Andrew W. Mellon
![]() Retrato de Andrew Mellon na década de 1920.[1] | |||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | Andrew William Mellon 24 de marzo de 1855 Pittsburgh, Pensilvania, EEUU. | ||||||||||||||
Morte | 26 de agosto de 1937 (82 anos) Southampton, Nova York, Estados Unidos. | ||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio da igrexa episcopal da Trindade. | ||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||
![]() Secretario do Tesouro dos EEUU | |||||||||||||||
Período | 1921 – 1932 | ||||||||||||||
Antecesor | David F. Houston | ||||||||||||||
Sucesor | Ogden L. Mills | ||||||||||||||
![]() Embaixador dos EEUU no Reino Unido | |||||||||||||||
Período | 1832 – 1833 | ||||||||||||||
Antecesor | Charles G. Dawes | ||||||||||||||
Sucesor | Robert Worth Bingham | ||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | ![]() | ||||||||||||||
Ideoloxía política | Conservador. | ||||||||||||||
Relixión | Igrexa Episcopal dos EEUU. | ||||||||||||||
Educación | Universidade de Pittsburgh (sen titulación). | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Campo de traballo | Banca, política. | ||||||||||||||
Ocupación | Banqueiro, diplomático, político, coleccinista de arte | ||||||||||||||
Empregador | Departamento do Tesouro dos EEUU. | ||||||||||||||
Partido político | Partido Republicano (EEUU) | ||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||
Cónxuxe | Nora McMullen (1900). ![]() | ||||||||||||||
Fillos | Ailsa Mellon Bruce. Paul Mellon. ![]() | ||||||||||||||
Pais | Thomas Mellon. ![]() ![]() | ||||||||||||||
Irmáns | Richard B. Mellon. ![]() | ||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||
1931: Medalla de Ouro do Instituto Americano de Químicos.[2] | |||||||||||||||
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Enciclopedia Británica de 1922 ![]() | ||||||||||||||
![]() ![]() ![]() | |||||||||||||||
Lista
Lista
|
Andrew William Mellon, nado en Pittsburg, Pensilvania, o 24 de marzo de 1855 e finado en Southampton, Nova York, o 26 de agosto de 1937, foi un banqueiro, empresario, industrial, filántropo, coleccionista de arte e político estadounidense.[3]
Fillo do patriarca da familia Mellon, Thomas Mellon, estableceu un vasto imperio empresarial antes de se dedicar á política. Foi secretario do Tesouro dos Estados Unidos do 9 de marzo de 1921 ao 12 de febreiro de 1932, durante os anos de auxe da década de 1920 e o crack de Wall Street de 1929. Republicano e conservador, Mellon favoreceu políticas que reduciron os impostos e a débeda nacional dos Estados Unidos logo da primeira guerra mundial.
Andrew Mellon empezou a traballar no banco do seu pai en Pittsburgh, Pensilvania, chamado T. Mellon & Sons, a principios da década de 1870, e co tempo chegou a se converter na principal figura da institución. Máis tarde cambiou o nome do banco a Mellon National Bank e creou outra institución financeira, a Union Trust Company de Pittsburgh, en 1889. A finais de 1913, o Mellon National Bank tiña máis diñeiro en depósitos que calquera outro banco de Pittsburgh, e o segundo maior banco da rexión estaba controlado por Union Trust. Ao longo da súa carreira empresarial, Mellon foi propietario ou axudou a financiar grandes empresas como Alcoa, New York Shipbuilding Corporation, o whisky Old Overholt, a Standard Steel Car Company, Westinghouse Electric Corporation, Koppers, Pittsburgh Coal Company, Carborundum Company, Union Steel Company, McClintic-Marshall Construction Company, Gulf Oil e moitas outras. Tamén foi un influínte doador do Partido Republicano durante a "idade dourada" e a "era progresista".
En 1921, ao pouco de ser elixido presidente Warren G. Harding elixiu a Mellon como secretario do Tesouro. Mellon permanecería no cargo ata 1932, baixo as ordes de Harding, de Calvin Coolidge e de Herbert Hoover, os tres membros do Partido Republicano. No exercicio do seu cargo tratou de reformar a fiscalidade federal tras a primeira guerra mundial e defendeu que a redución dos tipos impositivos das rendas máis altas xeraría máis ingresos fiscais para o Goberno,[4] aínda que polo demais mantivo un imposto sobre a renda progresivo. Algunhas das propostas de Mellon foron aprobadas polas Leis de ingresos de 1921 e de 1924, pero non foi ata a aprobación da Lei de Ingresos de 1926 cando o «plan Mellon» se fixo realidade. Tamén logrou a redución da débeda nacional, que diminuíu substancialmente na década de 1920. A influencia de Mellon na política estadounidense acadou o seu cénit durante a presidencia de Coolidge.
A reputación nacional de Mellon viuse abaixo logo do crack de Wall Street de 1929 e o inicio da Gran Depresión. Participou en varios esforzos do Goberno de Hoover para reactivar a economía e manter a orde económica internacional, pero opúxose á intervención directa do Goberno na economía. Despois de que o Congreso estadounidense iniciase un procedemento de destitución contra Mellon, o presidente Hoover trasladouno ao posto de embaixador dos Estados Unidos no Reino Unido, e logo volveu á vida privada tras a derrota de Hoover nas eleccións presidenciais de 1932 a mans de Franklin D. Roosevelt. A partir de 1933, o Goberno federal iniciou unha investigación sobre fraude fiscal contra Mellon, que desembocou nun soado caso que terminou co pagamento de importantes sumas do patrimonio de Mellon para acabar co asunto.
