Ana Obregón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Obregón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ana Victoria García Obregón Editar o valor em Wikidata
18 de marzo de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , cantante , bailarina , presentadora de televisión , guionista , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRTVE
Mediaset España
Atresmedia
DKiss (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaDarek (pt) Traducir (2006–2008)
Davor Šuker (pt) Traducir (1997–1999)
Alessandro Lecquio (pt) Traducir (1991–1994)
Fernando Martín (1987–1989)
Miguel Bosé (1979–1982)
Miguel Molina Editar o valor em Wikidata
FillosAlejandro Lequio García (en) Traducir, Ana Sandra Lequio (en) Traducir, filla adoptiva Editar o valor em Wikidata
ParentesAna Sandra Lequio (en) Traducir (neta (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
xestación por substitución Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webanaobregon.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0643505 Allocine: 127970 Allmovie: p53769
Instagram: ana_obregon_oficial Discogs: 1200946 Editar o valor em Wikidata

Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nacida en Madrid no ano 1955, filla de Ana María Obregón de Urruti e Antonio García de la Parra, dono da construtora JOTSA. Licenciada en Ciencias Biolóxicas na Universidade Complutense de Madrid, de pequena estudou ballet clásico e piano.

Debutou no cine en 1979 e mantivo unha incipiente traxectoria filmográfica con varias películas de mediana resonancia a nivel nacional, polo xeral de destape ou acción rodadas no seu maior parte en España e algunhas noutros países como Francia, Estados Unidos e Italia. Entre elas destacan Tres mulleres de hoxe (con Norma Duval), Bolero con Bo Derek e Andrea Occhipinti (dirixida por John Derek) e a exitosa comedia A vida alegre de Fernando Colomo, seguramente a mellor película da súa currículo.

Realizou unha breve intervención nun capítulo da serie estadounidense O Equipo A, en 1985. Tras iso, xurdiron errados intentos por labrarse unha carreira artística nos Estados Unidos como actriz e regresou a España.

A mediados da década de 1980 empezou a espazar a súa actividade cinematográfica para intensificar as súas aparicións en televisión. Tamén exerceu como guionista, empresaria e dedicouse á xestión da empresa construtora que posúe a súa familia.

Éxitos televisivos[editar | editar a fonte]

En España cultivou grandes éxitos de audiencia como presentadora de televisión en concursos como ¿Qué apostamos?, xunto a Ramón García. Retransmitiu as badaladas de fin de ano para TVE xunto a Joaquín Prat en 1994, e xunto Ramón García en 1995 e 2004. Precisamente no ano 1996 logra en TVE, co programa Empieza con la Primera de José María Fraguas, o maior éxito de audiencia dunha gala de fin de ano.

Posteriormente desenvolveu a súa faceta como guionista. En marzo de 2002 estreou en TVE a serie Ana y los siete, coa que cultivou un éxito inesperado durante tres anos, rozando ata os sete millóns de espectadores, ata que a propia actriz decidiu darlle un final.

Máis tarde Ana emprende outro proxecto: o 20 de setembro de 2006 estrea en Antena 3 a serie Ellas y el sexo débil, que ía ser unha versión española da serie Sexo en Nova York e onde ela encarnaba a unha presidenta de goberno. A serie foi terminada logo da emisión do terceiro capítulo, debido á insuficiente audiencia.

No último trimestre de 2008 participa como concursante no programa ¡Mira quién baila! de Televisión Española onde volveu cultivar éxito.

Participando no programa Sálvame Deluxe anunciou unha nova serie escrita e protagonizada por ela para Telecinco moi avanzada que promete un novo éxito para a gran actriz.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]