Angela McRobbie
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1951 |
| Educación | Universidade de Birmingham |
| Actividade | |
| Ocupación | socióloga, profesora universitaria, académico da cultura, comunicóloga (pt) |
| Empregador | Universidade de Londres Goldsmiths, Universidade de Londres |
| Premios | |
| |
Angela McRobbie, nada en 1951, é unha feminista, profesora, socióloga e teórica británica dos estudos culturais. McRobbie combina o estudo de diferentes dimensións da cultura xuvenil co desenvolvemento da teoría cultural e política.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]McRobbie fixo os seus estudos de posgrao no Centro de Estudos Culturais contemporáneos na Universidade de Birmingham. Ensinou en Londres, logo na Universidade de Loughborough e é Profesora de Comunicacións na Universidade de Goldsmiths, Londres.
O seu traballo máis coñecido xira arredor da análise do xénero na cultura xuvenil. Foi crítica respecto do traballo das subculturas do CCCS realizado por Paul Willis e Dick Hebdige, pola súa falta de consideración do xénero. Máis aínda, subliñou a necesidade de analizar a natureza da vida cultural das mulleres novas, en orde a estabelecer se se estruturaba dun xeito diferente daquel dos mozos. Este enfoque levou a escribir sobre a cultura da feminidade, os romances, a música pop e a cultura “teenybop”, a revista para mozas “Jackie”, entre outras cousas. Estes ensaios poden atoparse en "Feminism and Youth Culture" (1991).[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Zoot Suits and Second-hand Dress (1989)
- Feminism and Youth Culture (1991)
- Postmodernism and Popular Culture (1994)
- British Fashion Design: Rag Trade or Image Industry? (1998)
- In the Culture Society: Art, Fashion and Popular Music (1999)
- The Uses of Cultural Studies: A Textbook (2005)
- The Aftermath of Feminism: Gender, Culture and Social Change (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Introducing Cultural Studies. The University of Georgia Press. 2000.