Pouco antes da súa morte, en 1937, Mellon axudou a fundar a Galería Nacional de Arte. O seu labor filantrópico tamén desempeñou un papel importante na posterior creación da Universidade Carnegie Mellon e a National Portrait Gallery.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixe familiar e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Os avós paternos de Mellon, ambos escoceses do Ulster, emigraran aos Estados Unidos desde o condado irlandés de Tyrone en 1818,[5][6] e establecéranse co seu fillo, Thomas Mellon (1813-1908),[7] no condado de Westmoreland, Pensilvania.[8] Uns anos despois, Thomas Mellon estableceu unha exitosa empresa en Pittsburgh, e en 1843 casou con Sarah Jane Negley (1817-1909),[9] unha herdeira descendente dalgúns dos primeiros colonos de Pittsburgh.[10] Thomas converteuse nun próspero posuidor de terras e especulador inmobiliario, e el e a súa esposa tiveron oito fillos, o sexto dos cales foi Andrew Mellon, nado en 1855.[11][12]

Thomas Mellon converteuse nun membro destacado do Partido Republicano local e en 1859 gañou as eleccións para un posto no "tribunal de causas comúns" de Pensilvania.[13] Como Thomas desconfiaba tanto das escolas privadas como das públicas, construíu unha escola propia para os seus fillos e contratou un mestre; alí foi onde Andrew Mellon recibiu a súa primeira formación, a partir dos cinco anos.[14][14]
En 1869, logo de deixar o seu cargo xudicial, Thomas Mellon fundou T. Mellon & Sons, un banco situado en Pittsburgh. Andrew uniuse ao seu pai no banco e converteuse de camiño nun empregado apreciado, malia ser aínda un adolescente. Andrew Mellon tamén asistiu á Western University de Pensilvania —que máis tarde pasaría a chamarse Universidade de Pittsburgh—, aínda que nunca chegou a graduarse nela.[15] Tras deixar a universidade, traballou brevemente nunha compañía madeireira e de carbón, antes de se incorporar a T. Mellon & Sons como empregado a tempo completo en 1873. Ese mesmo ano, o Pánico de 1873 arrasou a economía local e nacional, e acabou cunha boa parte da fortuna dos Mellon.[16] Con Andrew asumindo un papel de liderado en T. Mellon & Sons, o banco recuperouse axiña, e a finais de 1874 os depósitos do banco xa acadaran o nivel que tiñan antes do inicio do Pánico.[17]
Carreira empresarial (1873-1920)
[editar | editar a fonte]Período 1873-1898
[editar | editar a fonte]O papel de Mellon en T. Mellon & Sons seguiu crecendo despois de 1873, e en 1876 outorgóuselle poder para dirixir as operacións do banco. Ese mesmo ano, Thomas presentou o seu fillo a Henry Clay Frick, un cliente do banco que se convertería nun dos amigos máis íntimos de Mellon. Finalmente, en 1882 Thomas traspasou a plena propiedade do banco ao seu fillo, aínda que seguiu participando nas súas actividades.[18] Cinco anos máis tarde, o irmán menor de Andrew, Richard B. Mellon (1858-1933),[19] uniuse tamén a T. Mellon & Sons como copropietario e vicepresidente.[20]
Durante a década de 1880, Mellon comezou a ampliar as actividades do banco. Xunto con Frick, Mellon fíxose co control do Pittsburgh National Bank of Commerce, un banco nacional autorizado a imprimir papel moeda. Mellon tamén adquiriu ou axudou a fundar outras compañías, como a Union Insurance Company, o City Deposit Bank, a Fidelity Title and Trust Company e a Union Trust Company. A finais da década de 1880 foi director da Pittsburgh Petroleum Exchange e cofundador de dúas empresas de gas natural que controlaban en conxunto máis de 140 quilómetros cadrados de produción de gas.[21] En 1890, Thomas Mellon transferiu todas as súas propiedades a Andrew, que deste xeito pasaría a xestionar as que estaban tanto ao seu nome como a nome dos seus pais e dos seus irmáns.[22] A finais de 1894, Thomas transferiu todos os seus activos restantes a Andrew.[23] Malia as grandes sumas confiadas a Andrew, os negocios que dirixía eran aínda bastante pequenos na década de 1890; de feito T. Mellon & Sons empregaba a sete persoas en 1895.[24]
En 1889, Mellon accedeu a prestar 25.000 dólares á Pittsburgh Redution Company, unha empresa incipiente que pretendía converterse no primeiro produtor industrial de aluminio. Mellon pasou a ser director da compañía en 1891, e el e o seu irmán Richard desempeñaron un papel importante no establecemento de fábricas de aluminio en New Kensington, Pensilvania e en Niagara Falls, Nova York.[25] A compañía converteríase nunha das empresas máis rendibles nas que investiron os Mellon, e en 1907 pasou a chamarse Alcoa.[26]
Ao entrar na industria do petróleo, a familia Mellon tamén estableceu a Crescent Oil Company, a Crescent Pipeline Company e a refinaría Bear Creek. En 1894, as empresas de integración vertical da familia Mellon producían o dez por cento do petróleo exportado polos Estados Unidos.[27] En parte por mor das difíciles condicións económicas causadas polo inicio do Pánico de 1893, en 1895 os Mellon venderon os seus intereses petrolíferos á Standard Oil. Case ao mesmo tempo que se desfacían dos seus negocios neste sector, Andrew e Richard investiron na Carborundum Company, produtora de carburo de silicio. Os irmáns fixéronse coa propiedade maioritaria da Carborundum Company en 1898 e substituíron o fundador e presidente da empresa, Edward Goodrich Acheson, por un protexido de Carnegie, Frank W. Haskell.[28] Mellon tamén investiu en empresas mineiras, converténdose en vicepresidente da Trade Dollar Consolidated Mining Company.[29]
Mellon e Henry Clay Frick mantiveron unha duradeira relación comercial e social, e Frick recibía con frecuencia a Mellon, así como o avogado Philander C. Knox, o inventor George Westinghouse e outras persoas para xogar ao póker. Frick e Mellon ingresaron no Duquesne Club e, despois de que Frick fundase o South Fork Fishing and Hunting Club, Mellon pasou a ser un dos primeiros membros dese club.[30] O South Fork Fishing and Hunting Club construíu o encoro South Fork Dam, que sostiña un lago artificial que o club utilizaba para navegar e pescar. En 1889, o encoro rompeu e provocou a inundación de Johnstown, o que ocasionou a morte de 2.000 persoas e a destrución de 1.600 fogares. Logo da inundación, Knox liderou unha defensa legal na que argumentou con éxito que o club non tiña ningunha responsabilidade legal pola inundación. Mellon non fixo comentario público ningún acerca deste suceso, aínda que doou 1.000 dólares a un fondo de axuda.[31]
Período 1898-1920
[editar | editar a fonte]A finais da década de 1890, Mellon posuía xa unha fortuna considerable, mais non aínda á altura da de referentes empresariais do seu tempo como John D. Rockefeller.[32] Neses anos, a Union Trust Company converteuse por primeira vez nunha das participacións máis importantes e rendibles de Mellon, despois de que este ampliase as actividades da empresa para incluír a banca comercial. Coa achega de capital de Union Trust, Mellon financiou a capitalización de National Glass e outras empresas. Tamén se converteu en copropietario da McClintic-Marshall Constrution Company e fundou a Crucible Steel Company, a Pittsburgh Coal Company e a Monongahela River Coal Company; as dúas empresas carboeiras acadaron en conxunto o 11% da produción de carbón dos Estados Unidos. Con Frick, Richard Mellon e William Donner, Mellon cofundou a Union Steel Company, especializada na produción de cravos e arame de espiño. Aínda que Frick se inimizara co magnate do aceiro e socio comercial durante moitos anos, Andrew Carnegie, Mellon recibiu o consentimento de Carnegie para se aventurar na industria siderúrxica. En resposta á crecente énfase no poder naval tras a guerra hispano-estadounidense, Mellon e Frick tamén se convirteron en importantes accionistas da New York Shipbuilding Corporation.[33]

En 1902, Mellon reorganizou T. Mellon & Sons, que pasou a se denominar Mellon National Bank, un banco nacional autorizado polo Goberno federal. Andrew Mellon, Richard Mellon e Frick elaboraron un novo acordo empresarial polo que os tres controlaban conxuntamente a Union Trust Company, que pola súa vez controlaba o Mellon National Bank. Tamén crearon o Union Savings Bank, que aceptaba depósitos por correo, e os bancos Mellon floreceron nos primeiros anos do século XX.[34]
