Saltar ao contido

Andrés Castrín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrés Castrín
Biografía
Nacemento26 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Riotorto Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Andrés López Gallo, coñecido como Andrés Castrín ou simplemente Castrín, nado en Riotorto o 26 de maio de 2003, é un futbolista galego que xoga na posición de central. O seu equipo actual é o Sevilla Fútbol Club da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa formación na Escola Deportiva Lourenzá e posteriormente nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo e do Racing Vilalbés.[1] No ano 2021 foi asignado ao Polvorín Fútbol Club da Terceira División RFEF. A súa estrea tivo lugar o 25 de setembro de 2021 como titular nun empate 0-0 ante o Ourense Club de Fútbol.[2] O 31 de outubro dese ano marcou o seu primeiro gol sénior nunha vitoria por 3-1 contra a Unión Deportiva Somozas.[3]

O 2 de decembro de 2021 debutou co Lugo nunha vitoria da Copa Do Rei 2021/22 contra a Agrupación Deportiva Unión Adarve.[4] Xogou tamén a seguinte rolda do torneo, na que o Lugo caeu eliminado por 1-2 ante o Mirandés.[5]

O 10 de xullo de 2024 Castrín asinou un contrato de tres anos co Sevilla Fútbol Club e foi asignado inicialmente ao Sevilla Atlético da Primeira Federación.[6] Debutou co primeiro equipo o 5 de decembro dese ano, xogando como titular nunha vitoria por 3-1 ante a Unió Esportiva Olot na Copa do Rei desa tempada.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Pablo Castrín, o irmán máis vello de Andrés, tamén é futbolista e xoga como defensa central.[7] O pai deles, Juan López, foi xogador no Riotorto CF.[8]

  1. "Andrés Castrín, el juvenil que pide sitio en el CD Lugo" (en castelán). La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2021.
  2. "Ourense CF y Polvorín ofrecieron poco rendimiento en las áreas" (en castelán). La Voz de Galicia. 25 de setembro de 2021. Consultado o 16 de decembro de 2021.
  3. "El Polvorín remonta en el Manuel Candocia y se impone al Somozas" (en castelán). La Voz de Galicia. 31 de outubro de 2021. Consultado o 16 de decembro de 2021.
  4. "El Lugo doblega en los penaltis a una Unión Adarve superior" (en castelán). Diario AS. 2 de decembro de 2021. Consultado o 16 de decembro de 2021.
  5. "Ramón Juan y Riquelme reinan en la niebla y eliminan al Lugo" (en castelán). Diario AS. 16 de decembro de 2021. Consultado o 16 de decembro de 2021.
  6. "Andrés Castrín, refuerzo defensivo para el Sevilla Atlético" (en castelán). Sevilla FC. 10 de xullo de 2024. Consultado o 11 de decembro de 2025.
  7. "Pablo López Gallo, "Castrín", primer canterano formado en las Escuelas Lourenzá que es llamado por la Selección Española de Fútbol sub 17!! Enhorabuena!!!" (en castelán). Concello de Lourenzá. 24 de novembro de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2021.
  8. "CD Lugo B / Polvorín 2021–2022: más juvenil y albivermello pero con el mismo buen trato de balón" (en castelán). Lugoslavia. 3 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2021. Consultado o 16 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]