Anguila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anguila (dependencia)»)
Modelo:Xeografía políticaAnguila
Anguilla (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoGod Save the King Editar o valor em Wikidata

Lema«Unity, Strength and Endurance»
«Единство, сила и издържливост» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 18°14′N 63°03′O / 18.23, -63.05Coordenadas: 18°14′N 63°03′O / 18.23, -63.05
EstadoReino Unido
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particularterritorio Británico de Ultramar Editar o valor em Wikidata
CapitalThe Valley Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación14.738 (2018) Editar o valor em Wikidata (161,96 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie91 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
sen valor Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Premier of Anguilla (en) Traducir Editar o valor em WikidataEllis Webster (en) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAnguilla House of Assembly (en) Traducir , (Escano: 11) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaDólar Caribe-Leste Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ai Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+1264 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor em Wikidata
Código de paísAI Editar o valor em Wikidata

Anguila[1] (/æŋˈɡwɪlə/) é un Territorio Británico de Ultramar no Caribe.[2] É unha das Illas de Sotavento máis ao norte das Antillas Menores, situada ao leste de Porto Rico e as Illas Virxes e directamente ao norte de San Martiño.[3] O territorio está formado pola illa principal de Anguila, aproximadamente de 26 km. de longo por 5 km de ancho no seu punto máis ancho, xunto cunha serie de illas moito máis pequenas e caios sen poboación permanente. A capital do territorio é The Valley.[4] A superficie terrestre total do territorio é de 91 km²,[5] cunha poboación de aproximadamente 15,753 (2021).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome nativo da illa en lingua Arawak era Malliouhana.[3]

En referencia á forma da illa, utilizouse o italiano anguilla, que significa "anguía" (á súa vez, do diminutivo latino de anguis, "serpe")usouse como nome. [6][6][7][8]

Historia[editar | editar a fonte]

Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes.

Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.

Economía[editar | editar a fonte]

As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal.

Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe.

Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O arquipélago localízase no mar Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados.

O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °C. As illas principais son:

Mapa de Anguila

Outros datos[editar | editar a fonte]

A esperanza de vida é de 76,7 anos.

A defensa do país é responsabilidade do Reino Unido.

A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana.

Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2016. 
  2. -world-factbook/countries/anguilla/ "Introduction ::Anguilla" |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 31 de outubro de 2009. [Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 "Encyclopedia Britannica – Anguilla". Consultado o 12 July 2019. 
  4. "CIA World Factbook- Anguilla". Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  5. "Anguilla Facts". Government of Anguilla. Arquivado dende o orixinal o 17 maio 2013. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Martin (1839).
  7. EB (1878).
  8. EB (1911).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]