Ana Romero Masiá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ana María Romero Masiá")
Ana María Romero Masiá
Ana Romero Masiá Culleredo 2012 2.JPG
Ana Romero Masiá en Culleredo presentando un dos seus libros no ano 2012.
Nacemento 4 de xaneiro de 1952 (66 anos)
  Santiago de Compostela Galicia
Nacionalidade Galicia Galicia
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación historiadora, mestra
editar datos en Wikidata ]

Ana María Romero Masiá, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1952, é unha historiadora e mestra galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo a licenciatura de Historia Antiga e Historia da Arte na Universidade de Santiago e posteriormente fixo o seu doutoramento en Historia na Universidade da Coruña. Actualmente traballa como Catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas da Coruña.

Durante a década dos 80 encargouse das escavacións do castro de Borneiro.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Libro de Sociais de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO[1]
  • Historia de España. Selección documental
  • Historia contemporánea e cine. Modelos de aproveitamento didáctico
  • A Coruña medieval
  • A Coruña dos Austrias
  • O hábitat castrexo na ría de Ferrol. 1997.
  • Os castros: recoñecemento e catalogación. 1985.
  • Cultura de los castros. 1980.
  • A fábrica de tabacos da Palloza. Producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas. 1997.
  • Apoio de Ferrol á Coruña no 1889. 1997.
  • Antecedentes históricos no tráfico marítimo dos portos galegos con Europa. 1996.
  • Obxectos metálicos no castro de Borneiro. 1992.
  • Fontes para o estudio da Torre de Hércules. 1991.
  • Castro de Borneiro. 1987.
  • María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970). 2014.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A Coruña na época da Ilustración. 1700-1808. 1997 (en colab.).
  • A Coruña: evolución urbanística. Planos e imaxes. 1997 (en colab.).
  • A Coruña romana. 1989 (en colab.).
  • A Historia das civilizacións a través do cine. 1989 (en colab.).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Guía da Revolución Francesa. 1989 (en colab.).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Guía do curso. 1987 (en colab.).
  • Historia do Mundo Contemporáneo. Textos escollidos. 1986 (en colab.).
  • Traballos prácticos de Xeografía. 1987 (en colab.).
  • Itinerarios naturais: A Frouxeira. 1979 (en colab.).
  • Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria. 1995 (en colab.).
  • Castelao, ilustrador de "El cuento semanal". 1992 (en colab.).
  • Ferrol a través dos textos literarios e históricos- 1990, reed. 1995 (en colab.).
  • Galicia nos textos clásicos. 1988, Museo Arqueolóxico Provincial da Coruña.
  • Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936). 2003. Con Carlos Pereira.
  • Republicanismo coruñés. Aproximación histórica e selección documental. 1868-1936. 2001 (en colab.).
  • Severino Chacón. Líder sindical do mundo do tabaco, 2003, Fundación Luís Tilve.
  • O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións (en colab.).
  • Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, 2011, Fundación Luís Tilve. Con Carlos Pereira.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Carlos Pereira.

Notas[editar | editar a fonte]