Ao mesmo tempo que o imperio financeiro de Mellon prosperaba, os seus investimentos noutras áreas, como a rede de tranvías de Pittsburgh, a Union Steel Company —que foi comprada por U. S. Steel— e a Carborundum Company, tamén acadaban importantes beneficios.[35] Outro investimento de éxito de Mellon, a Standard Steel Car Company, constituíuse en sociedade con tres antigos executivos de U.S. Steel.[36] No marco do auxe do petróleo en Texas, os Mellon tamén axudaron a J. M. Guffey a fundar a Guffey Corporation.[37] Máis tarde, os Mellon destituíron a Guffey como director da súa empresa e, en 1907, reorganizaron a Guffey Company como Gulf Oil e nomearon a William Larimer Mellon (1868-1949)[38] —fillo do irmán máis vello de Andrew, James Ross Mellon (1846-1934)—[39] director de Gulf Oil.[40] O éxito do imperio financeiro de Mellon os seus variados investimentos convertérono, segundo o seu biógrafo David Cannadine, no «individuo máis significativo na vida económica e do progreso do Oeste de Pensilvania» na primeira década do século XX.[41]
O Pánico de 1907 arrasou varias empresas con sede en Pittsburgh, pondo fin a un período de forte crecemento.[42] Algúns dos investimentos de Mellon experimentaron un período de caída sostida despois de 1907, pero a maioría acadaron unha rápida recuperación. Mellon tamén se fixo investidor da Westinghouse Electric Corporation de George Westinghouse despois de axudar a evitar que a empresa entrase en creba.[43] A finais de 1913, o Mellon National Bank tiña máis diñeiro en depósitos que calquera outro banco de Pittsburgh, e o Farmer's Deposit National Bank, que tiña a segunda maior cantidade de depósitos, estaba controlado pola Union Trust Company de Mellon.[44] En 1914, Mellon pasou a ser copropietario de Koppers, que producía un forno de coque máis sofisticado que o que antes puxera en marcha Frick.[45] Tamén foi director doutras empresas, como a Pennsylvania Railroad, de ferrocarrís, e a American Locomotive Company.[46]
Mellon estivo moi implicado no financiamento da primeira guerra mundial, xa que a Union Trust Company e outras compañías súas proporcionaron millóns de dólares en préstamos ao Reino Unido e a Francia, e o propio Mellon investiu nos bonos de guerra estadounidenses coñecidos como bonos Liberty.[47]
A destilaría de whisky Old Overholt
[editar | editar a fonte]En 1887, Frick, Andrew e Richard Mellon adquiriron conxuntamente Old Overholt, unha destilaría de whisky situada en West Overton, Pensilvania.[48][49] Naquela época, Old Overholt era un dos maiores e máis respectados produtores de whisky do país. En 1907, cando a prohibición se estendeu por todo o país, Frick e Mellon retiraron os seus nomes da licenza de destilación, pero conservaron a propiedade da empresa. Crese que as conexións de Mellon no Departamento do Tesouro permitiron á empresa obter un permiso medicinal durante a Lei Seca, que permitía a Overholt vender as existencias de whisky a farmacéuticos para uso medicinal. Cando Frick morreu en decembro de 1919, deixoulle a súa parte a Mellon. En 1925, baixo a presión dos prohibicionistas, Mellon vendeu a súa parte da empresa a un comerciante de Nova York.[50]
Primeiros achegamentos á política
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que o seu pai, Mellon apoiou sistematicamente o Partido Republicano e realizou frecuentes doazóns aos líderes estatais e locais dese partido. A través do xefe estatal do partido, Matthew Quay, Mellon influíu nos lexisladores para que impuxesen elevadas taxas alfandegueiras aos produtos de aluminio na Lei arancelaria de 1890, do Goberno de McKinley.[51] A principios do século XX, Mellon sentiuse consternado polo auxe do progresismo e das medidas antimonopolio emprendidas polos gobernos de Theodore Roosevelt, William Howard Taft e Woodrow Wilson. Opúxose especialmente ás investigacións do Goberno de Taft sobre Alcoa, que en 1912 asinou un decreto de consentimento no canto de ir a xuízo.[52]
Despois da primeira guerra mundial, Mellon proporcionou apoio financeiro a Henry Cabot Lodge e a outros republicanos na súa exitosa campaña para evitar a ratificación do Tratado de Versalles. Mellon asistiu á Convención Nacional Republicana de 1920 como simpatizante nominal do gobernador de Pensilvania William Cameron Sproul —Mellon esperaba que o senador Philander Knox gañase o nomeamento—, pero a convención elixiu o senador Warren G. Harding, de Ohio, como candidato presidencial do partido. Mellon aprobaba firmemente a plataforma conservadora do partido e foi un dos principais recadadores de fondos para Harding durante a campaña presidencial.[53]
Carreira política (1921-1933)
[editar | editar a fonte]Goberno de Warren G. Harding
[editar | editar a fonte]
Logo da vitoria de Harding nas eleccións presidenciais de 1920, este barallou varios candidatos para se ocupar da Secretaría do Tesouro, entre eles Frank Lowden, John W. Weeks, Charles Dawes e, a instancias do senador Knox, Andrew Mellon.[55] En 1920, Mellon era pouco coñecido fóra dos círculos bancarios, mais o seu posible nomeamento para o Gabinete recibiu un forte apoio de banqueiros e líderes republicanos de Pensilvania, como Knox, o senador Boies Penrose e o gobernador Sproul. Mellon era pouco propicio a entrar na vida pública por mor da súa preocupación pola privacidade e a crenza de que a súa propiedade de varios negocios, entre eles a destilaría Old Overholt, sería un lastre político.[56] Mais Mellon tamén quería retirarse da participación activa nos negocios, e vía un posto no Gabinete como un prestixioso colofón á súa carreira.[57]
Mellon aceptou ser nomeado secretario do Tesouro en febreiro de 1921, e o seu nomeamento foi confirmado axiña polo Senado dos Estados Unidos. Aínda que os partidarios de Mellon crían que estaba altamente cualificado para abordar os problemas económicos aos que se enfrontaba o país, os críticos do Goberno de Harding viron o nomeamento de Mellon como un sinal de que Harding «resituaría o poder dos intereses especiais privilexiados, os poderes da avaricia e a cobiza, os poderes que procuran o engrandecemento propio a expensas da poboación en xeral».[58] Harding emparellou o nomeamento de Mellon co do secretario de Comercio, Herbert Hoover, de quen desconfiaban moitos dos mesmos republicanos do Senado que favorecían a candidatura de Mellon.[59] Antes de entrar a formar parte do Gabinete, Mellon vendeulle as súas accións bancarias ao seu irmán, Richard, pero seguiu mantendo as súas accións non bancarias.[60] A través de Richard e outros socios, Mellon seguiu participando nas principais decisións do imperio empresarial dos Mellon durante a súa etapa no servizo público, e en ocasións fixo presión aos congresistas en nome das súas empresas.[61] A súa fortuna seguiu a crecer, e nun momento da década de 1920 chegou a ocupar o terceiro posto dos que máis pagaban en impostos federais sobre a renda, despois de John Rockefeller e Henry Ford.[62]

Como secretario do Tesouro, Mellon centrouse en equilibrar o orzamento e en pagar as débedas xeradas pola primeira guerra mundial en medio da depresión de 1920-1921, e despreocupouse en gran medida dos asuntos internacionais e de cuestións económicas como a taxa de desemprego.[64] Para desgusto de Mellon, o seu departamento encargouse de facer cumprir a Lei Seca, aínda que el mesmo non cría na abstemia e consideraba que a lei era inaplicable.[65]
Á parte de equilibrar o orzamento, a principal prioridade de Mellon era revisar o código tributario federal.[66] O imposto sobre a renda convertérase nunha parte importante do sistema de ingresos do Goberno federal coa aprobación da Lei de ingresos de 1913, e os impostos federais sobre a renda aumentaran durante a primeira guerra mundial para financiar o esforzo bélico. Segundo M. Susan Murnane, as grandes reformas do imposto federal sobre a renda logo da primeira guerra mundial eran «inevitables», pero a natureza exacta do sistema fiscal na década de 1920 foi obxecto de debate entre conservadores e progresistas dentro do Partido Republicano. De xeito diferente aos progresistas do seu partido, Mellon rexeitaba a natureza redistributiva do sistema fiscal que deixara en vigor o Goberno de Wilson. Debido en parte ás elevadas débedas que deixara a guerra, Mellon non se uniu a algúns conservadores do partido, que estaban a favor da práctica abolición do imposto sobre a renda en favor de elevadas taxas alfandegueiras, impostos sobre o consumo, un imposto nacional sobre as vendas ou algunha combinación destes.[67]
