Anhanguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anhanguera
Rango fósil: Cretáceo Inferior - Cretáceo Superior

Esqueleto montado de Anhanguera.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Pterosauria
Suborde: Pterodactyloidea
Familia: Anhangueridae
Xénero: Anhanguera
Especie tipo
'Anhanguera blittersdorffi'
Campos & Kellner, 1985
Outras especies
Sinonimia

"Pricesaurus" Martins-Neto, 1986 (nomen nudum)

Anhanguera é un xénero de pterosaurio pterodactiloide do Aptiano no Cretáceo Inferior, con achados na formación Santana na planicie de Araripe, no Brasil.

En 1986, Rafael Gioia Martins-Neto nunha conferencia durante a 38° Reunião Anual da Sociedade Brasileira para o Progresso da Ciência en São Paulo, informou do descubrimento dun pterosaurio, ao que denominou Pricesaurus megalodon. Os resumos do congreso publicáronse máis tarde, dentro dese ano, na revista Ciência e Cultura. O nome do xénero significa "lagarto de Llewellyn Ivor Price". O nome da especie deriva do grego μέγας, megas, "grande", e ὀδών, odon, "dente".[1]

A especie baséase en dous sintipos, que Martins-Neto considerou que procedían dun único individuo, adquiridos de maneira separada procedentes de traficantes de fósiles en dous nódulos: o primeiro é o espécime CPCA 3592, unha punta de nove centímetros dun fociño, e o outro é o espécime CPCA 3591, unha parte media do cranio de dezaoito centímetros de longo. Por tanto Pricesaurus coñécese exclusivamente a partir de material cranial. Ambos os dous especímes probablemente descubríronse no Miembro Romualdo da Conca do Araripe e forman parte da colección do Centro de Pescudas Paleontolóxicas da Chapada do Araripe.[1]

Martins-Neto proveu unha diagnose con catro trazos distintivos: a anchura do premaxilar; os dentes situados moi cercanamente; os profundos alvéolos dentais do premaxilar; e o redondeado da fronte da fenestra nasoantorbitalis. Con todo, en 1988 Alexander Kellner concluíu que Pricesaurus era un nomen vanum, principalmente porque os especímes en cuestión case seguramente son de individuos diferentes. O fociño era, de acordo con Kellner, dun animal máis grande que aquel do que procedía o fragmento medio do cranio. Ademais a diagnose non contiña ningunha autapomorfia real.[2]

En 2012, publicouse un estudo realizado por Felipe Lima Pinheiro et.al. que representaba o primeiro estudo detallado dos especímes. Concluíuse que os fósiles certamente non proveñen dun único individuo, mesmo aínda que os seus tamaños non son necesariamente incompatibles. O fociño mostraba que o quinto e o sexto par de dentes son menores que o cuarto e o sétimo, o cal fai ao espécime indistinguible de Anhanguera blittersdorffi e Anhanguera piscator, os cales mostran o mesmo patrón dental. Ambos os  dous especímes denomináronse Anhanguera sp. Pinheiro e.a. consideraron que Pricesaurus é un nomen nudum, debido a que este non posuía trazos diagnósticos e por ser nomeado nun resumo dunha conferencia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Martins Neto, R.
  2. Kellner A.
  3. Felipe Lima Pinheiro, Cesar Leandro Schultz, Rafael Gioia Martins-Neto† & José Artur Ferreira Gomes de Andrade, 2012, "What is “Pricesaurus megalodon”?