Ana Varela González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana Varela González
Nacemento1970
Lugar de nacementoBóveda
Alma máterUniversidade Pontificia Comillas e Universidade de Columbia
Ocupaciónexecutiva
editar datos en Wikidata ]

Ana José Varela González, nada en Bóveda en 1970, é unha executiva galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas. Realizou posgraos en Servizos Financeiros, Estratexia e Liderado no Instituto de Empresa (España) e MBA de Columbia Business School (EE UU).

Traballou no Boston Consulting Group e na Fundación Barrié de la Maza (nº 2, á fronte do departamento de investimentos[2]). Foi conselleira do Banco Popular ademais de presidir as tecnolóxicas Torusware (start- up de software) e Nasasbiotech (biomedicina).[3] En 2015 foi distinguida como ‘Eisenhower Fellow’, un programa de liderado que premia a traxectoria de profesionais de todo o planeta volcados en crear un mundo máis pacífico, próspero e xusto.

En 2017 foi nomeada directora financeira da Organización para a Cooperación e o Desenvolvementoo Económico (a primeira muller en ocupar o posto[4]), xestionando un orzamento anual de 500 millóns de euros[5] e dirixindo un equipo de 105 persoas e 5 divisións. É Membro do Grupo de Directores e do Equipo Executivo, exercendo a Secretaría do Comité de Orzamento, onde están representados os 36 países membros.[6]

Forma parte de Referentes Galegas, a plataforma de Executivas de Galicia.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ana José Varela: “Hará falta imaginación para ayudar a las empresas"". Economía Digital Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2020. Consultado o 2020-12-27. 
  2. "La OCDE ficha a la número dos de la Fundación Barrié". Economía Digital Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-12-27. 
  3. Núñez, Verónica (27 de decembro de 2020). "Un rápido uso del fondo europeo que impulse la inversión pública ayudará a una recuperación sólida". Diario de Pontevedra: 34. 
  4. "Ana José Varela concede una interesante entrevista a ‘La Razón’ – International Women`s Forum Spain" (en castelán). Consultado o 2020-12-27. 
  5. Núñez, Verónica (2019-05-12). "Ana Varela: "Los frutos de la recuperación deben repartirse de forma equitativa"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2020-12-27. 
  6. 6,0 6,1 administrador. "Ana Jose Varela González". Executivas. Consultado o 2020-12-27.