No canto diso, Mellon avogou polo mantemento dun imposto progresivo sobre a renda que servise como fonte importante, aínda que non principal, de ingresos para o Goberno federal. A súa chamada «fiscalidade científica» estaba deseñada para maximizar os ingresos federais ao tempo que se minimizaba o impacto sobre o comercio e a industria.[67] O principio central do plan fiscal de Mellon era unha redución da sobretaxa, un imposto progresivo que só afectaba as rendas altas. Mellon argumentaba que tal redución minimizaría a evasión fiscal e non afectaría os ingresos federais porque conduciría a un maior crecemento económico.[68] Esperaba que a reforma fiscal animase as rendas altas a trasladar os seus aforros de bonos estatais e municipais exentos de impostos a accións industriais impoñibles de maior rendemento.[69] Aínda que gran parte do plan fiscal que propuña fora desenvolvido por Russell Cornell Leffingwell e Seymour Parker Gilbert, antigos altos funcionarios do Goberno de Wilson, a prensa referíase a el xeralmente como o «Plan Mellon».[67]
A Lei de ingresos de 1918 había establecera un tipo marxinal máximo do imposto sobre a renda do 73 % e un imposto de sociedades de aproximadamente o 10 %. Debido en parte á magnitude da débeda pública estadounidense, que pasara de 1.000 millóns de dólares antes da guerra a 24.000 millóns en 1921, as disposicións da Lei de ingresos de 1918 seguían vixentes cando Harding asumiu o cargo. En 1921, o Departamento do Tesouro e a Comisión de Medios e Arbitrios da Cámara de Representantes prepararon conxuntamente un proxecto de lei que fixaba o tipo marxinal máximo no nivel defendido por Mellon, pero a oposición no Senado de progresistas como o senador Robert M. A Follette limitou a magnitude dos recortes fiscais. En novembro de 1921, o Congreso aprobou e Harding asinou a Lei de ingresos de 1921, que aumentaba as exencións de impostos persoais e reducía o tipo impositivo marxinal máximo ao 58%.[70] Ao diferir das súas propostas orixinais, a Mellon non lle gustou a lei.[71] Tamén desaprobou firmemente unha «Lei de bonificación» aprobada polo Congreso, que proporcionaría unha compensación adicional aos veteranos da primeira guerra mundial, en parte porque temía que interferise cos seus plans de reducir a débeda e os impostos. Co apoio de Mellon, Harding vetou a lei e o Congreso non logrou anular o veto.[72]
Goberno de Calvin Coolidge
[editar | editar a fonte]
Cando a economía se recuperou da recesión e comezou a experimentar a prosperidade dos "tolos anos vinte", Mellon converteuse nunha das figuras máis coñecidas do Goberno de Harding. Un congresista que o admiraba referiuse a el como «o maior secretario do Tesouro desde Alexander Hamilton».[74] O presidente Harding finou como consecuencia dun derramo cerebral en agosto de 1923, e foi sucedido polo ata daquela vicepresidente Calvin Coolidge. Mellon mantiña relacións máis estreitas co presidente Coolidge ca con Harding, e Coolidge e Mellon compartían puntos de vista similares na maioría dos asuntos importantes, incluída a necesidade de novos recortes fiscais.[75] William Allen White, un xornalista daquela época, afirmou que «Andrew Mellon dominou tan completamente a Casa Branca nos días en que o Goberno de Coolidge estaba no seu apoxeo, que sería xusto chamarlle Goberno de Coolidge e Mellon».[76]
Coolidge, Mellon, organizacións empresariais e entidades favorables ao Goberno levaron a cabo unha campaña publicitaria destinada a convencer os congresistas indecisos da conveniencia de apoiaren o plan fiscal de Mellon.[77] Aos seus esforzos opúxose a coalición de demócratas e republicanos progresistas, que exercía o control efectivo do Congreso.[78] En febreiro de 1924, a Comisión de Medios e Arbitrios da Cámara de Representantes aprobou un proxecto de lei baseado no plan de Mellon, pero unha alianza de demócratas e republicanos progresistas logrou a aprobación dun proxecto de lei fiscal alternativo redactado polo demócrata John Nance Garner; o plan de Garner tamén reducía os impostos sobre a renda, mais fixaba o tipo impositivo marxinal máximo no 46 %, no canto do 33 % preferido por Mellon. En xuño de 1924, Coolidge asinou a Lei de ingresos de 1924, que contiña os tipos do imposto sobre a renda do proxecto de Garner e tamén aumentaba o imposto sobre o patrimonio. O Congreso tamén rexeitou a emenda constitucional proposta por Mellon que tería prohibido a emisión de valores exentos de impostos e, por riba do veto de Coolidge, autorizou unha prima para os veteranos da primeira guerra mundial. Así e todo, Mellon acadou unha vitoria lexislativa, xa que convenceu o Congreso de que crease a Xunta de Apelacións Fiscais para dirimir as disputas entre os contribuíntes e o Goberno.[79]
Mellon planeara orixinalmente retirarse logo dun mandato presidencial, mais decidiu ficar no Gabinete coa esperanza de presidir a plena promulgación das súas propostas fiscais.[80] Nas eleccións presidenciais de 1924, os republicanos fixeron campaña a favor de novos recortes fiscais, en tanto que tanto os demócratas como o candidato dun terceiro partido, Robert A Follette, denunciaron as propostas fiscais de Mellon como «un artificio para aliviar a multimillonarios á custa doutros contribuíntes».[81] Animado pola fortaleza da economía e superando os escándalos dos anos de Harding, Coolidge gañou a reelección por unha marxe decisiva.[82] Coolidge viu a súa vitoria como un mandato para levar a cabo as súas políticas económicas favoritas, que incluían novos recortes de impostos.[76]
Cando o Congreso volveu reunirse logo das eleccións de 1924, empezou a traballar inmediatamente noutro proxecto de lei destinado a reducir os tipos impositivos das rendas máis altas.[83] En febreiro de 1926, Coolidge asinou a Lei de ingresos de 1926, que reducía o tipo marxinal máximo ao 25 %. Mellon estaba moi satisfeito coa aprobación da lei, porque, de xeito diferente ás Leis de ingresos de 1921 e de 1924, a de 1926 reflectía fielmente as propostas de Mellon. Ademais de recortar os tipos impositivos das rendas máis altas, a lei tamén aumentou a exención persoal do imposto federal sobre a renda, suprimiu o imposto sobre doazóns, reduciu o tipo do imposto sobre sucesións e derrogou unha disposición que obrigaba a facer públicas as declaracións do imposto federal sobre a renda. Mentres tanto, o pulo da economía fomentou un superávit orzamentario de 400 millóns de dólares en 1926, e a débeda nacional do país reduciuse de 24.000 millóns de dólares a principios de 1921 a 19.600 millóns a finais do ano fiscal 1926.[84] Os ingresos do Goberno aumentaron considerablemente co plan de Mellon, en gran parte recadados das rendas máis altas.[85]
Cumprida a súa principal prioridade, a reforma fiscal, Mellon traspasou cada vez máis a xestión do Departamento do Tesouro ao seu adxunto, Ogden L. Mills.[86] Logo das eleccións de 1926, Mellon e Mills intentaron reducir o imposto de sociedades e derrogar totalmente o imposto de sucesións. A Lei de ingresos de 1928 recortou efectivamente o imposto de sociedades, pero o imposto de sucesións mantívose sen cambios.[87] Mellon tamén se centrou na construción de novos edificios federais, e os seus esforzos conduciron á construción de varios edificios no Triángulo Federal.[88] En 1928, Mellon declarou que «en ningunha outra nación e en ningún outro momento da historia do mundo, tanta xente gozou dun grao tan alto de prosperidade ou mantivo un nivel de vida comparable ao que prevalece hoxe en todo este país».[89]
A responsabilidade das relacións exteriores recaía no Departamento de Estado máis que no Departamento do Tesouro, e Benjamin Strong e outros banqueiros centrais tomaron a iniciativa no que respecta á política monetaria internacional; pero Mellon exerceu, non obstante, certa influencia nos asuntos exteriores.[90] Opúxose firmemente á cancelación das débedas europeas da primeira guerra mundial, mais recoñeceu que Gran Bretaña e outros países serían incapaces de pagar esas débedas sen unha renegociación dos seus termos. En 1923, Mellon e o ministro de Facenda británico, Stanley Baldwin, negociaron un acordo polo que Gran Bretaña se comprometía a pagar as débedas ao longo dun período de 62 anos.[91] Logo da adopción do Plan Dawes, Mellon chegou a acordos sobre a débeda con varios outros países europeos. Tras prolongadas negociacións, os Estados Unidos e Francia asinaron o Acordo Mellon-Berenger, polo que se reducía a débeda de Francia e se establecían condicións para o seu pagamento.[92]
