Andhrímnir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Andhrimnir era o cociñeiro dos Æsir e dos einherjar na mitoloxía nórdica. Todos os días mataba ao xabaril cósmico, Sæhrimnir, e cociñábao en Eldhrimnir, o seu caldeiro con poderes máxicos. Cada noite o xabarín renacía para ser comido ao día seguinte. Andhrimnir tamén preparaba o hidromel dos Æsir do leite da cabra Heiðrún.