Ana María Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ana María Ríos
Nome completoAna María Ríos Bemposta
Nacemento1979
 Arcade
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpeiteadora
editar datos en Wikidata ]

Ana María Ríos Bemposta, nada en Arcade, Soutomaior, en 1979, é unha peiteadora que se fixo famosa logo de ser retida en Cancún (México) por presunto contrabando de armas.

A detención[editar | editar a fonte]

Ana María Ríos foi detida na alfándega do aeroporto mexicano de Cancún o 9 de outubro de 2006, ao seu regreso da lúa de mel, que pasara naquela cidade co seu home, Marcos Dasilva Bouzón. Na súa bolsa de viaxe, a policía mexicana atopara balas de diversos calibres, dúas delas percutidas, e un detonador M1 que adoita usar o exército mexicano. Ana María Ríos defendeu en todo momento descoñecer quen colocou esa munición na súa equipaxe, e algunhas hipóteses sinalan a posibilidade de que fose un engado para realizar unha operación delitiva realmente seria na mesma alfándega.

Durante os días seguintes creouse unha grande espectación na súa vila natal e no resto de Galiza, e convocouse o 15 de outubro de 2006 unha manifestación en Arcade que congregou a 2.500 persoas[1] e á que asistiron diversos representantes políticos, en apoio de Ana María Ríos e solicitando a súa liberación. Logo de 12 días, o 21 de outubro, Ana María Ríos foi liberada provisionalmente polas autoridades mexicanas logo de pagar unha fiúza de 1600 euros. En decembro, a xustiza mexicana declarouna definitivamente inocente.

A sona[editar | editar a fonte]

Logo dunhas primeiras semanas tranquilas, con algunhas declaracións puntuais en medios de comunicación, Ana María Ríos fíxose definitivamente famosa en xaneiro de 2007, logo de aparecer espida na portada da revista española Interviú.

A editorial Biblos publicou un libro sobre ela, escrito pola xornalista María José Lorenzo, Voda, cárcere e fama, que foi rapidamente traducido ao español.

Notas[editar | editar a fonte]