Saltar ao contido

Anduriña dáurica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anduriña dáurica
 Nome taxon
    Cecropis daurica
 Nome curto
    C. daurica (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Hirundo daurica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaHirundinidae
XéneroCecropis
EspecieCecropis daurica Editar o valor en Wikidata
(Laxm., 1769) Cecropis daurica Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   0,286 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   3,7 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   14 d Editar o valor en Wikidata
Localización
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01_35c Editar o valor en Wikidata
ITIS916675 Editar o valor en Wikidata
OTT641125 Editar o valor en Wikidata
UICN103812643 Editar o valor en Wikidata
CoL5XGTW Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A anduriña dáurica[1] (Hirundo daurica, para outros autores Cecropis daurica) é un pequeno paxaro da familia das anduriñas. Habita nos países de clima temperado do sur de Europa e Asia, desde a Península Ibérica no oeste ata Xapón no leste, chegando á África tropical polo sur. Os exemplares indios e africanos son residentes, pero as anduriñas europeas e doutras partes de Asia son migratorios, invernando en África e na India.

Características

[editar | editar a fonte]
Cecropis daurica.

As anduriñas dáuricas son similares en costumes e aparencia a outras especies da orde dos Apodiformes. As partes superiores da cabeza, dorso e ás son dunha cor azul moi escura. O peito e ventre, castaño arrubiado con pequenas e numerosas pencas escuras. As ás son anchas e afiadas. Son rápidas voadoras e aliméntanse de insectos.

Parécese ás anduriñas comúns, pero son máis escuras e a mancha vermella na gorxa é máis clara e esténdese pola caluga, presentando tamén outra zona rubia no nacemento do rabo. Ademais, as gallas do rabo son claramente máis anchas.

As anduriñas dáuricas constrúen niños con forma de media esfera con lama que recollen cos seus peteiros, e chocan entre 3-6 ovos en cada posta, de maio a xuño. Normalmente aniñan entre os penedos altos, pero adáptanse con facilidade ás construcións humanas (pontes ou edificios). O niño lembra ó da anduriña de cu branco na forma e material, pero conta cunha entrada tubular da que carece o niño desta última.

Normalmente esta especie non forma grandes colonias de cría, pero son bastante gregarias fóra da estación de apareamento. As bandadas máis numerosas pódense observar nas extensas chairas da India.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Anteriormente a anduriña das pontes (Cecropis rufula) era considerada unha subespecie da anduriña dáurica (Cecropis daurica), pero, tras resultados de ADN, foron consideradas especies distintas.[1] Por iso, a única especie presente en Galicia e no sur de Europa é a anduriña das pontes.[1]

  1. 1 2 3 González, Manuel González; Gómez, Silverio Cerradelo; Patiño, Xosé M. Penas; Cousido, Cosme D. Romay. "Nomes galegos das aves de Galicia e de España". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-09.