Ana Justel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Justel
Biografía
Nacemento(es) Ana Justel Eusebio Editar o valor em Wikidata
27 de decembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Universidade Carlos III de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstatística e matemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemática , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 43677

Ana María Justel Eusebio, nada en Madrid o 27 de decembro de 1967, é unha investigadora matemática e doutora en Economía.[1] En 2019 recibiu o I Premio Margarita Salgas á mellor traxectoria científica.[2][3]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Traxectoria académica[editar | editar a fonte]

Licenciada en Matemáticas pola Universidade Complutense de Madrid en 1990, doutorouse en Economía na Universidade Carlos III de Madrid en 1995, coa tese de doutoramento: "Algoritmos adaptativos de Gibbs Sampling para la identificación de heterogeneidade en regresión y series temporales'', dirixida polo profesor Daniel Peña.

Iniciou a súa carreira profesional como Axudante nos Departamentos de Estatística e Econometría e no de Economía da Universidade Carlos III de Madrid, no período 1990-95. No curso 1995/96 foi Research Associate, do Center for Operations Research and Econometrics (CORE) na Université Catholique de Louvain. Dende outubro de 1996 a xuño de 2000 foi Profesora Titular de Universidade Interina en Estatística e Investigación Operativa, Departamento de Matemáticas, da Facultade de Ciencias, na Universidade Autónoma de Madrid (UAM).

Dende xuño de 2000 é Profesora Titular de Universidade[4] do Departamento de Estatística e Econometría da UAM, onde, á parte de ensinar e investigar no campo da estatística -tanto en estatística matemática como en estatística aplicada; en concreto no ámbito da estatística matemática e computacional-[5] tamén exerceu os cargos de Vicedecana de Relacións Internacionais e Institucionais da Facultade de Ciencias (2000-2003), Coordinadora de Programas de Intercambio e Mobilidade da Facultade de Ciencias (2003-2017) e Directora da Oficina de Análise e Prospectiva (2006-2017).[6]

Traxectoria investigadora[editar | editar a fonte]

As súas liñas de investigación inclúen tanto a estatística teórica como a aplicada. Publicou numerosos artigos en revistas internacionais de recoñecido prestixio, 28 delas en revistas JCR, e unha ducia máis delas recollidas noutras revistas nacionais e internacionais.[7]​​​[6][8]

Ten realizado estancias de investigaciónen diversos lugares, entre outros no ISDS (Institute of Statistics and Decision Sciences ), Duke University. North Carolina, USA. (xullo 1993- xaneiro 1994), no CREST, ENSAE (Ecole Nationale de Statistique et l'Administration Economique ), INSEE . París. (agosto 1994, abril-xuño 1999), no CORE (Center for Operations Research and Econometrics ), Université Catholique de Louvain . Bélxica. (outubro 1995 - setembro 96), no Departamento de Estatística, Pontificia Universidade Católica de Chile. Santiago de Chile. (agosto 1998), no Departamento de Estatística, Universidade Nacional de Trujillo. Perú. (agosto 1998), no Campamento Byers, dependente da Base Antártica Española Juan Carlos I. Illa de Livingston, Continente Antártico. (febreiro 2003, decembro 2003-xaneiro 2004, febreiro 2006, decembro 2008, xaneiro 2013, febreiro 2016, febreiro 2018, xaneiro 2019) e no Departamento de Matemáticas, Universidade de San Andrés. Bos Aires. (maio 2005, abril 2006, marzo 2007, setembro 2007, outubro 2010, febreiro 2012, xuño 2017).[6][9]

Dirixiu varios proxectos relacionados co desenvolvemento de novas metodoloxías estatísticas para a análise de indicadores de sostibilidade. Colabora con varios grupos de investigación en problemas ambientais, en particular participou en campañas do Programa de Investigación Española na Antártida como membro do proxecto Limnopolar dende 1997, o que lle valeu o alcume de «Lady Byers».[10] Dende 2017 codirixe co biólogo Antonio Quesada o proxecto Microairpolar.[9]

Investigacións polares[editar | editar a fonte]

Proxecto Limnopolar[editar | editar a fonte]

Dende 1997 -como resultado da colaboración cun grupo de investigación en Bioloxía e Ecoloxía da Facultade de Ciencias da Universidade Autónoma de Madrid- Ana Justel participa en Limnopolar, un proxecto de investigación en limnoloxía que se desenvolve en ambientes polares, concretamente na Antártida, onde se estudan os ecosistemas acuáticos non mariños.[11]

