Angie Cepeda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Angie Cepeda
Angie Cepeda.jpg
Nome completo Angélica María Cepeda Jiménez
Nacemento 2 de agosto do 1974 (44 anos)
Lugar Magangué, Flag of Colombia.svg Colombia[1]
Nacionalidade Colombia
Profesión Actriz
editar datos en Wikidata ]

Angélica María Cepeda Jiménez, nada en Magangué o 2 de agosto de 1974, é unha actriz colombiana de cinema e televisión. Deuse a coñecer por telenovelas como Luz María (1998) ou Pobre Diabla (2000), ámbalas dúas emitidas en España pola TVE. Tamén ten traballado en series españolas como Vientos de Agua (2006) e Los protegidos estreada ó 12 de xaneiro do 2010 por Antena 3.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Angie Cepeda criouse en Barranquilla. Os seus pais, José Cepeda e Yadhira Jiménez, avogados, estaban divorciados dende había ben tempo, polo que Angie medrou canda a súa nai e mailas súas dúas irmás máis vellas Lorna e Ivette.

Carreira[editar | editar a fonte]

Houbo un tempo en que Cepeda decidiu estudar edición, porén descubriría a súa vocación no drama e mudouse a Bogotá para vivir cunha tía. Angie comezou os seus cursos de teatro, e foi contratada por unha compañía de cervexa para a que fixo algúns anuncios. Logo, ela foi interpretando en pequenos papeis en varias telenovelas e películas en Colombia.

A sorte chagaríalle cando conseguíu un papel na telenovela Las Juanas, fronte Susana Torres, chamando a atención a produtores de televisión que lle ofrecerían emprego en novelas de horario prime time; unha delas sería o papel principal en Luz María (1998), xunta Christian Meier e Rosalinda Serfaty, e o seu papel protagonista como "Fiorella Morelli Flores de Mejía-Guzmán" en Pobre Diabla (2000), fronte Salvador del Solar e Santiago Magill.

A pesar do éxito no eido das telenovelas, sobre todo en Luz María e Pobre Diabla, ámbalas dúas telenovelas peruanas que a deron a coñecer internacionalmente, o seu degoxo era facer cine, que é o que máis lle gusta. Afirmou deixar o mundo das telenovelas para se dedicar por enteiro ó cine.

A súa primeira intervención no mundo cinemático foi cun pequeno papel no filme Ilona llega con la lluvia (1996). O seu primeiro papel protagonista chegou da man do director peruano Francisco Lombardi quen a convenceu de representar unha prostituta chamada "La Colombiana" en Pantaleón y las visitadoras (2000). Foi un grande éxito en Colombia, España, Perú e Arxentina e recibiu boas críticas pola súa actuación. Tamén tivo enormes eloxios pola súa beleza e sensualidade debido á nudez e escenas quentes de sexo na película con Salvador del Solar.

Cepeda protagonizou Il paradiso all'improviso (2003), filmada en Italia, Samy y yo (2002), polo que recibiu críticas moi favorábeis. Con Love for Rent estréase falando inglés nun filme.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É a irmá máis nova da tamén actriz colombiana Lorna Paz (Yo soy Betty, la fea). Cepeda tivo unha relación co cantante Diego Torres.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

  • Ilona llega con la lluvia (1996)
  • Pantaleón y las visitadoras (2000)
  • Leyenda de Fuego (2001)
  • El destino no tiene favoritos (2002)
  • Sammy and me (2003)
  • Il paradiso all´improvviso (2004)
  • Love for Rent (2005)
  • Oculto (2005)
  • El Muerto (2007)
  • Love in the Time of Cholera (2007)
  • Passing By (2008)
  • El Mal Ajeno (2008)
  • El Pibe (2009)

Telenovelas e seriais[editar | editar a fonte]

  • La Maldición del Paraíso (1993)
  • Crónicas de una generación trágica (1993)
  • Solo una mujer (1995)
  • Candela(1996)
  • Las Juanas (1997)
  • Luz María (1998)
  • Pobre Diabla (2000)
  • Vientos de agua (2005)
  • Fuera de Lugar (2008)
  • Los protegidos (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]