Ana de Veldenz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana de Veldenz
Anna von Veldenz.jpg
Nacemento1390
Falecemento18 de novembro de 1439
 Wachenheim an der Weinstraße
PaiFrederico III de Veldenz
NaiMargaret of Nassau-Weilburg (1370-1427)
CónxuxeEstêvão do Palatinado-Simmern-Zweibrücken
FillosLuís II do Palatinado-Zweibrücken, Frederick I, Count Palatine of Simmern, John of Palatinate-Simmern, Archbishop of Magdeburg e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Ana de Veldenz (en alemán: Anna von Veldenz), nada en 1394/95 e finada en Wachenheim o 18 de novembro de 1439,[1][2][3] foi condesa de Veldenz e condesa consorte palatina de Simmern-Zweibrücken polo seu casamento con Estevo do Palatinado-Simmern-Zweibrücken.

Familia[editar | editar a fonte]

Ana foi a única filla e herdeira do conde Federico III de Veldenz e de Margarida de Nassau-Weilburg. Os seus avós paternos eran o conde Henrique III de Veldenz e Loreta de Sponheim. Os seus avós maternos eran o conde Xoán I de Nassau-Weilburg e Xoana de Saarbrücken, señora de Commercy.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con preto de 16 anos, a condesa Ana casou co conde Estevo, de 24 anos, o día 10 de xuño de 1410, na cidade de Heidelberg. O conde era fillo do rei Roberto do Sacro Imperio Romano Xermánico e de Sabela de Nürnberg. A parella tivo sete fillos, cinco nenos e dúas nenas.

Ana faleceu o día 18 de novembro de 1439, e foi enterrada en Meisenheim, no actual estado da Renania-Palatinado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. enealogics.org (ed.). "Genealogics". 
  2. gw.geneanet.org (ed.). "Geneanet". 
  3. fmg.ac (ed.). "Foundation for Medieval Genealogy".