Animal Crossing (saga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da saga do Animal Crossing

Animal Crossing (どうぶつの森 Dōbutsu no Mori, lit. "Bosque dos animais") é unha saga de videoxogos de simulador de vida desenvolvida e distribuída pola empresa xaponesa Nintendo no que o personaxe vive nunha aldea habitado por antropomorfos levando acabo actividades do día a día como: regar, mercar, pescar ou ir a praia, entre outras. A saga destaca pola súa liberdade de xogo e o seu amplo uso do reloxo e o calendario interno para dar un tempo real ao xogo, é dicir, cada segundo na vida real é un segundo no xogo.

Aínda que dous deles só vendéronse no Xapón, hai un total de seis xogos para diversas consolas: Nintendo 64, GameCube, Nintendo DS, Wii e por último Nintendo 3DS. Todos os xogos foron para consolas de sobremesa, tan só o Animal Crossing: Wild World e Animal Crossing: New Leaf saíron para consola portátil.

O xogo foi á vez un éxito comercial e para a crítica, e vendeu máis de 16,49 millóns de copias en todo o mundo.[1]

Versións[editar | editar a fonte]

Animal Crossing. Poboación: en aumento![editar | editar a fonte]

O primeiro xogo da saga foi Dōbutsu no Mori (どうぶつの森 lit. "Bosque dos animais"), para Nintendo 64, publicado só no Xapón, onde saíu á venda o 14 de abril de 2001.

En decembro do mesmo ano, Nintendo publicou no Xapón unha versión mellorada do xogo para GameCube, Dōbutsu no Mori+ (どうぶつの森+ lit. "Bosque dos animais +), que tamén foi publicado nos Estados Unidos e Europa baixo o nome de Animal Crossing Poboación: en aumento!" (en inglés Animal Crossing. Population: Growing!). O xogo usaba o reloxo interno da consola GameCube para crear un mundo persistente. Debido a súa complexidade, o xogo ocupaba unha tarxeta de memoria de 59 bloques enteira. Cando saíu á venda, o xogo incluía de agasallo unha tarxeta de memoria.

Como o xogo na versión americana tiña máis festas e máis obxectos, traduciuse a versión americana ao xaponés, co nome de Dōbutsu no Mori+ (どうぶつの森+ lit. "Bosque dos animais +), pero incluíndo novos temas de conversación, máis festas e moitas máis opcións, incluso podías suxeitar unha flor na man ou poñer mobles fóra dunha casa. Os americanos pensaban que había tan pouca diferenza entre Dōbutsu no Mori + e Animal Crossing, que non se molestaron en traducilo.

Animal Crossing: Wild World[editar | editar a fonte]

A segunda versión do xogo foi Animal Crossing: Wild World (en galego: Animal Crossing: Mundo Salvaxe), para Nintendo DS, que ademais funcionaba coa conexión Wi-Fi de Nintendo, o cal permite aos xogadores establecer contacto con outros xogadores de calquera parte do mundo.

Animal Crossing: Let's Go to the City[editar | editar a fonte]

Animal Crossing: Let's Go to the City foi a terceira versión que saíu á venda da serie. Funcionaba coa conexión Wi-Fi de Nintendo, ao igual que o Animal Crossing: Wild World, e que como novidade incluía a posibilidade de visitar a praza dunha cidade, con tendas, ademais de poder falar con outros xogadores grazas ao accesorio WiiSpeak. A súa saída foi en decembro de 2008.

Animal Crossing: New Leaf[editar | editar a fonte]

É a última entrega da saga Animal Crossing (ata agora), coñecido como Animal Crossing: New Leaf (とびだせどうぶつの森 Tobidase Dōubutsu no Mori, lit. "Bosque Animal: Salta á vista"), saíu á venda o 8 de novembro de 2012 no Xapón e o 9 e 14 de xuño de 2013 en América e Europa. A principal novidade da entrega é que por primeira vez o personaxe é o alcalde ou a alcaldesa da vila, o que permite influír na vida e decoración do mesmo. Ademais inclúe unha maior capacidade para personalizar tanto mobles como roupa. Unha das súas principais características para varios xogadores é a utilización de StreetPass, que fai que poidas coñecer tanto a casa como a aldea dos xogadores que te cruces na vida real (coa Nintendo 3DS acendida).

