Angband (videoxogo)
| Angband | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Xénero
| |
|
Modo de xogo
| |
| Temática | |
|
Inspirado en
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
| |
|
País de orixe
| |
|
Sistema operativo
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de creación
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
Angband é un videoxogo clasificado dentro dos xénero roguelike de alxubes, derivado do similar videoxogo Moria. Baséase nas historias de J. R. R. Tolkien, nas que Angband é a fortaleza de Morgoth. A última versión está dispoñible para os principais sistemas operativos, incluíndo UNIX, Windows, Mac OS X e Android. Foi desenvolvido por varias persoas de forma comunitaria e aberta, sendo publicado coma freeware baixo a licenza libre GPLv2.
Sistema de xogo
[editar | editar a fonte]A finalidade do xogo é explorar uns cen niveis dun alxube, nos que o xogador debe ir mellorando o seu equipo e gañando experiencia mentres loita con varios inimigos inspirados na mitoloxía de Tolkien principalmente, loitando finalmente con Morgoth no último nivel. O xogo parte dun nivel exterior, a cidade, onde o xogador pode comprar e vender armas, armaduras, pocións etc. Cada nivel do alxube xérase aleatoriamente, facendo a cada nivel único en canto a disposición e contidos. O combate ten lugar en base a quendas, e o xogador dispón dun inventario limitado para os obxectos que vai atopando ao longo dos niveis.
Gráficos
[editar | editar a fonte]
Os gráficos nativos do xogo están feitos con código ASCII de 128 caracteres, pero permite empregar varios paquetes de gráficos simples que melloran a visualización do xogo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en inglés)
- Foro oficial en oook.cz (en inglés)
