Anduriña das pontes
| Anduriña das pontes | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
A anduriña das pontes[1] (Cecropis rufula) é unha ave paseriforme da familia dos hirundínidos. Anteriormente foi considerada unha subespecie da anduriña dáurica (Cecropis daurica).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Foi descrito formalmente en 1835 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck baixo a nomenclatura binomial Hirundo rufula.[2][3] O epíteto específico latino rufulus significa "avermellado".[4] A anduriña das pontes era anteriormente tratado como subespecie da anduriña dáurica (Cecropis daurica). A ruptura baseouse en diferenzas en morfoloxía e diverxencia xenética. A anduriña das pontes é monotípica: non recoñece subespecies.[5]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]
Cría no sur de Europa e en pequenas áreas de África.[6] Durante o inverno migra a África e ao suroeste de Asia.[7] En Galicia é estival de marzo a setembro. É escasa pero en expansión, máis abundante na metade sur.
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Estas anduriñas pódense atopar sobre prados onde eles cazan insectos.[8][9] Ás veces poden aproveitar a presenza do gando. Son similares en costumes e aparencia ao resto de aves insectívoras, como as demais anduriñas e apódidos. A súa parte superior é azul e a inferior é escura. Semellan anduriñas comúns, mais son máis escuras por baixo.
Non adoitan formar grandes bandadas, mais é sociábel fóra da estación de criar.[10] Moitos centos poden ser vistos á vez nas chairas da India.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Segundo a Unión Internacional para Conservación de Natureza (IUCN) , a anduriña das pontes ten unha gama enorme e unha poboación de millóns de individuos. Considérase unha especie pouco preocupante.[11]
Esténdese polo norte Europa, colonizou Francia e Romanía en décadas recentes.[7] Estímase a poboación europea entre 100.000 e 430.000 parellas criadeiras e entre 300.000 a 1.290.000 individuos.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-09.
- ↑ Temminck, Coenraad Jacob (1835). Manuel d'ornithologie, ou, Tableau systématique des oiseaux qui se trouvent en Europe (en French) 3 (2nd ed.). París: H. Cousin. p. 298.
- ↑ Mayr, Ernst; Greenway, James C. Jr, eds. (1960). Check-List of Birds of the World 9. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 116.
- ↑ Jobling, James A. "rufula". The Key to Scientific Names. Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 5 de outubro de 2024.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (agosto de 2024). "Swallows". IOC World Bird List Version 14.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 5 de outubro de 2024.
- ↑ "Golondrina dáurica". SEO/BirdLife (en castelán). Consultado o 2024-12-09.
- 1 2 Turner (1989) pp. 201–204
- ↑ Ali, S.; Ripley, S. D. (1986). Handbook of the birds of India and Pakistan 5 (2nd ed.). Oxford University Press. pp. 66–72.
- ↑ Phillips, W. W. A. (xaneiro de 1953). "A grass-fire association of the Ceylon Swallow Hirundo daurica hyperythra". Ibis 95 (1): 142. doi:10.1111/j.1474-919x.1953.tb00674.x.
- ↑ Winkler, David W.; Sheldon, Frederick H. (xuño de 1993). "Evolution of nest construction in swallows (Hirundinidae): a molecular phylogenetic perspective". Proceedings of the National Academy of Sciences USA 90 (12): 5705–5707. Bibcode:1993PNAS...90.5705W. PMC 46790. PMID 8516319. doi:10.1073/pnas.90.12.5705.
- 1 2 "Red-rumped Swallow Hirundo daurica BirdLife species factsheet". BirdLife International. Consultado o 3 de xaneiro de 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Turner, Angela; Rose, Chris (1989). A Handbook to the Swallows and Martins of the World. Christopher Helm. ISBN 0-7470-3202-5.
- Baker, E. C. Stuart (marzo de 1926). The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma. III (Birds) (2nd ed.). Londres: Taylor and Francis. pp. 248–253.