Andrés Escobar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Andrés Escobar
Selección de fútbol de Colombia, Italia 90 (cropped).jpg
Información persoal
Nome completo Pablo Emilio Escobar Gaviria
Nacemento 13 de marzo de 1967
  Rasht
Falecemento 2 de xullo de 1994
  Medellín
Nacionalidade Colombia
Altura 184 centímetros
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Andrés Escobar Saldarriaga, nado en Medellín o 13 de marzo de 1967 e finado na mesma cidade o 2 de xullo de 1994, foi un futbolista colombiano que competiu pola selección nacional do seu país e mais no seu club, o Atlético Nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O máis destacado da súa carreira foi a participación co seu club na Copa Libertadores de 1989 e coa Selección colombiana no Mundial de Fútbol xogado en Estados Unidos en 1994. Ao regresar ao seu país tras o mundial, despois de marcar un gol en propia meta, foi traxicamente asasinado na súa cidade natal. Escobar formou parte dun das seleccións máis lembradas do seu país, xogando con deportistas como René Higuita, o Pibe Valderrama, Freddy Rincón, Tino Asprilla, Leonel Álvarez ou o Tren Valencia, entre outros, dirixidos por Pacho Maturana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]