O proxecto Limnopolar é un proxecto interdisciplinario de investigación en limnología que se desenvolve na Antártida, na Península Byers (Illa Livingston, illas Shetland do Sur, Antártida), un lugar especialmente protexido da Antártida pola gran diversidade ecolóxica de corpos de auga existentes. Está financiado polo Plan Nacional de I+D+I co obxectivo principal de investigar a sensibilidade dos ecosistemas acuáticos antárticos non mariños ante o cambio climático, mediante o estudo dos seus compoñentes bióticos e abióticos, e as súas relacións coas variables ambientais ou climáticas.[11]

A súa primeira campaña no Proxecto Limnopolar foi durante o inverno austral 2001-2002 e nel participaron máis de 20 investigadores nacionais pertencentes ás Universidades Autónoma de Madrid, Valencia e Castela-A Mancha, o Centro de Estudios Hidrográficos do CEDEX, e o Instituto Nacional de Meteorología. Tamén colaboraron investigadores de universidades estranxeiras como a Université Laval (Canadá), University of Tasmania (Australia), University of Salzburgo (Austria) ou a University of Liege (Bélxica).​[12]

Ana Justel participou en sete campañas deste proxecto, dende 2003 ata 2018.​ O seu traballo neste proxecto vai dende colaborar na toma de mostras a, xa de forma máis específica, ocuparse de modelizar e resolver os problemas estatísticos. "O tratamento matemático que dou aos problemas que se me presentan é, obviamente, o estatístico, o que sei facer. Tómanse moitas mostras que primeiro hai que converter en datos; unha vez en formato número, a estatística é unha ferramenta fundamental para a análise e a extracción de conclusións. Como ademais os datos conseguidos alí non son suficientes para explicar toda a dinámica dos lagos, é necesario inferir das fontes de información de que se dispón durante a parte do ano en que non se pode estar alí -o que se consegue por medio da estación meteorolóxica permanente alí situada-", explicaba Ana Justel nunha entrevista.[11][12]

Proxecto Microairpolar[editar | editar a fonte]

Ana Justel dirixe, xunto co biólogo Antonio Quesada, o proxecto Microairpolar.

O proxecto Microairpolar, financiado pola Axencia Estatal de Investigación, iniciouse en 2017 co obxectivo de estudar a capacidade de dispersión dos microorganismos nas zonas polares, onde o cambio climático está a propiciar procesos de deglaciación que favorecen a aparición de novas superficies colonizables en zonas que estiveron cubertas de xeo durante miles de anos. En febreiro de 2018, un grupo multidisciplinar de investigadores da Universidade Autónoma de Madrid (UAM) e a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), liderado por Ana Justel e Antonio Quesada, emprenderon a expedición científica a bordo do Buque de Investigación Oceanográfica Hespérides, rumbo á Antártida.[9]

Co fin de estudar como se inician esas novas formas de vida, utilizaron por primeira vez un colector de partículas para comprobar se puido ter sido o aire o que permitiu que os microorganismos colonizaran o solo unha vez que os glaciares se retiraron de Byres. Para capturar e estudar o contido do aire sen ningunha inxerencia, no proxecto desenvolvéronse tecnoloxías específicas que permitiron, por exemplo, utilizar «O Trineo do vento», vehículo «cero emisións», ou técnicas estatísticas avanzadas e de computación masiva de datos.​[13] O reto matemático foi modelizar a conexión entre os microorganismos atopados no aire e os estudos de biodiversidade realizados en Byers nos últimos anos.​[10]

Ana Justel explicó así su trabajo: “La identificación de los microorganismos encontrados en los muestreos de campo se realizará mediante modernas técnicas de secuenciación masiva del material genético. La utilización de complejos programas de modelización atmosférica y el diseño de nuevos algoritmos de clasificación para big data permitirá construir un mapa de dispersión de aeronavegantes combinando las retrotrayectorias de las masas de aire con los propágulos capturados in-situ”.

A capacidade de colonización dos aeronavegantes, tendo en conta variables de índole físico, biolóxico e ambiental, é un problema complexo que require a participación de expertos de distintas disciplinas que intenten abordar conxuntamente o traballo tecnolóxico, biolóxico, meteorolóxico e matemático. Ana Justel explicou así o seu traballo: Para a identificación dos microorganismos atopados nas mostraxes de campo utilízanse modernas técnicas de secuenciación masiva do material xenético, así como complexos programas de modelización atmosférica e o deseño de novos algoritmos de clasificación para big data, cara a construír un mapa de dispersión de aeronavegantes combinando as retrotrayectorias das masas de aire cos propágulos capturados in-situ.[9]