O Xogo[editar | editar a fonte]

Obxectos[editar | editar a fonte]

Ferramentas[editar | editar a fonte]

En todas as entregas do xogo, existen unha serie de utensilios coñecidos no xogo como ferramentas. Serven ao xogador para interactuar con máis naturalidade na aldea. Estes artefactos non se poden utilizar na cidade nin dentro de casas ou tendas e mércanse na tenda Tom Nook por 500 bagas. As ferramentas son:

  • Pa: serve para escavar ou fósiles ou trampas. Tamén podes enterrar con ela obxectos e froitas (para novas árbores).
  • Machada: súa única función é a de pinchar árbores.
  • Rede de caza: con este utensilio cázanse todo tipo de bichos, e incluso caracois.
  • Regador: rega as flores murchas da aldea.
  • Cana de pescar: con este utensilio péscanse todo tipo de peixes, e incluso ras, luras, polbos e cangrexos nun estanque pequeno que hai en todas as aldeas.
  • Tirapedras: de vez en cando (concretamente unha vez cada hora) pasa polo ceo un globo de aire transportando o que parece un agasallo. Co tirapedras podes apuntar ao globo e explotalo e así quedar co agasallo. Os globos son de cores distintos, e cada cor significa que leva un tipo distinto de moble, é dicir, se é de certo cor pode levar un tipo de moble en concreto, e os desa cor sempre levarán o mesmo tipo de moble.
  • Megáfono: serve para localizar a un animal (ou persoa por Steetpass). É moi útil para dar agasallos ou para falar con el.

Todas as ferramentas teñen unha versión de ouro a excepción do megáfono. Son difíciles de conseguir e non se encontran na tenda. Basicamente son unha versión mellorada das normais. Nalgunhas entregas do xogo existen tamén as de prata; máis doadas de obter, pero de menor calidade.

Texturas[editar | editar a fonte]

En todas as versións do xogo hai dispoñibles diferentes deseños que se poden editar, borrar ou utilizar para crear pezas de roupa, gorros, baldosas, paraugas, cadros, a bandeira da aldea, etc. En total pódense almacenar oito texturas, excepto no Animal Crossing: New Leaf, onde hai un caixón máis amplo para gardar máis texturas, á parte das oito do inventario propio. Pódense crear e editar na tenda de roupa Irmás Manitas. Na actualidade, existen páxinas web nas que se poden crear estas texturas para utilizalas no xogo.[2][3]

Recolección[editar | editar a fonte]

Insectos[editar | editar a fonte]

Existen 64 na versión de Wii, 56 na da Nintendo DS e 40 na de GameCube e Nintendo 64. Ao conseguir unha rede de caza, é posible capturalos para doalos ao museo, decorar a casa ou vendelos, pero os insectos non adoitan valer moito, agás algunhas excepcións. Os insectos pódense presentar aleatoriamente en diferentes espazos: algúns voan, outros posan en árbores ou flores, baixo terra, nunha rocha, na auga etc. Cando son doados ao museo, o director deste, Sócrates, aceptaraos sen moito ánimo debido a que lle desagradan moito. Os insectos máis raros no xogo son a tarántula e o escorpión. A título informativo cabe dicir que, se ben todo animal que é capturado coa rede se engloba no xogo na categoría de "insectos", algúns destes animais non o son realmente (como a araña e o escorpión, que son arácnidos ou o caracol, que é un molusco).

