Saltar ao contido

Ana Martínez de Luco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Martínez de Luco
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
País Vasco, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCommunity organization (en) Traducir e Reciclaxe Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonxa, organizadora comunitaria, emprendedora Editar o valor en Wikidata

Ana Martínez de Luco, nada no País Vasco en 1960, é unha monxa española, fundadora do centro de reciclaxe sen ánimo de lucro Sure We Can en Nova York (Estados Unidos).[1]

Centro de reciclaxe Sure We Can (Brooklyn, Nova York - 2019).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Martínez naceu no País Vasco e converteuse en monxa aos 19 anos.[1] Pertence á organización das Irmás para a Comunidade Cristiá.[2] En 2004, mudouse a Nova York e, tres anos despois, en 2007, fundou en Brooklyn o centro de reciclaxe Sure We Can.[3] Este lugar é o único centro de reciclaxe sen ánimo de lucro da cidade de Nova York.[4] En 2016, Martínez renunciou ao seu posto de dirección da ONG Sure We Can.[5]

Un dos obxectivos de Martínez é a creación de traballo digno para as persoas que se dedican á reciclaxe entre os que se inclúen inmigrantes, discapacitados, anciáns e persoas sen fogar.[6] Dirixe talleres, ensinando á xente sobre cooperativas de traballadores.[7]

  1. 1,0 1,1 Kilgannon, Corey (2015-06-19). "A ‘Street Nun’ Who Specializes in Redemption". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-04-19. 
  2. Anaki, Loubna (11 de xaneiro de 2020). "Ana, nonne des rues, Robin des Bois de la canette solidaire" (en francés). 
  3. Magdaleno, Cristina (24 de decembro de 2019). "Spanish nun uses recycling program to help New York's poor" (en inglés). 
  4. Davenport, Emily (2020-06-23). "Brooklyn-based recycling coalition calls for funding from City Council • Brooklyn Paper" (en inglés). Consultado o 2020-06-26. 
  5. DeGeorge, Gail (28 de xaneiro de 2016). "Brooklyn recycling center creates community while serving those in need". 
  6. Escobar, Allyson (16 de xaneiro de 2020). "'Eco-Nun' Helps Brooklynites to Go Green". 
  7. Berardi, Francesca (1 de marzo de 2019). "Meet the street nun helping people make a living from New York's cans".