Saltar ao contido

Ana Paula Tavares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Paula Tavares

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1952 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Lubango Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Letras da Universidade de Lisboa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, historia e belas letras Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, profesora universitaria, historiadora, escritora, especialista en literatura Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata

Ana Paula Ribeiro Tavares, coñecida como Ana Paula Tavares, nada en Lubango, Angola, o 30 de outubro de 1952, é unha historiadora e poeta angolana. [1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en 1952 en Lubango, na provincia angolana de Huíla, foi criada polos seus padriños e viviu alí ata os 20 anos.[2] Despois do seu matrimonio viviu en Huambo, Cuanza Sur, Benguela e finalmente Luanda.[3]

Comezou a súa carreira de Historia na Facultade de Letras de Lubango (agora ISCED - Instituto Superior de Ciencias da Educación de Huíla). En 1992, foi a Portugal, onde rematou a súa carreira na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e obtivo un máster en Literaturas Africanas, completando o curso en 1996.[4] [5]

En 1976 foi nomeada para o Consello Nacional de Cultura, destacando en Cuanza Sur.[6] [5]

Actualmente reside en Portugal. Doutorouse en Antropoloxía na Universidade Nova de Lisboa sobre História e memória. Estudo sobre as sociedades de Lunda e Cokve de Angola e imparte clases na Universidade Católica de Lisboa.[7] [2] [4]

Traballou continuamente nas áreas da cultura, a museoloxía, a arqueoloxía e a etnoloxía, o patrimonio, as actividades culturais e a docencia.[4]

Tanto a prosa como a poesía de Ana Paula Tavares aparecen en varias antoloxías publicadas, con algunhas publicacións destacadas en Portugal, Brasil, Francia, Alemaña, España e Suecia.

Influencias

[editar | editar a fonte]

A escrita de Ana Paula Tavares recibiu a influencia de autores brasileiros como Manuel Bandeira, Jorge Amado, Carlos Drummond de Andrade e João Cabral de Mello Neto, cuxas obras chegaron a Angola a través de viaxeiros. Segundo a poeta, non só a literatura, senón tamén a música brasileira, influíron na súa escrita.[8]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2007 – Premio Nacional de Cultura e Artes de Angola (categoría de literatura), polo libro Manual para amantes desesperados [9] [10]
  • 2004 – Gañou o Premio de Poesía Mário António outorgado pola Fundación Calouste Gulbenkian co libro Dizes-me coisas amargas como os froitos [9] [11] [12]
  • 2025 – Premio Camões, pola súa «fecunda e coerente trajetória de criação estética» e polo «rescate da dignificación da poesía» na súa obra. [13] [14]

Obras seleccionadas

[editar | editar a fonte]

É autora de varios libros: [15] [2]

  • Ritos de passagem (1985). Luanda: UEA [2ª ed. Lisboa: Caminho, 2007].
  • O Lago da Lua (1999). Lisboa: Caminho.
  • Dizes-me coisas amargas como os frutos (2001). Lisboa: Caminho.
  • Manual Para Amantes Desesperados (2007). Lisboa: Caminho.
  • Como veias finas na terra (2013). Lisboa: Caminho.
  • Poesia Reunida seguido de Água Selvagem (2023). Liboa: Caminho.
  • Sangue da buganvília: crônicas (1998). Centro Cultural Português Praia-Mindelo.
    • O Sangue das Buganvílias (2023). Lisboa: Caminho. 70 crónicas breves, orixinalmente concebidas para a retransmisión por radio e asinadas en Lisboa, entre 1996 e 1998 . [16]
  • A Cabeça de Salomé (2004). Lisboa: Caminho.
  • Os olhos do homem que chorava no rio (2005), em coautoria com Manuel Jorge Marmelo. Lisboa: Caminho.

Poemas [17] [18]

  • Mukai[19]
  • Canto de nascimento
  • Não conheço nada do país do meu amado
  • Vieram muitos
  • Tratem-me com a massa
  • November without water[20]
  • A abóbora-menina
  • O mirangolo
  • Rapariga
  • Amargos como os frutos
  • Entre os lagos
  • História de amor da princesa Ozoro e do húngaro Ladislau Magyar
  • A manga
  • A mãe e a irmã
  • O cercado
  1. ↑ Infopédia. "Ana Paula Tavares - Infopédia" (en portugués). Consultado o 2021-07-30.
  2. 1 2 3 "Ana Paula Tavares | Wook" (en portugués). Consultado o 2021-07-30.
  3. ↑ ""Não posso escorregar na emoção fácil, que a saudade e a distância criam", entrevista a Ana Paula Tavares | BUALA". Consultado o 2021-07-30.
  4. 1 2 3 Infopédia. "Ana Paula Tavares - Infopédia" (en portugués). Consultado o 2021-07-30.
  5. 1 2 Fidelizarte. "Ana Paula Ribeiro Tavares" (en portugués). Consultado o 2021-07-30.
  6. ↑ ""Não posso escorregar na emoção fácil, que a saudade e a distância criam", entrevista a Ana Paula Tavares BUALA". www.buala.org. Consultado o 2026-07-05.
  7. ↑ "DSpace". run.unl.pt. Consultado o 2026-07-05.
  8. ↑ "ANA PAULA TAVARES – Kapulana" (en portugués). Consultado o 2021-07-30.
  9. 1 2 "Ana Paula Tavares". Consultado o 2021-07-30.[Ligazón morta]
  10. ↑ Portugal, Rádio e Televisão de. ""Rei" da música vence Prémio Nacional de Cultura e Artes" (en portugués). Consultado o 2021-07-30.
  11. ↑ Mata, Inocência (2007). "Literatura Angolana: Dizes-me coisas amargas como os frutos: da dicção no feminino à ciência dos lugares e dos tempos" (en portugués) (2). ISSN 2316-3933.
  12. ↑ "Dizes-me Coisas Amargas Como os Frutos, Ana Paula Tavares - Livro - Bertrand" (en portugués). Consultado o 2021-07-30.
  13. ↑ "Camões de 2025 vai para poeta angolana Ana Paula Tavares". 08/10/2025. Consultado o 9 de outubro de 2025.
  14. ↑ "Marcelo felicita Ana Paula Tavares pelo Prémio Camões". Consultado o 9 de outubro de 2025.
  15. ↑ "Obras de Ana Paula Tavares que constam do catálogo da BNP". Consultado o 2021-07-30.
  16. ↑ Tarrío, Ana (2026-02-16). "'Florir na tempestade'. Ana Paula Tavares, Premio Camões 2025". Nós Diario. Consultado o 2026-07-05.
  17. ↑ "Ana Paula Ribeiro Tavares - Poemas escolhidos". Consultado o 2021-07-30.
  18. ↑ "O Cercado (Ana Paula Tavares)". Consultado o 2021-07-30.
  19. ↑ PKV, Situs. "Daftar Situs Bandarqq PKV Games QQ Poker Online DominoQQ". Situs PKV (en indonesio). Consultado o 2026-07-05.
  20. ↑ "Antonio Miranda Home Page: Portal de Poesia Ibero Americana - Poesia - www.antoniomiranda.com.br - Antonio Lisboa Carvalho de Miranda - Poeta - Poesia Iberoamericana - Poesia Brasileira -Brasil". www.antoniomiranda.com.br. Consultado o 2026-07-05.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]