Andrea Pollack
Andrea Pollack | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de maio de 1961 |
Lugar de nacemento | Schwerin |
Falecemento | 11 de marzo de 2019 |
Lugar de falecemento | Berlín |
Causa | cancro de páncreas |
Nacionalidade | Alemaña e República Democrática Alemá |
Ocupación | nadador |
Fillos | Michael Pinske |
Premios | Patriotic Order of Merit in gold e International Swimming Hall of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrea Pollack, nada o 8 de maio de 1961 en Schwerin, é unha ex-nadadora alemá, gañadora de seis medallas olímpicas coa República Democrática Alemá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Especialista na modalidade bolboreta participou con 15 anos nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, logrando a medalla de ouro en 4×100 m estilos e 200 m bolboreta, con mellores marcas mundiais e a prata en 4x100 libres e 100 m bolboreta. Nos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova foi de novo campioa olímpica en 4×100 m libre e gañou a prata en 100 m bolboreta. En 1978 no Campionato do Mundo de natación en Berlín Oriental gañou dúas medallas de prata e unha de bronce.
Dopaxe[editar | editar a fonte]
Durante as investigacións por dopaxe na RDA atopáronse evidencias dun plan de dopaxe para atletas de elite, entre as que estaba Andrea Pollack,[1] e hai constancia que en outubro de 1977 deu positivo nun control de dopaxe interno.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Kinder - Spielbälle für Mediziner und Trainer" Arquivado 07 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Berliner Zeitung, 8 de abril de 1994
- ↑ "In der DDR-Dopingpraxis ist eine neue Ebene erreicht: Mit Suchtmitteln zum Weltrekord" Der Tagesspiegel, 8 de agosto de 1998
- Nados en 1961
- Nados en Mecklemburgo-Antepomerania
- Medallistas olímpicos en natación
- Nadadores olímpicos de Alemaña Oriental
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1976
- Nadadores nos Xogos Olímpicos de 1980
- Medallistas olímpicos de ouro pola República Democrática Alemá
- Medallistas olímpicos de prata pola República Democrática Alemá
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980