Andrés Ortiz-Osés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Ortiz-Osés
Andrés Ortiz-Osés (cropped).jpg
Nacemento1943
 Tardienta
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas
Ocupaciónfilósofo e escritor
editar datos en Wikidata ]

Andrés Ortiz-Osés, nado en Tardienta (Huesca) en 1943, é un filósofo español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou teoloxía na Universidade Pontificia Comillas e posteriormente filosofía na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma. Máis tarde se trasladou á Universidade de Innsbruck (Austria) onde se doutorou en filosofía hermenéutica. En Innsbruck asistiu ás clases de Gadamer, Emerich Coreth e Franz-Karl Mayr. Colaborou co Círculo de Eranos (Suíza), inspirado por Carl Gustav Jung e do que formaron parte Karl Kerenyi, Mircea Eliade, Erich Neumann, Gilbert Durand e James Hillman entre outros.

É fundador da hermenéutica simbólica. Dela díxose que proporciona un xiro á disciplina orixinaria de Alemaña, polo que "a razón clásica se converte en razón-sentido, unha razón sensible ou sensual propia dunha filosofía sudista, latino-mediterránea e hispano-americana, caracterizada por unha razón afectiva".[1]

A achega de Ortiz Osés que máis difusión tivo entre o gran público é posiblemente a dedicada o estudo da mitoloxía vasca, así como ao chamado matriarcalismo vasco. A Universidade Nacional Autónoma de México publicou unha obra sobre o seu pensamento antropolóxico, coordinada por Blanca Solares, co título El dios andrógino.[2]

A revista Anthropos dedicoulle un número monográfico.[3] É membro de honra da Sociedade Española de Psicoloxía Analítica. É director da colección Hermeneusis da editorial Anthropos. Ten sido profesor das universidades de Zaragoza, Pontificia de Salamanca e Deusto, onde é catedrático de filosofía.

Na súa traxectoria realizou a intersección entre a escola de Heidegger (hermenéutica) e a escola de Jung (Círculo Eranos). O resultado é unha Filosofía do sentido.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra esténdese ao longo de tres decenios e publicou máis de trinta libros. Poden organizarse en catro grupos:

  1. Tratados hermenéuticos
    1. Antropología hermenéutica. Editorial Ricardo Aguilera, 1973. ISBN 84-7005-123-7
    2. Mundo, hombre y lenguaje crítico. Sígueme, 1976.
    3. Comunicación y experiencia interhumana. Descleé, 1977. ISBN 84-330-0383-6
    4. La nueva filosofía hermenéutica. Anthropos, 1986. ISBN 84-7658-017-7
    5. El Círculo de Eranos. Una Hermenéutica Simbólica del Sentido. Anthropos, 1994. ISSN 0211-5611
    6. Análisis y lectura del almacenamiento simbólico de Eranos. Anthropos, 1994. ISSN 0211-5611
    7. Claves de hermenéutica: para la filosofía, la cultura y la sociedad. Bilbao: Universidade de Deusto. Departamento de Publicaciones, 2005. ISBN 978-84-7485-479-4
    8. Diccionario de la existencia. Asuntos relevantes para la vida humana. En colaboración con Patxi Lanceros. Anthropos, 2006. ISBN 978-84-7658-799-7
    9. Diccionario de hermeneútica: una obra interdisciplinar para las ciencias humanas. Bilbao: Universidade de Deusto. Departamento de Publicaciones, 2006. ISBN 978-84-7485-917-1
    10. Hermenéutica de Eranos. Las estructuras simbólicas del mundo. Proemio Eugenio Trías. Apéndice de Gilbert Durand. Barcelona: Anthropos Editorial, 2012. ISBN 9788415260363
  2. Estudos mitosimbólicos
    1. El matriarcalismo vasco. Universidade de Deusto, 1980. ISBN 84-7485-011-8
    2. El inconsciente colectivo vasco. Txertoa, 1982. ISBN 84-7148-107-3
    3. Antropología simbólica vasca. Anthropos, 1985. ISBN 84-85887-84-0
    4. C. G. Jung: Arquetipos y Sentido. Universidade de Deusto, 1988. ISBN 84-7485-086-X
    5. La identidad cultural aragonesa. Centro de Estudios Bajoaragoneses, 1992. ISBN 84-86982-33-2
    6. El sentido de la cultura vasca. Cultura popular vasca y deporte. Annals of Foreign Studies XLIII 1-31. Universidade de Kobe (Xapón), 1998.
    7. Juego y simbolismo. Investigación de la cultura vasca. Universidade de Kobe (Xapón), 1999. (Español-xaponés)
    8. La diosa madre. Trotta, 1996. ISBN 84-8164-099-9
    9. Las claves simbólicas de nuestra cultura. Anthropos, 1992. ISBN 84-7658-307-9
    10. Cuestiones fronterizas. Anthropos, 1999. ISBN 84-7658-560-8
  3. Filosofía do sentido da vida
    1. Metafísica del sentido. Universidade de Deusto, 1989. ISBN 84-7485-108-4
    2. La razón afectiva, 2000. ISBN 84-8260-073-7
    3. Amor y Sentido, 2003. ISBN 84-7658-652-3.
    4. Razón y sentido. Aufsätze zur symbolischen Hermeneutik der Kultur. 2006. Iberoromania. Volume 62, Issue 2, Pages 150–152, ISSN (Print) 0019-0993, DOI: 10.1515/IBER.2005.150
    5. El sentido de la existencia. Posmodernidad y nihilismo (con G. Vattimo). Universidade de Deusto, 2007. ISBN 9788498300758
    6. The Sense of the World. 2008. ISBN 978-1-888570-34-2 (Tradución inglesa de David Sumares)
    7. La herida romántica. Anthropos, 2008. ISBN 978-84-7658-878-9
    8. Heidegger y el ser-sentido. Universidade de Deusto, 2009. ISBN 978-84-9830-966-9
    9. Nietzsche: La disonancia encarnada. Libros del Innombrable. Zaragoza, (en prensa).
  4. Aforismos
    1. Co-Razón. MRA, 1996. ISBN 84-88865-82-1
    2. Experiencia / Existencia. March Editor, 2006. ISBN 84-95608-77-4
    3. Filosofía de la experiencia. Instituto de Estudios Altoaragoneses, 2006. ISBN 84-8127-176-4
    4. Meditación del existir. ISBN 9788495399984
    5. El enigma de existir. Deputación de Valencia, 2008. ISBN 84-7822-529-3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Luis Garagalza (2008). Rezensionen: Andrés Ortiz-Osés. Razón y sentido. Aufsätze zur symbolischen Hermeneutik der Kultur. http://www.filos-verlag.de/Katalog/Einzeltitel/Ortiz-Oses/OrtizRezensionen.htm Arquivado 23 de maio de 2013 en Wayback Machine.
  2. El dios andrógino (Porrúa, México, 2003)
  3. Anthropos 57, 1986

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]