Ana María Alvajar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ana María Alvajar L. Jean»)
Infotaula de personaAna María Alvajar
Biografía
Nacemento1918 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCésar Alvajar Editar o valor em Wikidata  e Amparo López Jean Editar o valor em Wikidata
IrmánsAmparo Alvajar, María Teresa Alvajar e Javier Alvajar López Editar o valor em Wikidata

Ana María Josefina Alvajar López, nada na Coruña en 1918 e finada en Madrid o 31 de decembro de 2005,[1] foi unha escritora e violinista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do político republicano César Alvajar e de Amparo López Jeán, era irmá de María Teresa, Amparo e Javier Alvajar López. Desde moi nova mostra inclinación pola música e pasou a formar parte da Orquestra Filharmónica, constituída por afeccionados baixo a dirección de Alberto Garaizábal e máis tarde da Orquestra de Cámara da Sociedade Filharmónica desta mesma cidade. Durante a guerra civil, separada de seus pais, que estaban en territorio republicano, ten que facer fronte ás dificultades económicas nun primeiro momento e máis tarde en coidar pola integridade de seus irmáns. Así, tivo que agochar seu irmán Javier nunha aldea, quen desertara do exército nacional para pasarse ao bando republicano e non puido reunirse cos seus pais, exiliados en Francia, mentres non liberaron a súa irmá María Teresa, presa no cárcere da Coruña. Por fin, puido xuntarse cos seus pais en 1940 na localidade francesa de Vimoutiers. Tras dous anos en Francia, volveu a Coruña en 1942, cidade na que se radicou até 1948, cando se trasladou a Madrid. No 2003 recibiu o Premio a la Lealtad Republicana da Asociación Manuel Azaña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Vivencias (1986)
  • Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega (2003)
  • Soltanto lastre (2005). Ediciós do Castro

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Vicente Pérez García e foi nai de Javier, José Antonio, Ana María e Juan Luis Pérez Alvajar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-1-2006, p. 42.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]