Peixes[editar | editar a fonte]

Existen 64 na versión para Wii, 56 na de Nintendo DS e 40 nas versións de GameCube e Nintendo 64. Cunha cana de pescar, poden ser pescados en pozas, cascadas, ríos ou no mar. Igual que os insectos, poden ser vendidos, colocados a modo decorativo nunha casa ou doalos ao museo. Os peixes máis raros no xogo son o celacanto e a quenlla. A título informativo cabe dicir que, se ben todo animal que é capturado mediante a cana de pescar se engloba na categoría de "peixes" neste videoxogo, algúns destes animais non o son realmente (a augamar, que pertence ás cnidarios, a rá, que é un anfibio ou o cangrexo, pertencente á familia dos crustáceos).

Fósiles[editar | editar a fonte]

Na aldea pódense encontrar fósiles, é dicir, restos de organismos pasados en rochas sedimentarias. Estes encóntranse baixo a terra en distintos puntos da aldea de forma aleatoria. Se se desenterra un coa pá, pódese vender, ou ben, levalo ao museo local para que alí o investiguen e identifiquen, ao identificalos alcanzan un alto prezo. Unha vez feito isto, ten as mesmas funcións que calquera outro moble: pódese vender, ou deixar na casa como decoración etc. Así mesmo pódese doar ao museo se este non dispón do espécime.

Froitas[editar | editar a fonte]

Cada aldea posúe tres tipos de árbores: árbore estándar, piñeiro e árbore froiteira. Existen 6 árbores froiteiras: maceiras, cerdeiras, pereiras, laranxeiras, cocos e melocotoeiros. Cada aldea posúe unha única especie de froita, a froita natal da aldea. Para conseguir o resto de froitas débese de visitar outra aldea cunha froita natal distinta. As mazás son a froita natal máis común e os melocotóns son os máis estraños. O coco non aparece como froita natal; esta froita chega á praia un día aleatorio polas ondas do mar. Se se planta, aparecerá un coco (árbore). As froitas serven para alimentarse, plantar novas árbores, vendelas na tenda ou envialas por correo a veciños (coa posibilidade de que estes che dean unha froita diferente), as froitas que conseguiches noutras aldeas son bastante valiosas ao vendelas na tenda. Para que os veciños che manden froita, envíalles algo de regalo nunha carta que poña "Veciño, dáme froita". Non sempre a mandan, pero ao final algunha conséguese.

Flores[editar | editar a fonte]

Os Vilanos de Diente de Animal Crossing xeraron no seu momento confusión, dado que ningunha planta respondía a ese nome. Posteriormente aclarouse que era un Dente de león en reprodución. En inglés, en cambio non xeran confusión ("Dandelions" e "Dandelions Puffs")

Para dotar de realidade a aldea, existen flores de distintos tipos e cores. Aparecen cada día de 3 a 5 flores na aldea e morren de 1 a 3. Tamén se poden comprar na tenda, agás algunhas flores que son as chamadas híbridas. A diferenza entre as flores normais e as flores híbridas é que as últimas atraen insectos exóticos, son máis valiosas e teñen diferente cor. As flores:

  • Dente de león: se se manteñen uns días vivos, convértense nos viláns de dentes. Cores: amarelo.
  • Vilán de dente: é en realidade un dente de león en estado de reprodución (cipselas). Cores: só branco.
  • Flor de neve: esta estraña planta só aparece se a aldea está perfecta no que respecta ao medio ambiente. En inglés chámano «Jacob’s ladder», pero representa a flor «Lily of the Valley». Cores: só branco.
  • Cosmos: é unha das catro flores comúns e aparece en calquera punto da aldea. Cores: vermello, amarelo e branco (normais) / rosa, laranxa e negro (híbrida).
  • Viola ou violeta: é unha das catro flores comúns e aparece en calquera punto da aldea. Cores: vermella, amarela e branca (normais) / malva, laranxa e azul (híbrida).
  • Tulipán ou tulipa: é unha das catro flores comúns e aparece en calquera punto da aldea. Cores: vermello, amarela e branco (normais) / rosa, malva e negro (híbrida).
  • Rosa: é unha das catro flores comúns e aparece en calquera punto da aldea. Cores: vermella, amarela e branca (normais) / rosa, laranxa, negra, azul, malva e dourado (híbrida).
  • Caravel: é unha flor que só pode obterse mediante cartas do teu pai ou nai nos seus respectivos días (Día do Pai e Día da Nai). Cores: vermello e rosa (normais) / branco (híbridas).
  • Rafflesia: esta flor aparece ao non xogar dende hai moito tempo. Non se vende na tenda. Cores: vermello.