Goberno de Herbert Hoover
[editar | editar a fonte]A elección en 1928
[editar | editar a fonte]Coolidge sorprendeu a moitos observadores ao anunciar que non se presentaría a outro mandato en agosto de 1927. A decisión deixou a Hoover como presumible favorito para as eleccións presidenciais de 1928, pero moitos conservadores do partido opuxéronse á súa candidatura. A resistencia conservadora a Hoover centrábase en Mellon, que controlaba a delegación de Pensilvania na Convención Nacional Republicana de 1928 e tiña influencia entre os republicanos de todo o país. Aínda que mantiveran unha relación amigable en público, Mellon desconfiaba de Hoover en privado; molestáballe que Hoover se involucrase nos asuntos doutros departamentos do Gabinete e temía que un presidente Hoover se arredase das políticas fiscais de Mellon. Varios republicanos instaron a Mellon a se presentar como candidato á presidencia, mais Mellon cría que era demasiado maior para aspirar a esta dignidade. Mellon intentou convencer a Coolidge ou a Charles Evans Hughes para que se presentasen, pero ningún dos dous fixo caso aos seus chamamentos.[93]
Nos meses previos á Convención Republicana de 1928, Mellon mantivo a súa neutralidade na carreira presidencial, mais ao non haber ningún candidato republicano alternativo convincente disposto a se presentar, finalmente decidiu apoiar a Hoover. Co apoio de Mellon, Hoover gañou o nomeamento republicano na primeira votación da convención e derrotou a Al Smith nas eleccións presidenciais de 1928.[94] Desafiando as expectativas xeneralizadas de que se retiraría, Mellon decidiu permanecer como secretario do Tesouro no novo Goberno.[95] Xunto co titular do Departamento de Agricultura, James Wilson, e o secretario de Traballo, James J. Davis, Mellon foi un dos tres únicos membros do Gabinete que ocuparon o mesmo cargo durante os períodos de tres presidentes consecutivos.[96]
A Gran Depresión
[editar | editar a fonte]
O secretario Mellon axudara a persuadir á Xunta da Reserva Federal para que baixase os tipos de xuro en 1921 e 1924; os máis baixos contribuíron a unha economía en auxe, mais tamén fomentaron a especulación bolsista.[98] En 1928, en resposta aos crecentes temores sobre os perigos da especulación e un mercado de valores en auxe, a Xunta da Reserva Federal comezou a subir os tipos de xuro.[99] Mellon favoreceu outra subida dos tipos en 1929, e en agosto de 1929 a Xunta da Reserva Federal subiu o tipo de desconto ao seis por cento. A suba de tipos non logrou frear a especulación, e a actividade bolsista seguiu crecendo.[100] En outubro de 1929, a Bolsa de Nova York sufriu a peor caída da súa historia no que se chamou o «martes negro». Como a gran maioría dos estadounidenses non posuían accións no mercado de valores, a caída non tivo inmediatamente efectos desastrosos no conxunto da economía estadounidense. Mellon sentía pouca simpatía polos especuladores que perderon o seu diñeiro, e opúñase filosoficamente a unha política económica intervencionista destinada a facer fronte á caída bolsista. Así e todo, Mellon empezou inmediatamente a reclamar recortes do tipo de desconto, que alcanzaría o dous por cento a mediados de 1930, e instou con éxito o Congreso a aprobar un proxecto de lei que prevía recortes fiscais temporais e xeneralizados. Mellon apoiou a idea da liquidación de activos para equilibrar os orzamentos, aínda que iso supuxese o pechamento de industrias enteiras.[101]
A mediados de 1930, moita xente, incluído Mellon, cría que a economía xa experimentara os peores efectos da caída da bolsa. Non se opuxo á Lei arancelaria Smoot-Hawley, que elevou os tipos arancelarios a un dos niveis máis altos da historia dos Estados Unidos.[102] Malia o optimismo de Hoover e Mellon, a finais de 1930 a economía entrou nunha profunda depresión, xa que o produto nacional bruto diminuíu drasticamente e numerosos traballadores perderon o seu emprego. Mentres unha boa cantidade de bancos crebaba, os demócratas gañaron o control do Congreso nas eleccións de metade de mandato de 1930. Á medida que a economía declinaba, tamén o facía a popularidade de Mellon, que se viu aínda máis danada pola súa oposición a outro proxecto de lei de primas para os veteranos.[103] A mediados de 1931, o país entrou nunha profunda depresión e, por petición de Hoover, Mellon negociou unha moratoria nos pagamentos da débeda alemá. Cando Mellon regresou aos Estados Unidos en agosto de 1931, achou outra serie de crebas bancarias. Entre os bancos que crebaron estaba o Bank of Pittsburgh, o único banco importante de Pittsburgh que non estaba controlado pola familia Mellon. Unha vez máis, seguindo o exemplo de Hoover, Mellon presidiu a creación da Asociación Nacional de Crédito, unha iniciativa voluntaria entre os grandes bancos destinada a axudar ás institucións en creba. Como a Asociación Nacional de Crédito resultou ineficaz para frear a ondada de crebas bancarias, o Congreso e o Goberno de Hoover crearon a Corporación Financeira de Reconstrución, para proporcionar préstamos federais aos bancos.[104]
Cunha taxa de desemprego próxima ao vinte por cento, Mellon converteuse nun dos «líderes máis odiados» dos Estados Unidos, só superado polo propio Hoover.[105] Ante esta catástrofe económica sen precedentes, Mellon instou a Hoover a que se abstivese de recorrer ao Goberno para intervir na depresión. Mellon cría que as recesións económicas, como as que se produciran en 1873 e en 1907, eran unha parte necesaria do ciclo económico porque depuraban a economía. Nas súas memorias, Hoover escribiu que Mellon lle aconsellou «liquidar a man de obra, liquidar as accións, liquidar os agricultores, liquidar os bens inmobles. Purgar a podremia do sistema. O alto custo da vida e o alto nivel de vida baixarán... a xente emprendedora ha recoller os restos da xente menos competente".[106][107]
Enfrontados a un gran déficit, Mellon e Mills pediron que se volvese aos tipos impositivos establecidos pola Lei de ingresos de 1924 e tamén procuraron novos impostos sobre os automóbiles, a gasolina e outros artigos. O Congreso respondeu aprobando a Lei de ingresos de 1932, que incluía moitas das propostas do Departamento do Tesouro.[108] A principios de 1932, o congresista Wright Patman, de Texas, iniciou un procedemento de destitución contra Mellon, alegando que este violara numerosas leis federais destinadas a evitar conflitos de intereses. Aínda que Mellon superara investigacións similares no pasado, a caída da súa popularidade impediulle contrarrestar eficazmente as acusacións de Patman. Hoover apartou a Mellon de Washington ofrecéndolle o posto de embaixador no Reino Unido. Mellon aceptou o posto, e Mills substituíu o seu antigo xefe como secretario do Tesouro.[109]
Mellon chegou a Gran Bretaña en abril de 1932 e recibiu un acollemento amigable por parte dun país que visitara adoito durante os trinta anos anteriores.[110] Desde o seu posto, observou o colapso da orde económica internacional, incluídos os acordos sobre a débeda que el axudara a negociar. Tamén convenceu os británicos para que permitisen a Gulf Oil operar en Kuwait, un protectorado británico na rexión rica en petróleo do Golfo Pérsico. Desafiando as expectativas de Mellon, Hoover foi derrotado por Franklin D. Roosevelt nas eleccións presidenciais de 1932.[111] Mellon deixou o cargo cando terminou o mandato de Hoover en marzo de 1933, e volveu á vida privada logo de doce anos ao servizo do Goberno.[112]
Política en Pensilvania (1921-1933)
