Andoriñón mongol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andoriñón mongol
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Xénero: Hirundapus
Especie: Hirundapus caudacutus
(Latham, 1801)
     Verán no hemisferio norte      Residente      Inverno no hemisferio norte

     Verán no hemisferio norte      Residente      Inverno no hemisferio norte


     Verán no hemisferio norte      Residente      Inverno no hemisferio norte

O andoriñón mongol[2] (Hirundapus caudacutus) é un cirrio de gran tamaño do xénero Hirundapus.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un cirrio grande cun corpo robusto con forma de barril. Mide uns 20 cm e pesa entre 110 e 120 g. É de cor marrón cincenta excepto na gorxa, que é branca, e unha mancha branca que se estende desde a base da cola aos flancos.[3] Ten unha cola que termina nunha prolongación fina como unha espiña; a cola non está forcada como é o típico nas especies do xénero Apus.

Historia natural[editar | editar a fonte]

Constrúe os seus niños en gretas entre as rochas en cantís ou en árbores ocos. Non lle gusta estar en terra e pasa a maior parte do tempo no aire. Teñen patas moi curtas, que usan esencialmente para agarrarse a superficies xeralmente inclinadas e verticais. Aliméntase de insectos voadores como escaravellos, moscas, abellas e avelaíñas.[3]

É unha ave migratoria que se reproduce en Asia central e sur de Siberia, e pasa o inverno no sur no subcontinente indio, sueste asiático e Australia. É unha rara ave errante en Europa occidental e foi rexistrada en Noruega, Suecia e Gran Bretaña, e tamén hai rexistros dela en Galicia como ave accidental rara.[4][5]

Atribúenselle velocidades en voo horizontal de ata 170 km/h, pero non están ben verificadas porque os métodos usados para medir a súa velocidade non foron publicados.[6]

Etimoloxía e nome[editar | editar a fonte]

Foi descrito polo ornitólogo inglés John Latham en 1801 co nome binomial Hirundo caudacuta.[7] O seu xénero actual Hirundapus formouse a partir dos nomes do xénero das anduriñas, Hirundo, e do xénero dos cirrios, Apus. O nome específico caudacutus significa en latín 'cola aguda ou en punta', do latín cauda e acutus.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hirundapus caudacutus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "White-throated Needletail". BirdLife International (en inglés). Consultado o 29 October 2017. 
  4. "Birdwatchers flock to see rare bird, then watch it killed by wind turbine". FoxNews. 28 June 2013. Consultado o 2013-06-29. 
  5. Huyton, Harry (28 June 2013). "Let's not martyr the white-throated needletail to the anti-wind cause". London: The Guardian. Consultado o 1 July 2013. 
  6. Bourton, Jody (2 March 2010). "Supercharged swifts fly fastest". BBC News (en inglés). Consultado o 28 October 2017. 
  7. Latham, John (1801). Supplementum indicis ornithologici sive systematis ornithologiae (en Latin). London: Leigh & Sotheby. p. lvii. 
  8. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm Publishers. pp. 94 and 193. ISBN 1408125013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.