Angela Sommer-Bodenburg
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1948 Reinbek Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Hamburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | Escritora |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Iedereen Leest (en) |
Sitio web | angelasommer-bodenburg.com |
|
Angela Sommer-Bodenburg, nada o 18 de decembro de 1948 en Reinbek (Alemaña)[1], é unha autora de libros para nenos famosa pola súa serie de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro"), que vendeu máis de 10 millóns de exemplares [2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou maxisterio, psicoloxía e socioloxía na Universidade de Hamburgo. Entre 1972 e 1984 traballou coma profesora de primaria en Hamburgo e escribiu a primeira novela de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro") a modo de experimento para tentar descubrir que tipo de literatura podería interesar aos seus alumnos[1]. A novela publicouse en maio de 1979 e, tralo éxito alcanzado, a autora retirouse do ensino en 1984 para adicarse exclusivamente á pintura e á escritura. Actualmente reside en Silver City, en Novo México.
Ten no seu haber máis de corenta libros, incluíndo novela, poesía e os vinte volumes da serie de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro"). A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, sendo parte dela adaptada para o teatro, a radio, o cine e a televisión. No 2000 estreouse a película The Little Vampire, realizada baixo a dirección de Ulrich Edel.
Obra
[editar | editar a fonte]Serie Der kleine Vampir
[editar | editar a fonte]- "Der kleine Vampir un die letzte Verwandlung" (O pequeno vampiro e a última conversa), 2008
- "Der kleine Vampir und die Gruselnacht" (O pequeno vampiro e a noite do terror), 2006
- "Der kleine Vampir hat Geburtstag" (O pequeno vampiro está de aniversario), 2002
- "Der kleine Vampir und die Tanzstunde" (O pequeno vampiro e a clase de baile), 2001
- "Der kleine Vampir und Graf Dracula" (O pequeno vampiro e o Conde Drácula), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir feiert Weihnachten" (O pequeno vampiro celebra o Nadal), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir und die Klassenfahrt" (O pequeno vampiro e a excursión), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir und die große Verschwörung" (O pequeno vampiro e a gran conspiración), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir und der rätselhafte Sarg" (O pequeno vampiro e o enigmático ataúde), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir und der Lichtapparat" (O pequeno vampiro e o aparello de luz), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir in der Höhle des Löwen" (O pequeno vampiro na boca do lobo), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir und der unheimliche Patient" (O pequeno vampiro e o estraño paciente), 2000 (reedición)
- "Der kleine Vampir liest vor" (O pequeno vampiro lee), 1988
- "Der kleine Vampir im Jammertal" (O pequeno vampiro no val das lamentacións), 1986
- "Der kleine Vampir in Gefahr" (O pequeno vampiro en perigo), 1985
- "Der kleine Vampir und die große Liebe" (O pequeno vampiro e o grande amor), 1985
- "Der kleine Vampir auf dem Bauernhof" (O pequeno vampiro na granxa), 1983
- "Der kleine Vampir verreist" (O pequeno vampiro vaise de viaxe), 1982
- "Der kleine Vampir zieht um" (O pequeno vampiro múdase de casa), 1980
- "Der kleine Vampir" (O pequeno vampiro), 1979
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Web oficial da autora
- ↑ "Ficha da autora en www.casadellibro.com". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2009. Consultado o 23 de xullo de 2009.