[editar | editar a fonte]Knox e Penrose morreron en 1921, deixando un baleiro de poder na política republicana de Pensilvania. Xunto co seu sobriño, William Larimer Mellon, Mellon converteuse nun actor influente na política de Pensilvania, e o seu apoio contribuíu a asegurar as eleccións do senador David A. Reed e do senador George W. Pepper en 1922.[113] Mellon non puido exercer o mesmo nivel de control que Boies Penrose tivera sobre a política estatal, e o seu liderado do partido estatal foi desafiado por William Scott Vare, de Filadelfia, e polo líder progresista Gifford Pinchot, que gañou as eleccións a gobernador de Pensilvania en 1922.[114] Así e todo, Mellon seguiría a exercer unha importante influencia na política de Pensilvania ao longo da década de 1920, sinaladamente nas eleccións ao Senado e no condado de Allegheny.[115] A influencia de Mellon na política estatal diminuíu a principios da década de 1930, cando os aliados progresistas do gobernador Pinchot se fixeron co control do Partido Republicano do estado.[116]
Derradeira etapa
[editar | editar a fonte]
Numerosas institucións financeiras foron á creba nos meses previos á toma de posesión de Roosevelt, mais o Mellon National Bank, a Union Trust Company e outra operación bancaria de Mellon, a Mellbank Corporation, puideron evitar o pechamento.[118] Mellon opúxose firmemente ás políticas do New Deal de Roosevelt, especialmente á Lei bancaria de 1933, que exixía a separación entre a banca comercial e a de investimento.[119] Mellon cría que as políticas do New Deal, incluída a Seguridade Social e o seguro de desemprego, socavaban o sistema de libre mercado que producira unha das maiores economías do mundo. Á parte da reforma bancaria, outras políticas do New Deal, como a regulación dos servizos públicos e as minas de carbón, e as leis destinadas a promover os sindicatos, tamén afectaron o imperio empresarial de Mellon. Ademais, as Leis de ingresos de 1934 e de 1935 anularon moitas das políticas fiscais de Mellon e contiñan outras disposicións destinadas a aumentar os impostos sobre as rendas máis altas e as corporacións.[120]
Mesmo despois de deixar o cargo, Mellon seguiu a ser moi fortemente criticado por un amplo sector da poboación, e en 1933 Harvey O'Connor publicou unha biografía crítica que resultou moi popular, titulada Mellon's Millions ("Os millóns de Mellon").[121][122] Os demócratas gañaron o control efectivo do condado de Allegheny nas eleccións de 1933, e o ano seguinte o demócrata Joseph F. Guffey gañou as eleccións ao Senado de Pensilvania e George Howard Earle gañou as eleccións a gobernador do Estado.[123] Mellon sufriu numerosos ataques durante estas campañas, e a súa impopularidade en Pittsburgh levouno mesmo a pasar a maior parte dos seus derradeiros anos en Washington e non na súa cidade natal.[124]
Na década de 1930, o Goberno de Roosevelt levou a cabo varios xuízos por evasión fiscal contra persoas como Thomas W. Lamont e Jimmy Walker.[125] En resposta ás acusacións do congresista republicano Louis Thomas McFadden, de Pensilvania, a principios de 1933, o fiscal xeral Homer Cummings iniciou unha investigación sobre o historial fiscal de Mellon.[126] Entre febreiro de 1935 e maio de 1936, a Xunta de Apelacións Fiscais viu un caso amplamente cuberto no que o Goberno federal acusaba a Mellon de fraude fiscal. Durante o proceso, Mellon divulgou numerosos detalles da súa carreira empresarial que ata daquela eran descoñecidos para o público.[127]
Mellon foi diagnosticado de cancro en novembro de 1936.[128] A súa saúde empeorou en 1937 e morreu o 26 de agosto dese ano. O seu corpo foi soterrado no cemiterio da igrexa episcopal da Trindade en Upperville, condado de Fauquier, Virxinia.[11] Os xornais de todo o país fixéronse eco do seu falecemento. O secretario do Tesouro Henry Morgenthau declarou que Mellon vivira «unha época na historia económica da nación, e a súa morte leva consigo unha das figuras industriais e financeiras máis importantes do noso tempo».[129] Meses despois da morte de Mellon, a Xunta de Apelacións Fiscais emitiu un fallo que o exoneraba de todos os cargos de fraude fiscal.[130]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]
A principios da década de 1880, Mellon mantivo unha relación seria con Fannie Larimeiro Jones, pero rompeu a relación ao ser coñecedor de que ela padecía tuberculose. Despois desta experiencia, Mellon abstívose de se interesar polas mulleres durante varios anos.[132] En 1898, mentres viaxaba con Frick e a esposa deste a Europa, Mellon coñeceu a Nora McMullen (1878-1973),[133] unha inglesa de dezanove anos de ascendencia escocesa do Ulster, igual ca el. Mellon visitou a casa de McMullen en Hertford Castle en 1898 e en 1899 e, tras un período de noivado, a parella casou en 1900,[134] e en 1901 tivo unha primeira filla, Alisa (1901-1969).[135][136] A Nora non lle gustaba vivir en Pittsburgh e non era feliz no seu matrimonio;[137] a finais de 1903 chegou a iniciar un romance con Alfred George Curphey,[138] mais Mellon e Nora acabaron reconciliándose, e en 1907 tiveron o segundo fillo, Paul (1907-1999).[26][139] A reconciliación durou pouco, xa que Nora retomou a relación con Curphey en 1908 e solicitou o divorcio o ano seguinte.[140]
Para evitar un escándalo público, Andrew aceptou de mala gana a separación en 1909.[141] En 1911, Mellon, que quería que o proceso de divorcio fose privado ante un xuíz e non público ante un xurado, convenceu as autoridades xudiciais de Pensilvania para que modificase unha lei que exixía un xuízo con xurado nos procesos de divorcio.[142] En resposta, Nora atacou a Mellon na prensa e os medios de comunicación cubriron amplamente o proceso de divorcio. Nora chegou a impugnar o divorcio ata o punto de apelar ao rei Xurxo de Inglaterra e ao Parlamento.[143] En 1912, Mellon e Nora chegaron finalmente a un acordo de divorcio, en gran parte segundo os termos de Mellon.[144]
Mellon non volveu casar. Nora viviu varios anos en Pittsburgh antes de se establecer no val do Hudson, e os dous fillos viviron alternativamente con ambos os proxenitores.[145] En 1923, Nora casou con Harvey Arthur Lee, un anticuario de orixe británica 14 anos menor ca ela.[146][146] Dous anos despois do divorcio dos Lee, en 1928, Nora Lee retomou o apelido Mellon por petición do seu fillo Paul.[147]
Na década de 1920, mentres Mellon ocupaba o cargo de secretario do Tesouro, Ailsa fora cortexada por varios homes influentes, entre eles Otto Christian Archibald von Bismarck, Robert Horne e Gelasio Caetani. En 1926, no que foi cualificado como o «maior acontecemento de sociedade que a capital da nación presenciara» desde antes da primeira guerra mundial, Ailsa casou con David K. E. Bruce, fillo do senador demócrata William Cabell Bruce, de Maryland.[148]
Tras estudar na Universidade de Yale e na Universidade de Cambridge, o fillo de Mellon e Nora, Paul, traballou brevemente no Mellon National Bank.[149] Máis tarde estableceuse en Virxinia, onde se converteu nun coñecido filántropo.[150] Pola súa banda, o sobriño de Mellon, Richard King Mellon (1899-1970),[151] sucedeu a Andrew á fronte do imperio financeiro Mellon.[152]
Mellon iniciouse na masonaría do rito escocés,[153][154] ata alcanzar o 33º grao, o máis alto posible.[155]
Coleccionismo de arte e filantropía
[editar | editar a fonte]
Emulando o seu pai, Mellon evitou a filantropía durante gran parte da súa vida, pero a principios do século XX empezou a facer doazóns a organizacións locais como a YMCA. Mellon levou a cabo o seu primeiro acto filantrópico a gran escala en 1913, cando el e o seu irmán Richard crearon o Instituto Mellon de Investigación Industrial, a modo de departamento da Universidade de Pittsburgh.[156] En 1967, o instituto fusionouse co Instituto Carnegie de Tecnoloxía para formar a Universidade Carnegie Mellon. Mellon tamén foi presidente[157] e fideicomisario[158][158] da Universidade de Pittsburgh, e realizou varias doazóns importantes a esta institución, como os terreos sobre os que se construíron a Catedral da Aprendizaxe e a Capela Heinz.[159] En total, calcúlase que Mellon doou máis de 43 millóns de dólares á Universidade de Pittsburgh.[160]
Animado por Frick e guiado por Charles Carstairs, Mellon comezou a coleccionar arte a mediados da década de 1890.[161] Nas décadas seguintes, a súa colección de arte seguiu crecendo coa compra de pezas a Knoedler e Joseph Duveen, e durante a década de 1920 a chegou a ser considerada como unha das mellores de Washington.[162] A principios da década de 1930 adquiriu, segundo Cannadine, algo menos da metade dos «mellores cadros» que o Museo do Hermitage da Unión Soviética sacou a poxa pública.[163] Vinte e un cadros de gran relevancia foron doados máis tarde á Galería Nacional de Arte.

