Ana María Viñas Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna María Viñas Díaz
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Doutor en filosofía (1990–1994)
Universidade de Santiago de Compostela - posgrao (1984–1989) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (2001–) Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3801659

Ana María Viñas Díaz, nada en 1966, é unha bióloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en Bioloxía,[1] e profesora titular de Xenética da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela.[2]

O seu labor como investigadora céntrase na análise dos mecanismos de determinación e diferenciación sexual no rodaballo.[2]

Interésanlle tanto a caracterización dos xenes implicados nestes procesos como a análise da conservación das rexións xenómicas nas que estes xenes se localizan noutras especies de peixes. O estudo deste carácter produtivo tan relevante en peixes, abórdase globalmente integrando análises de mapeo xenético e físico, citoxenómica, análises de expresión xénica e de xenómica comparada.[2]

A doutora Viñas foi unha das coordinadoras do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.[3]

Notas[editar | editar a fonte]