Saltar ao contido

Angry Birds Star Wars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Angry Birds Star Wars
 Título
Angry Birds Star Wars Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Franquía de medios
 Motor gráfico
Autoría
 Desenvolvedor/a
Temática
 Universo ficticio
Publicación
 Editorial
 Formato de distribución
 Sistema operativo
 Parte da serie
 Puntuación da crítica
49/100 OpenCritic (30 de decembro de 2013)
85/100 Kritikanstvo Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
8 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0ncq3xv Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Clasificación
USK
Redes
IMDB: tt3220328 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Angry Birds Star Wars é un videoxogo desenvolvido pola compañía finesa Rovio Mobile, que é un crossover entre a franquía Star Wars e a de Angry Birds. Foi lanzado o 8 de novembro de 2012, primeiro para Windows, iOS e Android, e posteriormente para macOS e BlackBerry. O xogo é o sexto título da serie Angry Birds. As personaxes son as mesmas que as da dobre triloxía de George Lucas.[1] O 18 de xullo de 2013, Rovio anunciou que Angry Birds Star Wars estaría dispoñible para PlayStation 3, PlayStation Vita, Xbox 360, Wii, Wii U e Nintendo 3DS en colaboración con Activision.[2] En agosto de 2013, o xogo fora descargado máis de 100 millóns de veces nas distintas plataformas.[3]

O 15 de xullo de 2013, Rovio anunciou unha secuela, titulada Angry Birds Star Wars II. Está baseada na triloxía precuela e na serie de televisión Star Wars Rebels. Angry Birds Star Wars II foi lanzado o 18 de setembro de 2013.[4][5]

  1. Sid. AngryBirdsNest, ed. "Meet the Angry Birds Star Wars Characters". Consultado o 24 de xuño de 2013. 
  2. The Verge (18 de xullo de 2013). The Verge, ed. "'Angry Birds Star Wars' coming to every gaming console known to man October 29th". Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  3. Stuart Dredge. theguardian.com, ed. "Angry Birds Star Wars II to launch for iOS, Android and Windows Phone". Consultado o 2 de decembro de 2013. 
  4. Facebook.com (ed.). "Facebook Angry Birds Photo Announcement". Consultado o 2 de decembro de 2013. 
  5. The Verge (15 de xullo de 2013). The Verge, ed. "'Angry Birds Star Wars II' will follow the prequel trilogy and feature physical toys". Consultado o 12 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]