953 | All the Brothers Were Valiant | Priscilla "Pris" Holt | |
1954 | Rose Marie | Rose Marie Lemaitre | |
The Student Prince | Kathie Ruder | ||
1955 | The King's Thief | Lady Mary | |
Kismet | Marsinah | ||
1957 | Slander | Connie Martin | |
The Buster Keaton Story | Gloria Brent | ||
The Helen Morgan Story | Helen Morgan | Títulos alternativos: Both Ends of the Candle e Why Was I Born? Dobrada por Gogi Grant |
- Televisión
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1954 | Lux Video Theatre | Angela | Episodio: "A Place in the Sun" |
1958–1963 | The Christophers | 2 episodios | |
1959 | The DuPont Show with June Allyson | Martha | Episodio: "Suspected" |
1959–1963 | Wagon Train | Nancy Winters / Eve Newhope / Clementine Jones / Martha Barham / Jenny / Phoebe Tannen | 5 episodios |
1960 | The Citadel | Christine | Telefilme |
1962 | The Dick Powell Show | Lizzie Hogan | Episodio: "Savage Sunday" |
1963 | Saints and Sinners | Edith Berlitz | Episodio: "The Year Joan Crawford Won the Oscar" |
1964 | The Twilight Zone | Pamela Morris / Constance Taylor | Episodio: "Queen of the Nile" |
1964–1965 | Burke's Law | Deidre DeMara Valerie |
2 episodios |
1965 | Kraft Suspense Theatre | Lady Mei | Episodio: "Jungle of Fear" |
1969 | The Name of the Game | Kay Martin | Episodio: "Swingers Only" |
1975 | Switch | Miriam Estabrook | Episodio: "Mistresses, Murder and Millions" |
1979–1983 | Quincy, M.E. | Velma Whitehead Dorothy Blake |
2 episodios |
1985 | Murder, She Wrote | Francesca Lodge | Episodio: "Reflections of the Mind" |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Ann Blyth", Turner Classic Movies
- ↑ 2,0 2,1 2,2 King, Susan (12 de agosto de 2013). "Ann Blyth gets a TCM salute for her birthday". Los Angeles Times.
- ↑ "Ann Blyth an Actress Since She Was 5". Chicago Daily Tribune. 29 de xaneiro de 1950. p. G3.
- ↑ 4,0 4,1 Brownell, William (12 de outubro de 1952). "THE BLYTH SPIRIT: Show Business Still Stimulating to Ann Blyth, Youthful But Veteran Trouper". New York Times. p. X5.
- ↑ "Watch on the Rhine". Internet Broadway Database. Consultado o 2015-08-09.
- ↑ Blyth, Ann, "My Career Took a Toboggan Ride", in Peale, Norman Vincent (ed.) Faith Made Them Champions. Carmel, New York: Guideposts Associates, Inc., 1954, pp. 114–117.
- ↑ "The Life Story of ANN BLYTH". Picture Show 53 (1389) (Londres). 12 de novembro de 1949. p. 12.
- ↑ The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study.
- ↑ Motion Picture and Television Magazine, decembro de 1952, páxina 28, Ideal Publishers
- ↑ "Ann Blyth Wed as 600 Watch Church Service: ANN BLYTH MARRIED". Los Angeles Times. 28 de xuño de 1953. p. 1.
- ↑ "Daughter Born to Ann Blyth". Los Angeles Times. 11 de abril de 1963. p. 30.
- ↑ Anderson, Nancy (22 de agosto de 1974). "Ann Blyth has Cake and Eats it". Lodi News-Sentinel.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ann Blyth ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dye, David. Child and Youth Actors: Filmography of Their Entire Careers, 1914–1985. Jefferson, North Carolina: McFarland & Co., 1988, p. 22-23.