Mellon decidiu utilizar a súa fortuna e a súa colección de arte para crear en Washington un museo nacional inspirado na National Gallery de Londres.[164] En 1936, presentoulle ao presidente Roosevelt unha oferta para crear un museo nacional de arte ao que doaría a súa colección persoal e unha dotación, en tanto que o Goberno federal se faría cargo do mantemento da institución. Condicionou a oferta á creación dun consello de administración, a maioría de cuxos membros serían elixidos por Mellon. Malia o proceso fiscal aberto contra Mellon, o Goberno de Roosevelt aceptou a oferta e o Congreso aprobou a lei que autorizaba a construción da Galería Nacional de Arte nos termos de Mellon.[165] A Galería Nacional de Arte inaugurouse en 1941 e segue en funcionamento.[166] David E. Finley Jr., amigo e antigo empregado de Mellon, presidiría máis tarde a creación da Galería Nacional de Retratos, que tamén alberga varios cadros doados por Mellon.[167]
Legado
[editar | editar a fonte]Monumentos conmemorativos
[editar | editar a fonte]
A fonte monumental Andrew W. Mellon de Washington foi creada por Sidney Waugh e inaugurada en maio de 1952 por Harry S. Truman.[168] Washington D. C. tamén alberga o auditorio Andrew W. Mellon e o edificio Andrew Mellon. A Fundación Andrew W. Mellon, froito da fusión da Fundación Avalon e a Fundación Old Dominion (creadas por separado polos seus fillos), leva tamén o seu nome, de igual xeito que o buque da Garda Costeira estadounidense Mellon (WHEC-717).
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]A figura de Andrew W. Mellon aparece na serie dramática de HBO Boardwalk Empire, nos episodios quinto, oitavo e duodécimo da terceira tempada, na súa condición de secretario do Tesouro. O seu personaxe está interpretado por James Cromwell, antigo alumno de Carnegie Mellon.[169]
No relato ucrónico A Slip in Time, de S. M. Stirling,[170] que presenta unha historia na que se evitou a primeira guerra mundial e sobreviviu o Imperio Austrohúngaro, Andrew Mellon era o presidente dos Estados Unidos en 1926.
Mellon é obxecto de tres capítulos pouco favorecedores á súa figura no libro de Matt Stoller de 2019, Goliath: The 100 Year War Between Monopoly Power and Democracy, que relata os esforzos dos populistas de Washington —é dicir, o congresista Wright Patman, o avogado do Estado Roosevelt Robert H. Jackson, e Ferdinand Pecora, avogado da Comisión Bancario do Senado— por sacar á luz os delitos e o abuso de poder de Mellon en beneficio propio.[171][171]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mellon, Andrew, Secretary". Library of the Congress (LOC.gov).
- ↑ "Gold Medal Award Winners". American Institute of Chemists (Theaic.org).
- ↑ "Mellon, Andrew William". En Encyclopædia Britannica. 1922.
- ↑ Sowell, T. (2012). "Trickle Down Theory" and "Tax Cuts for the Rich". The Hoover Institution Press. ISBN 978-0-8179-1615-2. Páxinas 2-3: «Mellon sinalou que, baixo as altas taxas do imposto sobre a renda ao final do Goberno de Woodrow Wilson en 1921, vastas sumas de diñeiro puxéranse en refuxios fiscais como os bonos municipais exentos de impostos, no canto de se investir na economía privada, onde este diñeiro crearía máis produción, ingresos e empregos».
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 3-4.
- ↑ "Andrew Mellon". Britannica Money (Britannica.com).
- ↑ "Thomas Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 9.
- ↑ "Sarah Jane Negley Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 12, 17, 19.
- ↑ 11,0 11,1 "Andrew William Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 20-28.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 30-31.
- ↑ 14,0 14,1 "Andrew William Mellon (1855-1937)". National Park Service (NPS.gov).
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 44-48.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 53-56.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 61-64.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 64-67.
- ↑ "Richard Beatty Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 87-88.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 79-80, 96.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 90-91.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 94.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 96.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 97-98.
- ↑ 26,0 26,1 Cannadine, D. (2006). Páxina 184.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 99-102.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 117-120.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 121-122.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 81, 106-107.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 108.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 127-128.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 134-139.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 162-164.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 165-167.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 176-177.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 178-179.
- ↑ "William Larimer Mellon Sr.". Findagrave.com
- ↑ "James Ross Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 179, 183-184.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 180-181.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 216-217, 219.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 225-228.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 228-230.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 242-244.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 257.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 252-254.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 81-82.
- ↑ Wondrich, D. (2016). "The Rise & Fall of America's Oldest Whiskey". En The Daily Beast. 2 de setembro.
- ↑ Wondrich, D (2016). "How Pennsylvania Rye Whiskey Lost Its Way". En The Daily Beast. 12 de setembro.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 110-111.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 220-222.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 266-268.
- ↑ Time. Vol. I. Nº 16. 2 de xullo de 1923.
- ↑ Murray, L. L. (1973). Páxinas 513-514, 517.
- ↑ Murray, L. L. (1973). Páxinas 517-519.
- ↑ Murray, L. L. (1973). Páxinas 525-526.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 273-274.
- ↑ Murray, L. L. (1973). Páxinas 527-530.
- ↑ Murray, L. L. (1973). Páxina 526.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 296-298, 323.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 349.
- ↑ "Harding, Warren G. With Cabinet. Indoors". Library of Congress (LOC.gov).
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 279-280.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 291.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 286-287.
- ↑ 67,0 67,1 67,2 Murnane, M. S. (2004). Páxinas 820-822.
- ↑ Murnane, M. S. (2004). Páxinas 825-826, 837-838.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 287-288.
- ↑ Murnane, M. S. (2004). Páxinas 824-829.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 288.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 288-289.
- ↑ "Governor Calvin Coolidge of Massachusetts". Library of Congress (LOC.gov).
