Anastasia Romanovna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anastasia Romanovna

Anastasia Romanovna Zakharina (en ruso: Анастаси́я Рома́новна Заха́рьина) nada en 1530 e finada o 7 de agosto de 1560, foi a primeira esposa do tsar Iván IV de Rusia, o Terrible.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do boiardo Román Zakharin, o cal lle deu nome á dinastía dos Romanov, foi escollida como esposa de Iván mediante unha selección efectuada no Kremlin de Moscova entre todas as mozas nobres en idade de casar. O matrimonio celebrouse o 3 de febreiro de 1547 na Catedral da Anunciación. Tiveron seis fillos: Ana, María, Demetrio, Iván, Eudoxia e Teodoro I.

Os historiadores sosteñen que Anastasia tiña unha discreta influencia para mitigar o carácter impulsivo e violento do seu marido. No verán de 1560 enfermou de forma imprevista e morreu. Por mor disto Iván sufriu de serios problemas nerviosos, debidos tamén pola sospeita de que Anastasia foi envelenada polos boiardos. Ao non conseguir probas do crime, ordenou que un gran número deles fosen torturados e asasinados.

Sucesivos exames realizados nos restos da defunta tsarina por parte de arqueólogos e expertos forenses rusos, confirmaron a presenza de residuos velenosos ao interior do seu osamento, dando crédito ás sospeitas do seu marido.[1].

O irmán de Anastasia, Nikita Romanovich Zakharin-Iuriev, foi o pai de Fiodor Romanov, o primeiro en tomar o apelido Romanov. Fiodor Romanov foi primo en primeiro grao do último tsar da dinastía Rurik, Teodoro I. Esta relación coa extinta dinastía facilitou a elección para o trono do fillo de Fiodor, Miguel I de Rusia, despois do Período Tumultuoso.

Descendentes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]