Outros[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

Hai todo tipo de festas, dende o día da landra, día «lalalá», último día do ano, o festival das flores (que ten lugar na segunda semana de abril) etc. En todas elas está o alcalde Tórtimer, agás no mercado, e o día das landras que está Córnimer.

Correo[editar | editar a fonte]

Tamén se pode enviar cartas a veciños da aldea (ou doutras aldeas). Pódense achegar regalos, entón o remitente enviarache un regalo parecido. Normalmente, o veciño devolverá unha resposta á carta que se lle enviou.

Mobles[editar | editar a fonte]

De mobles hai aproximadamente 562 (varía entre os xogos). A maioría divídense por conxuntos e están á venda na tenda. As texturas de paredes e chans tamén pertencen a un conxunto. En xeral, os veciños da aldea sempre decoran a súa casa dun mesmo conxunto.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Todos son animais antropomorfos, é dicir, representan a un animal pero actúan como seres humanos. Estes falan en «Animalés», idioma inventado polo propio xogo e que se basea na alteración do son no seu fala. Tamén existe o «Bebebés».

Personaxes da aldea[editar | editar a fonte]

  • Tortimer: (そんちょう, Sonchou) é unha tartaruga e alcalde da aldea.
  • Tom Nook: (たぬきち, Tanukichi) Es un tanuki que traballa na tenda da aldea.
  • Tendo e Nendo: Tendo (まめきち, Mamekichi) e Nendo (つぶきち, Tsubukichi) son os sobriños de Tom Nook e tamén son Tanukis. En inglés chámanse Timmy e Tommy, máis acorde co nome do seu tío.
  • Pili e Mili: (きぬよ, Kinuyo e あさみ, Asami) son dous porcoespíns que traballan na tenda de roupa. En inglés son Mabel e Sabre.
  • Sócrates: (フータ, Fūta) é o bufo director do museo municipal. En inglés chámase Blathers.
  • Ronsel: (フーコ, Fuko) é a irmá de Sócrates e tamén un bufo. É encargada da sección astrolóxica do museo. En inglés chámase Celeste.
  • Fígaro: (マスター, Máster) é dono do bar do museo e é unha Pomba Macho. En inglés chámase Brewster.
  • Sol: (ぺりこ, Peliko) é a bolseira que traballa no concello nas horas diúrnas. É un pelicano. En inglés chámase Pelly.
  • Estrela: (ぺりみ, Pelimi) ao contrario que Sol, a súa irmá, é a encargada do concello pola noite. En inglés chámase Phyllis.
  • Nocencio: (おまわりさんB, Policeman B / もんばんさんA, Gatekeeper) é un can Bulldog que traballa no Portón. Chámase en inglés Booker.
  • Vixilio: (おまわりさんA, Policeman A / もんばんさんA, Gatekeeper B) é un can Grande danés. Tamén traballa no Portón. En inglés chámase Copper.
  • Divahua:(めがみさま, Goddess) é a fada da fonte da aldea. É un can Chihuahua. En inglés chámase Serena.
  • Canela: É a secretaria do alcalde da aldea no Animal Crossing: New Life

Personaxes eventuales[editar | editar a fonte]

Son aqueles personaxes que aparecen só algúns días ou están na cidade e varían dependendo da entrega.