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 309-310.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 311-315.
- ↑ 76,0 76,1 Keller, R. R. (1982). Páxina 777.
- ↑ Murnane, M. S. (2004). Páxinas 833-836, 840-841.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 315.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 315-316.
- ↑ Murray, L. L. (1973). Páxinas 227-228.
- ↑ Murnane, M. S. (2004). Páxina 841.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 317.
- ↑ Murnane, M. S. (2004). Páxina 851.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 317-318.
- ↑ Sowell, T. (2012). "Trickle Down Theory" and "Tax Cuts for the Rich". The Hoover Institution Press. ISBN 978-0-8179-1615-2. Páxina 3: «En 1921, cando o tipo impositivo sobre as persoas que gañaban máis de 100.000 dólares ao año era do 73 %, o Goberno federal recadou algo máis de 700 millóns de dólares en impostos sobre a renda, dos cales o 30 % foie pagado por quen gañaba máis de 100.000 dólares. En 1929, logo de que unha serie de reducións dos tipos impositivos reducisen o tipo impositivo ao 24 % para os que gañaban máis de 100.000 dólares, o Goberno federal recadou máis de mil millóns de dólares en impostos sobre a renda, dos cales o 65 % procedía de quen gañaba máis de 100.000 dólares».
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 355.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 357-358.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 372-375.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 364.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 279.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 289-290.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 319-321.
- ↑ Rusnak, R. J. (1983). Páxinas 269-272.
- ↑ Rusnak, R. J. (1983). Páxinas 274-276.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 379-380.
- ↑ Farina, W. (2015). The Afterlife of Adam Smith: The Influence, Interpretation and Misinterpretation of His Economic Philosophy, 1760s-2010s. McFarland. Páxina 224. ISBN 978-1-4766-2360-3
- ↑ "Andrew W. Mellon and Ogden Mills". Library of the Congress (LOC.gov).
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 286-321.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 359.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 388-390.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 391-395.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 395-397.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 399-401.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 437-443.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 442-444.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 444-445.
- ↑ Davidson, A. (2008). "De-leveraging. Fairy Tale Endings". En Planet Money (NPR.org). 6 de outubro.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 448-449.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 450-452.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 455-456.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 459-461, 463-464.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 468.
- ↑ Murray, L. L. (1975). Páxinas 224-227.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 294-295.
- ↑ Murray, L. L. (1975). Páxinas 231-233.
- ↑ Murray, L. L. (1975). Páxina 240.
- ↑ "Andrew W. Mellon (1921 - 1932)". U. S. Department of the Treasuary (Home.Treasury.gov).
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 466-468.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 478-480.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 518-522.
- ↑ O'Connor, H. (1933).
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 485-486.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 487-489.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 490-491.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 514-515.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 507-509.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 525-528.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 558.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 573, 578-581.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 583-584.
- ↑ "Mrs. Nora McMullen Melon". Library of Congress (LOC.gov).
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 77-78.
- ↑ "Nora Mary McMullen Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 142-148, 151.
- ↑ "Alisa Mellon Bruce". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 155.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 152, 156.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 168-172, 191.
- ↑ "Paul Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 192, 196.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 197-198.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 205-206.
- ↑ "Mrs. Nora Mellon Takes a New Husband". En The Moffat County Bell. 30 de marzo de 1923.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 207-211.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 264, 304.
- ↑ 146,0 146,1 Time. 11 de xuño de 1928.
- ↑ "Names make news". En Time. 18 de agosto de 1930.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 330-332.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 446-447.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 610, 617.
- ↑ "Richard King Mellon". Findagrave.com
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 613-614.
- ↑ "Freemasonry. Business Leaders". Babaria Lodge Nº 935 (bavarialodge.org).
- ↑ "Famous Masons. Business Leaders". American Canadian Grand Lodge.
- ↑ "Businessmen and Developers".Scottish Rite Center.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 238-241.
- ↑ The Owl. 1937. University of Pittsburgh. 1937. Páxina 32.
- ↑ 158,0 158,1 Alberts, R. C. (1986). Pitt: The Story of the University of Pittsburgh 1787-1987. University of Pittsburgh Press. Páxina 47. ISBN 978-0-8229-1150-0
- ↑ Starrett, A. L. (1937). Through one hundred and fifty years: the University of Pittsburgh. University of Pittsburgh Press. Páxina 256.
- ↑ Alberts, R. C. (1986). Op. cit. Páxina 182.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 130-131.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 323-324.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 416-425.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 539.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxinas 559-566.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 589.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 594.
- ↑ Cannadine, D. (2006). Páxina 593.
- ↑ "Boardwalk Empire 3.8: Andrew Mellon". Paullevinson.blogspot.com
- ↑ "Title: A Slip in Time". Internet Fiction Spéculative. Base de Nonnées (isfdb.org).
- ↑ 171,0 171,1 Stoller, M. (2019). Goliath: The 100 Year War Between Monopoly Power and Democracy. Simon & Schuster. ISBN 978-1-5011-8289-1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrew W. Mellon ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Citada
[editar | editar a fonte]- Cannadine, D. (2006). Mellon: An American Life. A. A. Knopf. ISBN 978-0-679-45032-0
- Keller, R. R. (1982). "Supply-Side Economic Policies during the Coolidge-Mellon Era". En Journal of Economic Issues. 16 (3). Páxinas 773-790.
- Love, P. H. (2003) [1929]. Andrew W. Mellon: The Man and His Work. Kessinger Pub. ISBN 978-0-7661-6111-5
- Murnane, M. S. (2004). "Selling Scientific Taxation: The Treasury Departments Campaign for Tax Reform in the 1920s". En Law & Social Inquiry. 29 (4). Páxinas 819-856.
- Murray, L. L. (1973). "Andrew W. Mellon, the Reluctant Candidate". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. 97 (4). Páxinas 511-531.
- Murray, L. L. (1975). "The Mellons, Their Money, and the Mythical Machine: Organizational Politics in the Republican Twenties". En Pennsylvania History: A Journal of Mid-Atlantic Studies. 42 (3). Páxinas 220-241.
- O'Connor, H. (1933). Mellon's Millions, the Biography of a Fortune: The Life and Times of Andrew W. Mellon. John Day Company. ISBN 978-9110118935
- Rusnak, R. J. (1983). "Andrew W. Mellon: Reluctant Kingmaker". En Presidential Studies Quarterly. 13 (2). Páxinas 269-278.
Complementaria
[editar | editar a fonte]- Dietrich, W. S. (2007). "Andrew W. Mellon: Building a Banking Empire". En Pittsburgh Quarterly. 20 de agosto.
- Finley, D. E. (1975). A Standard of Excellence: Andrew W. Mellon Founds the National Gallery of Art. Smithsonian Institution Press. ISBN 978-0874741322
- Hersh, B. (1978). The Mellon Family: A Fortune in History. William Morrow & Co. ISBN 978-0688032975
- Koskoff, D. E. (1978). The Mellons: The Chronicle of America's Richest Family. Thomas Y. Crowell. ISBN 978-0690011906
- Mellon, T. (1995) [1885]. Thomas Mellon and His Times (2ª ed.). University of Pittsburgh Press. ISBN 978-0822937777
- Schmelzer, J. (1985). "Wright Patman and the Impeachment of Andrew Mellon". En East Texas Historical Journal. Marzo. 23 (1). Páxinas 33-46.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1855
- Finados en 1937
- Nados en Pittsburgh, Pensilvania
- Alumnos da Universidade de Pittsburgh
- Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América
- Secretarios do Tesouro dos Estados Unidos de América
- Embaixadores dos Estados Unidos de América
- Embaixadores no Reino Unido
- Filántropos dos Estados Unidos de América
- Personalidades da banca
- Coleccionistas de arte
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa
- Estadounidenses de ascendencia escocesa
- Finados por cancro