Anduriña dos penedos
Andoriña dos penedos | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Ptyonoprogne rupestris (Scopoli, 1769) | |||||||||||||||
Verde residente todo o ano e laranxa visitante durante o verán.
|
A anduriña dos penedos[2] (Ptyonoprogne rupestris), é unha ave da familia das andoriñas, que aniña en casas, paredes rochosas, pontes etc. É unha especie de ampla distribución por Europa, África e Asia. Na Península Ibérica aparece estacionalmente no norte e hai poboacións residentes ou migradoras de curta distancia no sur.
Descrición
[editar | editar a fonte]Mide 15 cm de pico a cola.
En España atópase principalmente de marzo a novembro, aínda que existen individuos que fican en España durante todo o ano. Ten o corpo avultado, pescozo ancho e ás anchas terminadas en punta. A plumaxe da gorxa está lixeiramente riscada e é bastante escura. As plumas da cola (rectrices) teñen pintas brancas, e esta non é tan aforcada como no resto dos andoriñas. A plumaxe xeral é parda, aínda que a zona inferior é menos escura. Voo moi áxil preto das rochas ou zona de percha.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Species factsheet Hirundo rupestris". BirdLife International. Consultado o 2 de xaneiro de 2012
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anduriña dos penedos |