  • O canario amarelo: (カナリアイエロー, Canaria Lero) é un canario que aparece no taboleiro de anuncios cando hai novas mensaxes.
  • Alcatifa: (ローラン, Roland) é un camelo. Encárgase de repartir alfombras pola aldea. «Alcatifa» vén do árabe «a alfombra» (Ao-Katiffa). En inglés é Saharah.
  • Totakeke / K.K. Slider: (とたけけ, Totakeke) é un can labrador cantautor que ofrece cancións no bar do museo os sábados a partir das 20:00.
  • Xoana: (カブリバ, Kaburiba) é un xabaril que vende os domingos pola mañá nabos brancos ou vermellos. O seu nome en inglés é Joan.
  • Ladino: (つねきち, Tsunekichi) é un raposo que posúe unha tenda só para socios, se falas con Sisebuto podes elixir o día que queres que veña á aldea. O seu nome en inglés é Redd.
  • Dá Morsi: (セイイチ, Seiichi) é unha morsa pintora. O seu nome é un xogo de palabras derivado do pintor Leonardo Da Vinci. En inglés chámase Wendell.
  • Pascal: (ラコスケ, Rakosuke) esta londra adora o mar e encántanlle as vieiras.
  • Katrina: (ハッケミイ, Hakkemi) é unha pantera pitonisa. Chámase igual en inglés.
  • Sisebuto: (ホンマさん, Honma-san) é un furón dependente dunha compañía de seguros e posteriormente da Academia das Artes Decorativas. En inglés chámase Lyle.
  • Folerpiña: (ゆきだるま, Yuki daruma) este é un boneco de neve que se crea a partir da neve que aparece dende o 25 de decembro, se o fixeches perfectamente darache un moble especial da serie neve. O seu nome en inglés é Snowman.
  • Córnimer: Este personaxe aparece ao longo do mes de outubro. Probablemente, Córnimer é Tórtimer, que se puxo unha máscara.
  • Soponcio: (パンプキング, Pumpking) aparece en Halloween. En Latinoamérica e en inglés coñéceselle como Jack.
  • Gulliver: (ジョニー, Johnny) é un extraterrestre que voa ás veces pola aldea co seu OVNI. A pesar de ser extraterrestre, ten forma de gaivota. Chámase igual en inglés.
  • Branca: (あやしいねこ, Suspicious Cat) é unha gata sen cara que se pasea por distintas aldeas de forma aleatoria. É a famosa "Gata Misteriosa" de Animal Crossing.
  • Carturo: (ぺりお, Pelio) é o pelicano noivo de Sol e o encargado de repartir o correo. En inglés chámase Pete.
  • Doutor Sito: (ししょー, Shisho) é un Axolotl que traballa como psicólogo xunto ao seu axudante o Dr. Sote. O seu nome en inglés é Dr. Shrunk.
  • Doutor Sote: é un clamidosaurio e o axudante do Dr. Sito. O seu nome en inglés é Fillard.
  • Graciela: (グレース, Grace) é unha xirafa experta en moda. O seu nome en inglés é Gracie.
  • Buh: (ゆうたろう, Yutarou) é un fantasma que concede desexos se se recupera a súa lámpada máxica. O seu nome en inglés é Wisp.
  • Renato: (ジングル, Jinguru) é un reno que aparece en Noiteboa vestido de Papá Noel. O seu nome en inglés é Jingle.
  • Guindo: (フランクリン, Furankurin) é un pavo que aparece o Día de Acción de Grazas ou Festival da Colleita. En inglés chámase Franklin.
  • Coti Coexal: (ぴょんたろう, Pyontarou) é un coello que aparece na Semana Pascual. En Latinoamérica e en inglés chámase Zipper T. Bunny.
  • Conga: (ベルリーナ, Ballerina) é un Pavón e aparece en carnaval. É o único personaxe derivado da cultura hispana. Por iso en inglés porta un acento no seu nome (Pavés).
  • Elio: (パロンチーノ, Palochino) é unha londra vendedora de globos. O seu nome en inglés é Phineas.
  • Betunio: (シャンク, Shank) nunha mofeta que traballa limpando zapatos. O seu nome en inglés é Kicks.
  • Papilo: (カメヤマさん, Kameyama-san) é un camaleón que aparece nos Torneos de Caza de Bichos. O seu nome en inglés é Nat.
  • Martin: (うおまさ, Uomasa) é un castor que aparece nos torneos de Pesca. O seu nome en inglés é Chip.
  • Estasio: (えきいんさん, Station Worker) é un mono que traballa na estación de trens. En inglés chámase Porter.
  • Trini: (ケイト, Kate) é a secretaria de Graciela na súa tenda de moda. É a irmá de Pili e Mili. Tamén é un ourizo cacho. O seu nome en inglés é Labelle.
  • Marilín: (カットリーヌ, Catherine) é unha cadela que traballa nun salón de peiteado. En inglés chámase Harriet.
  • Catiana e Cati (おかあさん, Mother e まいごちゃん, Maigo-chan) son dúas gatas, nai e filla, que aparecen despois de utilizar a conexión Wi-Fi. En inglés chámanse Katie & Kaitlin.

