Andrea Oubiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrea Oubiña
Nacemento10 de novembro de 1990
 O Grove
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónremeira
editar datos en Wikidata ]

Andrea Oubiña Rodríguez, nada no Grove10 de novembro de 1990, é unha remeira galega que gañou a bandeira da Cuncha feminina en oito ocasións, ademais da liga ACT feminina en cinco.[1]

Tamén obtivo varios títulos nacionais en bateis e traíñas, así como campionatos de Galicia e regatas en todas as categorías.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2002, comezou a remar en Amegrove, club no que estivo durante tres anos, antes de ir ó Náutico de Vigo.[2] Para os vigueses competiu durante 2006 e 2007, gañando o campionato de España de Bateis en categorías cadete. En 2008, fichou por Samertolameu de Meira, formando parte dende entón da traiñeira conxunta de clubs galegos que competiu na bandeira da Cuncha.

Traiñeira galega[editar | editar a fonte]

En 2008, e tras 128 anos de historia da Bandeira da Cuncha masculina, os organizadores, o Concello de San Sebastián, decidiu crear a primeira edición da súa regata para mulleres, onde participou Andrea como parte do equipo galego.[3] A proba disputouse en dúas regatas, unha xornada clasificatoria celebrada o 13 de setembro ás 18 horas e a regata final o día 14 ás 11:00 horas, nun percorrido de 2.778 metros cunha soa ciaboga.[4] As súas compañeiras formaban parte dos clubs Cabo da Cruz, Chapela e Samertolameu de Meira, e impuxéronse por menos de cinco segundos a Estaleiro. Ese ano tamén se adxudicou a Bandeira Concello de Redondela de bateis.[5]

No primeiro ano da liga ACT feminina, en 2009, o equipo de Galicia presentouse cunha formación composta por remeiras de Chapela, Samertolameu e Cabo da Cruz.[6] Adxudicáronse cinco das sete bandeiras da liga, sumando finalmente 23 puntos, polos 15 do seu máis inmediato perseguidor, a selección biscaíña.[7] Ese ano tamén se clasificaron para a bandeira da Cuncha. Na final, Getaria-Tolosa comezou en primeiro lugar, pero a tripulación galega recuperouse e revalidaron o seu triunfo do ano anterior con tres segundos de vantaxe sobre Astillero.[8]

Notas[editar | editar a fonte]