Anguis colchica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anguis colchica

Anguis colchica fotografada o 1 de xulo de 2012
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Anguidae
Subfamilia: Anguinae
Xénero: Anguis
Especie: A. colchica
Nome binomial
Anguis colchica
(Normandnn, 1840)
Sinonimia
Véxase o texto

Anguis colchica é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos,[1] unha das cinco comprendidas dentro do xénero Anguis.[1][2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1840 polo botánico, zoólogo e paleontólogo finlandés de orixe sueca e súbdito do Imperio ruso Alexander von Nordmann, baixo o nome de Otophis eryx var. colchica.[3][4]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Anguis.

O epíteto específico, colchica, é o nominativo feminino do adxectivo latino colchĭcus, -a, -um, "da Cólquida, rexión de Asia Menor".[5]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tmen polos sinónimos:[3][4]

  • Anguis incerta Krynicki, 1837
  • Anguis fragalis var. colchica Werner, 1903
  • Anguis fragilis colchicus Roitberg et al., 2000 [6]
  • Anguis fragilis colchicus Bischoff, 2002 [6]
  • Anguis fragilis colchicus Sos, 2007[6]
  • Anguis fragilis colchicus Rastegar-Pouyani et al., 2008 [6]
  • Anguis fragilis colchica Razzetti et al. in Zuffi, 2006
  • Anguis colchica Jablonski & Meduna, 2010
  • Anguis colchica incerta Jablonski & Meduna, 2010
  • Anguis colchica colchica Gvoždík et al., 2010
  • Anguis colchica incerta Gvoždík et al., 2010
  • Anguis colchica orientalis Gvoždík et al., 2010
  • Otophis eryx var. colchica Nordmann, 1840 (protónimo)

Notas taxonómicas[editar | editar a fonte]

Esta especie foi considerada durante moito tempo unha subespecie de Anguis fragilis. Hoxe considérase unha especie separada.[7]

Gvoždík et al. distinguen seis grupos xenéticos no xénero Anguis: Anguis cephallonica, Anguis fragilis, Anguis graeca, Anguis colchica colchica, Anguis colchica incerta e Anguis colchica orientalis.[7]

Características[editar | editar a fonte]

A lonxitude total desta especie alcanza até os 59 cm (a cabeza e o tronco, até os 29 cm). As femias son un pouco máis grandes que os machos. Os animais novos teñen unha lonxitude total de 6 a 12 cm. O corpo é alongado, sepentiforme, sen patas. Case sempre se ve unha abertura do oído externo. No medio do corpo hai de 26 a 30 fileiras lonxitudinais de escamas. As femias teñen as partes superiores claras de cor chumbo, que destacan dos flancos máis escuros e, normalmente, presentan unha liña traseira escura. Os machos teñen a cabeza máis grosa que as femias. Son de cor agrisada, parda clara ou parda avermellada nas partes superiores, e non son tan ricos en contraste como as femias ou os animais novos; a miúdo carecen da liña central, pero adoitan ter pequenas pregas no lado superior, que son moito máis raras nas femias. Os animais novos son moi claros nas partes superiores, de cor de case esbrancuxada a amarelada pálida, dourada ou gris prateada, e teñen marcas marróns escuras en forma de bágoa e unha liña estreita de cor marrón negra.[Cómpre referencia]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Anguis colchica encóntrase en Bulgaria, Eslovaquia, Lituania, Polonia, República Checa, Romenia, Rusia, en Europa, e en Irán.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Anguis colchica (Nordmann, 1840) no ITIS. Consultado o 31 de maio de 2012.
  2. Anguis en The Reptile Database. Consultada o 21 de maio de 2012.
  3. 3,0 3,1 Anguis colchica (Nordmann, 1840) no GBIF. Consultado o 21 de maio de 2021.
  4. 4,0 4,1 4,2 Anguis colchica (Nordmann, 1840) en The Reptile Database. Consultada o 21 de maio de 2021.
  5. Colchĭcus en Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. New York: Harper and Brothers. ISBN 978-1-9998-5578-9.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Nome incorrecto gramaticalmente, Anguis e feminino, e colchicus masculino.
  7. 7,0 7,1 Gvoždík, Jandzik, Lymberakis, Jablonski & Moravec (2010): "Slow worm, Anguis fragilis (Reptilia: Anguidae) as a species complex: Genetic structure reveals deep divergences". Molecular Phylogenetics and Evolution' 55 (2): 460-472.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas: Alle Arten im Porträt. 2. Wiebelsheim: Quelle & Meyer Verlag. ISBN 978-3-494-01581-1, pp. 329–330.

Outros artigos[editar | editar a fonte]