Personaxes Especiais[editar | editar a fonte]

  • Fran: (みしらぬネコ, Unknown Cat) é un gato que ocupa diversas posicións nas diferentes entregas de Animal Crossing. En inglés chámase Rover.
  • ReseT. Ado: (リセットさん, Mr. Reset) é unha toupa que aparece cando non se garda unha partida. En inglés chámase Mr. Sonny Resetti.
  • FormaT. Ado: (ラケットさん, Mr. Racket) irmán de ReseT. e tamén é unha toupa.
  • Capitán: (カッペイ, Kappei /, Chauffer) é un kappa condutor de taxis, barcos, autobuses e trens da cidade ou a aldea. En inglés chámase Kapp'n.

Outros xogos e aplicacións[editar | editar a fonte]

  • Reloxo de Animal Crossing: Trátase dunha aplicación de DSiWare (tamén dispoñible en Nintendo eShop) desenvolvida por Nintendo para a consola Nintendo DSi e as súas sucesoras. É un reloxo, con función de alarma, con motivos de Animal Crossing. Costa 200 Nintendo DSi Points (2€). Saíu á venda no Xapón o 25 de febreiro de 2009, en América o 4 de maio de 2009 e en Europa o 5 de xuño de 2009.
  • Calculadora de Animal Crossing: Trátase dunha aplicación de DSiWare (tamén dispoñible en Nintendo eShop) desenvolvida por Nintendo para a consola para a consola Nintendo DSi e as súas sucesoras. É unha calculadora, con función de conversor, con motivos de Animal Crossing. Costa 200 Nintendo DSi Points (2 €). Saíu á venda no Xapón o 25 de febreiro de 2009, en América o 4 de maio de 2009 e en Europa o 5 de xuño de 2009.
  • Animal Crossing: Sweet Day (Animal Crossing: Adozando o día en español): É un minixogo incluído no xogo Nintendo Land desenvolvido por Nintendo para Wii OU. En Animal Crossing: Sweet Day o xogador que teña o Wii OU GamePad controla dous gardas que se encargan de vixiar o horto de caramelos dun grupo de animais amantes dos doces. Poden xogar ata catro persoas, usando o Wiimote para controlar os animais, debendo traballar en equipo para burlar e deixar atrás os gardas. O xogo remata cando se reúne un total de 50 doces entre todos, ou cando os gardas capturen calquera dos animais en tres ocasións.

Filme[editar | editar a fonte]

No Xapón saíu unha película de animación xaponesa chamada Animal Crossing: O filme baseada no videoxogo Animal Crossing: Wild World. A película dura 87 minutos, animada por Oriental Light and Magic, distribuída por Toho e producida por Nintendo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.nintendo.co.jp/ir/pdf/2009/090508e.pdf#page=6
  2. "Texture Gallery - Animal Crossing". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  3. "Texture Generator - Animal Crossing". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  4. "http://www.vap.co.jp/doubutsunomori/dvd/index.html". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2013.  Ligazón externa en |title= (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]