Andriian Grigorevich Nikolaev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andriian Grigorevich Nikolaev
Andrian Nikolaev atwedding.jpg
Datos persoais
Nacemento 5 de setembro de 1929
Lugar sen etiquetar
Falecemento 3 de xullo de 2004
Lugar Cheboksary
Causa Infarto agudo de miocardio
Soterrado sen etiquetar
Nacionalidade Unión Soviética e Rusia
Cónxuxe Valentina Tereshkova
Actividade
Campo Piloto, Astronauta e escritor
Premios Orde de Lenin, Herói da União Soviética, Herói da União Soviética, Pilot-Cosmonaut of the USSR, Hero of Socialist Labour, Hero of the Mongolian People's Republic (en), Honored Master of Sports of the USSR, sen etiquetar, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Estrela Vermella, Medal "For Strengthening of Brotherhood in Arms", Order of Georgi Dimitrov, Order of Sukhbaatar, sen etiquetar, Order of the Flag of the Republic of Hungary, Order of Gorkha Dakshina Bahu, Star of the Republic of Indonesia, Order of the Nile, sen etiquetar, sen etiquetar, Estrela Dourada, Estrela Dourada, Order "For Service to the Homeland in the Armed Forces of the USSR", 3rd class, Medal "Veteran of the Armed Forces of the USSR", Premio Estatal da URSS e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Selo adicado a Nikoláyev.

Andrián Grigórievich Nikoláyev (en ruso: Андриян Григорьевич Николаев), nado en Sorseli, Chuvashia o 5 de setembro de 1929 e finado en Cheboksary o 3 de xullo de 2004, foi un astronauta da Unión Soviética.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viaxou ao espazo en agosto de 1962 na misión Vostok 3 (co que se converteu no terceiro cosmonauta soviético) e o 1 de xuño de 1970 na misión Soyuz 9, acumulando en total 21 días, 15 horas e 20 minutos no espazo.

Foi coñecido coma o Home de Ferro nos medios aeronáuticos soviéticos por permanecer catro días illado e en silencio e o seu coñecemento do tempo que permaneceu na cámara de illamento, usada para avaliar as capacidades dos astronautas que tiñan que permanecer longos períodos no espazo en soidade.

Casou en novembro de 1963 con Valentina Tereshkova - a primeira muller que viaxou o espazo - coa que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982, ano no que Andrián deixou o corpo de cosmonautas soviéticos.

Andrián Nikoláyev recibiu as principais condecoracións da Unión Soviética, entre elas a Orde de Lenin, a Orden da Estrela Vermella e o título oficial de Heroe da Unión Soviética.

O 3 de xuño de 2004 faleceu dun ataque cardíaco en Cheboksary (Rusia) e foi soterrado na súa cidade natal a pesar das presións da súa filla para que fora soterrado na Cidade das Estrelas. En homenaxe, déuselle o nome de Nikoláyev a un cráter lunar.