Angela Saini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAngela Saini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford
King's College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, xornalismo, TV presenter (en) Traducir e enxeñaría mecánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , escritora , television journalist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBritish Broadcasting Corporation (–2008) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua checa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webangelasaini.co.uk Editar o valor em Wikidata
Twitter: AngelaDSaini Instagram: angeladsaini Editar o valor em Wikidata

Angela Saini, nada en Londres en 1980, é unha galardoada xornalista científica con formación en ciencias e enxeñaría. Presenta regularmente programas científicos na BBC Radio, e os seus escritos apareceron en New Scientist, The Guardian, The Times e Wired. O seu libro Inferior tivo grande éxito de crítica e foi nomeado Physics World Book of the year no ano 2017.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Angela ten un máster en enxeñaría pola Universidade de Oxford e foi membro do Programa de Periodismo Científico do Massachusetts Institute of Technology (MIT). O seu xornalismo recibiu eloxios e gañou importantes premios, entre eles o premio da Asociación de Escritores Científicos Británicos e o premio de ouro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia.[1][2]

Libros[editar | editar a fonte]

Saini publicou o seu primeiro libro en 2011, Geek nation: How Indian science is taking over the world (“Nación geek: Cómo a ciencia india está conquistando o mundo”). En 2017 publicou Inferior: How Science Got Women Wrong and the New Research That’s Rewriting the Stor ("Inferior: Como a ciencia infravalora á muller e como as investigacións reescriben a historia"),onde desmonta unha falsa verdade biolóxica: as mulleres non son débiles, nin física nin mentalmente. E no 2019 Superior: The return of race science (“Superior: O retorno da ciencia racial”), obra na que analiza o papel da ciencia na difusión do racismo e os estereotipos raciais[3], que foi elixido por Nature como un dos 10 libros do 2019.[4]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Regueifas de ciencia. Angela Saini". Consultado o 12-3-2020. 
  2. 2,0 2,1 "Angela Saini". Arquivado dende o orixinal o 27-05-2020. Consultado o 12-3-2020. 
  3. [1]Mateu, Anna. "Entrevista a Angela Saini.«Somos seres biológicos, sociales y culturales»". Mètode 2019 - 102. Ciencia y nazismo - Volumen 3 (2019). 
  4. "Nature’s top ten books of 2019". Consultado o 30 decembro 2019. 
  5. "Christmas University Challenge alumni line-up announced". Consultado o 2 xaneiro 2019.. 
  6. "Eugenics: Science's Greatest Scandal". Consultado o 7 marzo 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]