Andorra la Vella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Andorra a Vella")

Coordenadas: 42°30′27.11″N 01°31′18.54″L / 42.5075306, -1.5218167

Andorra la Vella
Flag of Andorra la Vella.png
Escut d'Andorra la Vella.svg
Andorra la Vella 3.JPG
Localización
Andorra la Vella en Andorra
Andorra la Vella
Andorra la Vella
País Andorra Andorra
Parroquia Andorra la Vella
Xeografía
Altitude 1 023 msnm
Superficie 12 km²
Demografía
Poboación 22 256 hab. (2011)
Densidade 2008 hab/km²
Xentilicio Andorrano/a
Outros datos
Código postal AD500
Alcalde Maria Rosa Ferrer Obiols
www.comuandorra.ad

Andorra la Vella[1][2] é a capital do Principado de Andorra e forma unha das sete parroquias nas que se divide o país, sendo a máis pequena en superficie e tamén a máis poboada.

Ten 12 km² e 24.574 habitantes (2007), situada na confluencia dos ríos Valira d'Ordino e Valira d'Encamp a 1.013 m de altitude. Forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes coas poboacións de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur.
A industria principal é o turismo, aínda que tamén destacan o comercio e os rendementos do capital estranxeiro depositado nas súas oficinas bancarias. Prodúcense mobles, tabaco e coñac.

O edificio máis emblemático da cidade é a Casa de la Vall, do século XVI, sede do Consello Xeral (Consell General) dende 1702 e con preciosas pinturas murais.

A igrexa parroquial está dedicada a Santo Estebo, conserva a ábsida e o campanario románicos do século XI. Ao sur da cidade está a igrexa románica de Santa Coloma, co campanario circular.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai constancia de poboamento na rexión dende antes da era cristiá. Menciónase a parroquia de Andorra pola primeira vez na acta de consagración da catedral de la Seu d'Urgell, no ano 839. É a capital do principado dende 1278, despois de que o Obispado de Urgell e o Condado de Foix decidisen compartir a soberanía do territorio andorrano. O sobrenome de "la Vella", derivado de "la Vila", engadiuse posteriormente para diferenciala do Principado.

O ano 1978 Escaldes-Engordany separouse da parroquia de Andorra.

En 1993 a nova Constitución estableceu un parlamento democrático, con sistema executivo, lexislativo e xudicial, todos situados na cidade.

Andorra a Vella optou a ser a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, que finalmente se celebraron en Vancouver (Canadá).

Demografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Andorra a Vella forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes xuntamente coas parroquias de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur. Esta aglomeración esténdese en sentido lonxitudinal seguindo o trazado da estrada.

Andorra a Vella ten 24.574 habitantes, segundo o censo de 2007. A poboación está composta por un 43% de cidadanos españois, 33% de andorranos, 11% de portugueses, e 7% de franceses, máis algunhas outras comunidades minoritarias.

A parroquia está formada por dúas entidades de poboación: Andorra la Vella e Santa Coloma.

Evolución demográfica
1865 1947 1965 1985 1995 2005
1.100 1.975 8.833 17.201 21.984 23.587

Turismo[editar | editar a fonte]

Edificios e monumentos[editar | editar a fonte]

  • Casa de la Vall. Un dos edificios máis emblemáticos da cidade, é unha casa-forte do século XVI que actualmente serve ao Consell General (parlamento andorrano) desde 1702.
  • Igrexa de Santo Estevo. Igrexa parroquial que conserva o atrio e o campanario románicos do século XI. O resto, son remodelacións feitas con posterioridade, as máis significativas, nos anos 1940 a cargo do arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.
  • Igrexa de Santa Coloma. Edificio prerrománico situado ao sur da parroquia, en Santa Coloma d'Andorra. Ten un campanario circular.
  • Pont de la Margineda. Ponte románico que cruza o río Valira. Situado ao norte, na antiga aldea da Margineda -practicamente limítrofe coa parroquia de Sant Julià de Lòria- trátase da ponte medieval máis grande dos que se conservan no Principado.
  • Castelo e igrexa de Sant Vicenç d'Enclar. Situado a 1.126 metros de altura, por encima de Santa Coloma d'Andorra. Complexo medieval, antigamente fortificado, que se levantou sobre construcións romanas entre os séculos VII e VIII.

Economía[editar | editar a fonte]

A principal fonte de ingresos é o turismo, así como o comercio e o sistema bancario no que non se pagaba impostos (xa que agora hai un novo imposto chamado ISI do 4%), factor que favorece os investimentos estranxeiros. Tamén se producen bens de consumo como mobles, tabaco e coñac.

Transportes[editar | editar a fonte]

A cidade non ten aeroporto propio atopándose a tres horas dos aeroportos máis próximos, situados en: Tolosa, Xirona, Perpiñán, Lleida e Barcelona. Este é o resultado da súa poboación pequena e o seu territorio moi montañoso. Ademais, non ten estación de tren, aínda que hai un servizo de autobús que une a cidade coa estación de tren francés en L'Hospitalet-près-l'Andorre, que ten servizos de longo percorrido a París e tamén ao aeroporto de Barcelona.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Outras fontes empregan a forma Andorra a Vella (Universidade de Vigo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]