Andrés Martínez Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Martínez Salazar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1846 Editar o valor em Wikidata
Astorga, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1923 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Presidente Real Academia Galega
12 de maio de 1923 – 6 de outubro de 1923
← Manuel MurguíaFrancisco Ponte Blanco → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Superior de Diplomática Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , editor literario , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxePetra Morás
Fillosdezanove:[1] Juan, Andrés, Manuel, Eduardo, Fernando, Pilar, Carmen, Carlos, Marcelino, Elena e Isabel.

Dialnet: 2110321

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e finado na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos de Bacharelato en León en 1857, e en 1862 obtivo o título de Bacharel en Artes. En 1863 continuou os seus estudos na Escola Superior de Diplomática na Universidade Central e en 1866 acadou o título de Arquiveiro-Bibliotecario. En 1872 pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña.[2]

Nesta cidade entrou en contacto co mundo cultural galego, publicando varios traballos sobre temas históricos e filolóxicos. O seu labor editorial foi fundamental para o desenvolvemento da literatura galega do Rexurdimento. Ademais de textos propios da tradición literaria como a Crónica Troiana, a versión galega das Partidas de Afonso X o Sabio ou as Proezas de Galicia de Xosé Fernández de Neira, tamén pasaron pola súa imprenta Los Precursores de Manuel Murguía, El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez ou Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, dentro da colección Biblioteca Gallega que el mesmo fundou.

Por outra parte, colaborou en Galicia Histórica, foi director da revista Galicia e, á morte de Manuel Murguía, foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Así mesmo, en 1889 foi nomeado polo concello da Coruña primeiro cronista oficial da cidade.

Escritor ocasional en lingua galega, a día de hoxe só se conservan catro versos e mais unhas liñas en prosa escritas nesta lingua.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Imaxe de Martínez Salazar no Almanaque Gallego para 1898.

Casou con Petra Morás, coa que tivo dezanove fillos,[1] entre eles Juan, Andrés, Manuel, Eduardo, Fernando, Pilar, Carmen, Carlos, Marcelino, Elena e Isabel.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Beneficencia en Betanzos en los siglos XVI, XVII y XVIII: memoria de los establecimientos y fundaciones benéficas existentes en aquella antigua ciudad en los expresados siglos (A Coruña: Imp. de José Míguez Peinó, 1888)
  • El Cerco de La Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita: apuntes y documentos (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1889)
  • Homenaje a La Coruña: memoria sobre erigir un monumento en esta capital a la heroína Mayor Fernández da Camara Pita (A Coruña: 1891)
  • Los nombres de La Coruña (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1899)
  • Antigüallas de Galicia: apuntes acerca del origen e historia del artículo definido gallego-portugués (A Coruña: RAG, Imprenta Ferrer, 1907)[3]
  • Fragmento de un nuevo códice gallego de Las Partidas (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1910)
  • Documentos Gallegos de los Siglos XIII al XVI (A Coruña: Imprenta da Casa de Misericordia, 1911)
  • El Modio de Puente Punide (A Coruña: Imprenta Ferrer, 1913)
  • Documentos gallegos del archivo municipal de La Coruña (A Coruña: Litografía e imprenta Roel, 1915)
  • De la Guerra de Independencia en Galicia (Centro Galego de Buenos Aires. Ediciones Galicia, 1953)

Edicións[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Manuel Murguía
 
Presidente da RAG
 
1923
Sucesor:
Francisco Ponte Blanco
Predecesor:
Cargo novo
 
Cronista Oficial da Coruña
 
1889 - 1923
Sucesor:
Uxío Carré Aldao