Saltar ao contido

Anik Nandi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnik Nandi

Anik Nandi en 2024. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Bardhaman Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Heriot-Watt (2012–2016)
Universidade de Santiago de Compostela (2008–2010)
Universidade de Burdwan (2000–2005) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociolingüista Editar o valor en Wikidata

Twitter: DrAnikNandi LinkedIn: draniknandi BNE: XX6344396 Dialnet: 2915703 Editar o valor en Wikidata

Anik Nandi (en bengalí: অনীক নন্দী), nado en Bardhaman[1] en 1981, é un sociolingüista e profesor bengalí especializado en políticas lingüísticas e prácticas de alfabetización en contextos multilingües, así como en filoloxía galega e na súa transmisión interxeracional. Dende setembro de 2024 é director do Centro de Estudos Galegos da India, o primeiro de toda Asia.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en filoloxía inglesa pola Universidade de Burdwan (na India), en 2017 obtivo un doutoramento en Sociolingüística pola Universidade Heriot-Watt. Nandi realizou o seu posgrao na Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Lingüística e realizou o seu primeiro estudo de posdoutoramento na Queen's University Belfast, de Irlanda do Norte entre (2017-19).

Posteriormente foi investigador posdoutoral do Ministerio de Ciencia e Innovación de España na Universidade do País Vasco (UPV/EHU). O seu proxecto orixinal sobre a transmisión interxeracional das linguas éuscara (en España) e santali (na India) conseguiu un financiamento de 97.800 euros durante 3 anos do Ministerio de Ciencia e Innovación de España e do Fondo de Recuperación da COVID da Unión Europea.[3]

Ademais destas funcións, Anik é investigador asociado sénior da Real Academia Galega, investigador visitante no Centro de Lingüística da Universidade de Leiden (LUCL),[3] nos Países Baixos e colaborador do centro de investigación adscrito á Cátedra UNESCO de Patrimonio da Lingua Mundial no País Vasco.[3] Dende 2021, Anik Nandi tamén traballa como editor de críticas de libros da revista Sociolinguistic Studies do Reino Unido.[4]

Está especializado en políticas lingüísticas e prácticas de alfabetización en contextos multilingües, e os seus traballos de investigación apareceron en moitas revistas internacionais de prestixio vinculadas aos estudos culturais e a lingüística.[3] É políglota en bengalí, hindi, inglés, galego e castelán.[5]

Dende o 19 de setembro de 2024,[6] é o director fundador do Centro de Estudos Galegos da India, o primeiro aberto en Asia, na cidade de Hyderabad.[7] Isto foi posible grazas a un acordo coa Universidade Woxsen e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.[2][8]

Traballa como profesor titular de comunicación multicultural na Universidade Woxsen de Hyderabad, na India.

Traduciu o poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro ao bengalí.[9]

  1. "Anik Nandi: "Ségueme alucinando que a xente mercase o discurso da imposición do galego"". Praza.gal. 23 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  2. 1 2 "Bota a andar na India o primeiro Centro de Estudos Galegos de Asia: "estamos creando unha ponte con Galicia"". Praza.gal. 15 de xuño de 2024. Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  3. 1 2 3 4 orcid.org (ed.). "Nandi, Anik; Dr. Anik Nandi - Biography". Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  4. woxsen.academia.edu (ed.). "Anik Nandi - Woxsen University, Woxsen University School of Business, Faculty Member". Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  5. Nós Televisión (ed.). "Anik Nandi: "Cando estou en Galicia, falo en galego e iso tamén é unha política lingüística"". Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  6. "Abre un centro de estudios gallegos en Asia". Faro de Vigo. 20 de setembro de 2024. Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  7. "O primeiro centro de estudos galegos en Asia xa é realidade". Consello da Cultura Galega. 24 de setembro de 2024. Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  8. observatoriodalingua.gal, ed. (14 de junio de 2024). "La Xunta abrirá el primer Centro de Estudios Gallegos en Asia". Consultado o 18 de xaneiro de 2025.
  9. rosalia.gal (ed.). "“Adiós ríos” ao bengalí". Consultado o 18 de xaneiro de 2025.}

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]