Angèle Rawiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAngèle Rawiri
Biografía
Nacemento(fr) Angèle Christiane Ntyugwetondo Rawiri Editar o valor em Wikidata
29 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata
Port-Gentil, Gabón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 2010 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Puteaux, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGabón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGeorges Rawiri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata


Angèle Ntyugwetondo Rawiri, nada en Port-Gentil o 29 de abril de 1954 e finada en París o 15 de novembro de 2010, foi unha escritora gabonesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla do político e poeta galoa Georges Rawiri e dunha mestra que morreu cando tiña seis anos. Angèle foi á escola en Alès (Languedoc-Rosellón), estudou secundaria en Vanves (París) e fixo tradución do inglés no Instituto Lentonnet. Despois foi vivir dous anos a Londres, onde traballou como actriz en filmes de James Bond e como modelo en revistas de moda.

En 1979 regresou ao Gabón, onde traballou como tradutora e intérprete. En 1980 publicou a súa primeira novela,

Elonga, que denuncia o poder da bruxaría e as ciencias ocultas no Gabón. En 1983 publicou G'amèrakano au carrefour, a historia da loita entre os desexos materialistas dunha rapaza nova, e os valores tradicionais das xeracións maiores. En 1986 publicou Toula, a historia dunha rapaza que vive nun barrio excéntrico e sinistro de delincuencia e desemprego. Fureurs et cris de femmes, de 1989, é a primeira novela do Gabón onde se fala da homosexualidade feminina.

Publicou as súas primeiras obras co nome de Ntyugwetondo Rawiri.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Elonga: roman (1980)
  • Gʾamèrakano: au carrefour: roman (1983)
  • Toula (1986)
  • Fureurs et cris de femme (1989)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gardinier, D. E. (1994): Historical Dictionary of Gabon. 2ª ed. The Scarecrow Press, p. 287.
  • Békalé, É. J. (2013): 50 figures de la littérature gabonaise de 1960 à 2010. Dagan Gnammankou Editions.
  • Mba, B. M. (2006): La représentation littéraire de la violence dans les romans d'Angèle Ntyugwetondo Rawiri: «Elonga», «G'amerakano au carrefour», «Fureurs et cris de femmes». Tese de doutoramento. Universidade de París-Norte, 373 p.
  • Mbazoo, C. M. (2010): «Angèle Ntyugwetondo Rawiri», en Christiane Chaulet Achour, coa colaboración de Corinne Blanchaud, (dir.): Dictionnaire des écrivains francophones classiques: Afrique subsaharienne, Caraïbe, Maghreb, Machrek, Océan Indien. Éd. H. Champion, p.|382-384.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]