Andreu Fontàs
Andreu Fontàs | |||
---|---|---|---|
Fontàs en 2015 como xogador do Celta | |||
Información persoal | |||
Nome | Andreu Fontàs Prat | ||
Nacemento | 14 de novembro de 1989 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Banyoles | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Kansas city F.C | ||
Número | 3 | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–2006 | Banyoles | ||
2006–2007 | Girona | ||
2007–2008 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2011 | Barcelona B | 72 | (2) |
2009–2013 | Barcelona | 8 | (0) |
2012–2013 | → Mallorca (cedido) | 9 | (0) |
2013–2018 | Celta de Vigo | 42 | (3) |
2018- | Kansas City | (3) | |
Selección nacional | |||
2008 | España sub-19 | 2 | (0) |
2009 | España sub-20 | 9 | (0) |
2010–2011 | España sub-21 | 3 | (0) |
2010– | Cataluña | 2 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de outubro de 2014. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Andreu Fontàs Prat, nado en Banyoles (Xirona) o 14 de novembro de 1989, é un futbolista español. Xoga de defensa central e o seu actual equipo é o F.C Kansas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fontàs formouse no Club Deportiu Banyoles da súa cidade natal. Tras once anos no club, a tempada 2006-07 foi cedido ao Girona FC, inicialmente para xogar no xuvenil, aínda que a súa rápida progresión levoulle a debutar co primeiro equipo, en Terceira División no tramo final desa tempada.
Tras recibir ofertas de múltiples equipos de Primeira División como o Atlético de Madrid e o RCD Espanyol, finalmente o verán de 2007 fichou polo FC Barcelona, para xogar no Xuvenil A do club azulgrana. Foi o capitán do equipo, que esa tempada proclamouse subcampión da Copa do Rei da súa categoría.
Durante a tempada 2008-09 dió o saltou ao FC Barcelona B, en Segunda División B. Acabou converténdose nun dos titulares indiscutibles do equipo de Luis Enrique, disputando un total de 19 partidos. Esa mesma tempada tivo a ocasión de debutar co primeiro equipo; foi o 8 de setembro de 2008, con motivo das semifinais da Copa Cataluña ante a UE Sant Andreu. Foi tamén convocado por Pep Guardiola para o encontro da 36ª xornada de Primeira División, ante o Real Mallorca, aínda que finalmente quedou no banco.
O verán de 2009 realizou a pretemporada co primeiro equipo azulgrana, xogando varios partidos amigables. Foi tamén convocado para disputar a Supercopa de España ante o Athletic Club, aínda que quedou no banco, e a Supercopa de Europa ante o FC Shakhtar, aínda que neste partido foi finalmente descartado.[1]
O seu debut en Primeira División chegou o 31 de agosto de 2009, ante o Sporting de Xixón no Camp Nou. Fontàs saltou ao terreo de xogo no minuto 84, substituíndo a Gerard Piqué.
O 20 de novembro do ano 2010 debutou os 91 minutos de partido contra o Almería substituíndo a Gerard Piquei e sendo partícipe da goleada mítica (0-8) do equipo azulgrana. O 7 de decembro do ano 2010 marca o seu primeiro gol (1-0) en Champions League ante o Rubin Kazan. O 17 de marzo de 2011 o Futbol Club Barcelona anunciou a súa incorporación ao persoal do primeiro equipo debido á baixa de Éric Abidal por mor dun tumor hepático.[2] O 4 de xullo confírmase a renovación do seu contrato ata 2012 e que formará parte definitivamente do primeiro persoal blaugrana na tempada 2011-12.
O 17 de outubro de 2011, Fontàs renova ata 2015 co Barcelona.[3]
O 12 de xaneiro de 2012, Fontàs sofre unha lesión do ligamento cruzado do xeonllo dereito, ao minuto 13 de xogo contra o Club Atlético Osasuna en xogo de Copa do Rei, deixándoo fóra do que resta da tempada. Foi intervido cirurxicamente o sábado 21 de xaneiro do 2012 e será baixa por 6 meses.[4]
O 15 de outubro de 2012, o FC Barcelona confirma a cesión de Fontàs ao RCD Mallorca polo que resta de tempada.[5]
No verán de 2013 confirmase a fichase do xogador catalán polo Celta de Vigo, adestrado polo adestrador que o dirixira no FC Barcelona B, Luis Enrique, por un prezo en torno ao millón de euros en función do número de encontros disputados.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi internacional en varias ocasións coa selección sub-19 de España, coa que se proclamou campión da XXXIVa Copa do Atlántico.
Coa selección sub-20 obtivo a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos, disputados en Pescara en 2009.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos | Selección sub-20 | España | 2009 |
Liga de Campións | FC Barcelona | Londres | 2011 |
Supercopa de Europa | FC Barcelona | Mónaco | 2011 |
Copa Mundial de Clubs da FIFA | FC Barcelona | Iocoama | 2011 |
Outros[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa do Atlántico | Selección sub-19 | España | 2008 |
Copa Audi | FC Barcelona | Alemaña | 2011 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O Barça-Shakhtar, en anécdotas". SPORT.
- ↑ "Fontàs, un recambio de garantías". www.fcbarcelona.com. 17 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2011.
- ↑ "Fontàs, ata 2015: "Isto dáche forzas"". www.fcbarcelona.com. 17 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2011.
- ↑ "Fontàs, operado, estará 6 meses de baixa". www.europapress.es. 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2012.
- ↑ Marca.com, ed. (15 de outubro de 2012). "Fontàs xogará cedido no Mallorca". Consultado o 15 de outubro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andreu Fontàs ![]() |