Andrés Sorel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Sorel
Nome completoAndrés Martínez López
Nacemento1937
 Segovia
Falecemento7 de xaneiro de 2019
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
IrmánsAntonio Martínez Menchén
editar datos en Wikidata ]

Andrés Sorel, nado en Segovia en 1937, foi un escritor castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai castelán e nai andaluza, naceu durante a guerra civil. É irmán do tamén escritor xienense Antonio Martínez Menchén.

Estudou Maxisterio e Filosofía e Letras. Foi membro do Partido Comunista, que abandonou en 1963 por diferenzas ideolóxicas e políticas. Foi correspondente de Radio España Independente entre 1962 e 1971 e dirixiu en París a publicación Información Española, destinada á emigración española en Europa. O apelido Sorel tomouno do Julien Sorel, protagonista da novela Vermello e Negro de Stendhal.

Durante a ditadura franquista o ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, prohibiu a publicación das súas obras.

Tras a Revolución cubana viaxou en numerosas ocasións á illa, onde entrevistou a Fidel Castro e ao Che Guevara. Mantén o seu apoio ao goberno cubano mesmo tras a súa saída do Partido Comunista.

Á morte de Franco regresou a España e colaborou en diversos xornais e publicacións de esquerda, entre os cales destaca a fundación en 1984 do xornal Liberación, presentado como o primeiro diario español de esquerdas radical.

Foi secretario xeral da Asociación Colexial de Escritores de España e director da revista República de las Letras.

Publicou máis de 50 libros e impartido máis de 1.000 conferencias en diversas cidades do mundo. Os seus libros foron traducidos e publicados en Estados Unidos, Cuba, Portugal, Romanía, Inglaterra e Eslovaquia.

Obras[editar | editar a fonte]

As súas obras están escritas e publicadas en castelán.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Outros títulos[editar | editar a fonte]

  • Cuba, la revolución crucificada.
  • Castilla como agonía, Castilla como esperanza.
  • Miseria de nuestra cultura.
  • Vida y Obra de Ernesto Che Guevara.
  • Guía popular de Antonio Machado.
  • 4º Mundo, emigración española en Europa.
  • Búsqueda, reconstrucción e historia de la guerrilla española del siglo a través de sus historias, relatos y protagonistas.
  • La caverna del comunismo. 2007. RD Editores.
  • Iluminaciones. Antonio Gamoneda. 2009. RD Editores.
  • Ediciones críticas y ensayos sobre José Martí, Antonio Machado, Luis Cernuda, León Felipe, Gerardo de Nerval, José María Arguedas, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia, 12 de febreiro de 2016.