Hiroshige

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Andō Hiroshige»)
Infotaula de personaHiroshige

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 歌川広重 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja-hrkt) 安藤 徳太郎 Editar o valor em Wikidata
1797 Editar o valor em Wikidata
Edo Editar o valor em Wikidata
Morte12 de outubro de 1858 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Edo Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cólera Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaTōgaku-ji (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Dōshin (en) Traducir hikeshi (en) Traducir
1809 – 1832 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes安藤 重右衛門
安藤 徳兵衛
安藤 鉄蔵
歌川 広重 Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xaponés Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoUkiyo-e Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Edo
Quioto Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , ukiyo-e artist (en) Traducir , xilogravador (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1818 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoArte de paisaxes e ukiyo-e Editar o valor em Wikidata
MovementoUtagawa school (en) Traducir e Kasei culture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresIchiriusai Toyohiro e Ōoka Unpō (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosHirokage (pt) Traducir, Utagawa Shigekiyo (en) Traducir, Q11545221 Traducir, Q35999857 Traducir, Q11545222 Traducir, Q11605744 Traducir e Yoshinobu Utagawa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: ec48797a-12eb-4c77-9504-026d6a997114 WikiTree: 安藤-4 Find a Grave: 13092403 Editar o valor em Wikidata

Hiroshige, nado en Toquio en 1797 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1858, tamén coñecido Andō Hiroshige (grafía xaponesa 安藤広重), Utagawa Hiroshige (歌川広重) e aínda Ichiyusai Hiroshige, foi un dos máis grandes paisaxistas xaponeses, elevando este tema a un nivel artístico de estilo inigualado. Distinguíuse polas series de estampas do monte Fuji e de Edo (o actual Toquio), debuxando xenialmente as escenas e a atmosfera da cidade, tomando os instantes da vida cotiá da urbe antes da súa transformación na era Meiji (1868-1912).

As súas obras -gravuras con técnica xilográfica- caracterízanse polo seu formato vertical, pola mestría sutil de cores libre -con dominio do verde e do azul- e polo sentido do primeiro plano, que sería máis tarde retomado pola fotografía e o cine. Xunto con Katsushika Hokusai (1760-1849) alcanzaría a cima da arte paisaxística xaponesa do século XIX.

A súa obra máis coñecida foron as xilografías coreadas 53 Estacións de Tōkaidō.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun samurai de baixo rango, que servía na fortaleza do Shōgun en Edo, nome antigo de Toquio, como tirador de armas de fogo, que o enviaría, con 13 anos, como aprendiz do mestre xilografista Utagawa Toyohiro. Alí aprendería a desenvolver os motivos tradicionais do Ukiyo-e como as vistas das vellas rúas.

As 53 estacións de Tōkaidō[editar | editar a fonte]

Tōkaidō era naquela época unha importante estrada principal que unía Quioto e Edo. En 1832 Hiroshige acompañou un ministro plenipotenciario do Shogun desde Edo ata o Pazo imperial de Kioto, tomando apuntamentos de cada unha das 53 estacións ao longo da estrada. Con eses apuntamentos realizou desde 1833 ata1834 as 55 follas das 53 Estacións de Tōkaidō (東海道五十三次 tōkaidō gojusan tsugi).

A obra pertence ao estilo tradicional de xilografías Ukiyo-e „O mudo fugaz e pasaxeiro“, pero con novas e desacostumadas maneiras: nenguén antes no Xapón executara escenas de estradas con xentes do pobo común, que se movían mentres realizaban as súas tarefas e traballos.

Outras obras e influencia[editar | editar a fonte]

Outras realizacións importantes de Hiroshige son as Vistas de Kisokaidō, con escenas doutra arredada estrada do vello Xapón, e 100 vistas de Edo (1856-1858).

As xilografías coreadas de Hiroshige influíron nos impresionistas franceses.