Andrés Martínez Riveira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Martínez Riveira
Andrés C. M. Riveira.jpg
Nacemento26 de novembro de 1982
 Ortigueira
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónescritor
LinguaCastelán e galego
editar datos en Wikidata ]

Andrés Carlos Martínez Riveira, nado en Ortigueira o 26 de novembro de 1982, é un escritor galego, coñecido como Andrés C. M. Riveira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende moi novo viviu na vila de Cariño, onde estudou no IES Cabo Ortegal. Tras mudarse á súa actual localización de Narón cursou o ensino medio no IES Fernando Esquío de Neda, e licenciouse en humanidades na Universidade da Coruña; tamén cursou dereito na UNED.

Escribiu regularmente na revista universitaria Morituri e nas "Páginas literarias" de La Voz de Galicia[1] e actualmente colabora mensualmente no programa Club de lectura de Radio Fene[2] comentando libros de actualidade literaria galega. En 2007 comenzou a destacarse como unha voz emerxente da literatura galega co libro de relatos Parecía tan normal..., onde mestura estilos e estéticas, e verte temáticas clásicas en modernas. En 2017 publica o relato Esperando a Godot. En 2014 autoeditou o poemario Soledad alarmada[3]. A máis recente obra, en galego, compóñena os relato As bágoas que non caen non significan nada (2018) e A porta verde do sétimo andar (2019), ademais do poemario Memoria das cousas perdidas (2020), en proceso de publicación. Obtivo varios premios literarios[4][5][6].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Parecía tan normal... (2007). Edición Asociación De Re Hermenéutica.
  • Soledad alarmada (2014). Autoedición KDP / Amazon.
  • Memorias das cousas perdidas (2020). Urutau Editora (no prelo).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Concurso de Relatos do Curso de Narrativa Torrente Ballester de Ferrol con Sir Henry y la dama (2004).
  • Concurso de Relatos do Curso de Narrativa Torrente Ballester de Ferrol con Soliloquio de la Rutina (2008).
  • Certame de Relato Curto do Concello de Mugardos con Don Xosé, buscador de hápax (2014).
  • Finalista do Certame de Relatos Curtos de Ultramar con Esperando a Godot (2017).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Riveira, Andrés C. M. (2013-03-22). "Boli Morado: El secreto de Elsa". Boli Morado. Consultado o 2020-04-06. 
  2. "Senlleiras". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2019-05-30. Consultado o 2020-04-06. 
  3. Autoedición KDP / Amazon
  4. Referencia baleira (Axuda) 
  5. culturagalega.org (2005-02-22). "Torrente e Fole". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-04-06. 
  6. P, Redacción. "Presentación del libro-antología del III Certamen de relatos «Contos de Ultramar»". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2020-04-06.