O proxecto require moito traballo de campo e laboratorio, novos métodos estatísticos, modelos meteorolóxicos, enxeñaría e moita computación para estudar a dispersión dos microorganismos nas rexións polares, que son tan importantes no escenario actual de cambio climático. O funcionamento dos ecosistemas microbianos das rexións polares aínda é bastante descoñecido. É necesario deseñar novos instrumentos de captura de microorganismos para saber que formas de vida móvense no interior do continente antártico. Para conseguir capturalas, é necesario avanzar no desenvolvemento de novas tecnoloxías para explorar a información que conteñen os datos procedentes da secuenciación de ADN, que cada vez se fai con máis profundidade e no de métodos de computación eficientes para levar a cabo unha simulación masiva que permita comprender o transporte aéreo dos microorganismos que, co cambio climático, poden alterar os ecosistemas antárticos terrestres máis resistentes ás condicións extremas. Así que hai que seguir traballando en todas as frontes abertas en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas, comenta Ana Justel nunha entrevista concedida á RSME en decembro de 2019.[14]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ten publicado numerosos artigos en revistas JCR e en revistas nacionais e internacionais.[6]​​​[7][8] Pero durante toda a súa carreira profesional Ana Justel compaxinou os seus labores académicos: de docencia, xestión e investigación, cunha participación activa en tarefas de divulgación, mediante a publicación de artigos para dar a coñecer o seu traballo de investigación, participando en entrevistas e proxectos de comunidades educativas, ou con entrevistas en diversos medios de comunicación, entre os que se están:

Artigos para dar a coñecer o seu traballo de investigación[editar | editar a fonte]

  • Gibbs Sampling . Ana Justel. En An Eponymous Dictionary of Economics - A Guide to Laws and Theorems Named after Economists (eds. J. Segura e C. Rodríguez Braun). Edward Elgar, Chentelham, UK e Northampton, MA, USA, 2004.[15]
  • A Península Byers, un lugar excepcional da Antártida: O medio físico (I) , Ana Justel e Juan José Durán. Terralia, 42-78-89, 2004.[16]
  • A Península Byers, un lugar excepcional da Antártida: Fauna e Flora (II) , Ana Justel e Juan José Durán. Terralia, 45-80-89, 2004.[17]
  • A Península Byers, un lugar excepcional da Antártida: A vida no campamento Byers (III), Ana Justel e Juan José Durán. Terralia, 48, 80-91, 2005.[18]
  • Un día en Byers, Ana Justel, revista Andalucía investiga, 48, 28-29. Xaneiro 2008.[19]
  • Statistics and Sustainability in Spain, Ana Justel BEIO (Boletín de Estatística e Investigación. Operativa), editado por SEIO, ISSN. 1889-3805. 2010.[20]

Entrevistas e proxectos de comunidades educativas[editar | editar a fonte]

  • Entrevista a Ana Justel, en matematicalia, revista dixital de divulgación matemática. Abril, 2007.[11]
  • Mujeres y Matemáticas, 13 retratos. Publicación do proxecto "La mujer como elemento innovador en la ciencia ", da Comisión de Mujeres y Matemáticas da RSME. ISBN. 108493519629. 2008.[21]
  • Entrevista a Ana Justel, publicada en Entrevistas a Matemáticos de la Comunidad de Madrid por estudiantes de bachillerato , editado por ICMAT e IES Beatriz Galindo, ISBN. 9788469226414. Maio, 2009.[22]
  • Ana, una mujer investigando la Antártida. en Vientos del cole (2009).[23]
  • Carta de Ana Justel, publicada en Un espejo en que mirarte. Editores: Esther Diáñez e José Manuel Escobedo. CEIP Atalaia (Atarfe, Granada).[24]
  • Falando cunha alumna sobre o computador "Marenostrum ", dentro do programa do Día internacional da muller e a nena na ciencia 2019.[25]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1996. Bolsa Marie Curie Fellow. TMR Fellowship, nivel 30 (postdoutoral). Bolsa concedida pola Comisión Europea dentro do programa Training and Mobility of Researchers Programme.[6]
  • 2006- 2013 Vicepresidenta do Comité Científico do Observatorio da Sostibilidade en España.[6]
  • 2002-2008. Editora Asociada da revista científica TEST, editada pola Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa (SEIO), [6]
  • 2019. I Premio Margarita Salas a la mejor trayectoria científica, outorgado por Talent Woman.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SERTRI Madrid 2015. Tritalon Mujer" (PDF). 
  2. "Inicio" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-11-20. 
  3. "La profesora de estadísticas y vecina de Soto, Ana Justel recibe el premio Margarita Salas por su trayectoria científica" (en castelán). 2019-12-20. Consultado o 2020-11-20. 
  4. "BOE 27/6/2000. RESOLUCIÓN de 14 de junio de 2000, de la Universidad Autónoma de Madrid, por la que se nombra Profesora titular de Universidad a doña Ana María Justel Eusebio." (PDF). 
  5. 5,0 5,1 "Ana Justel Eusebio". Talent woman España (en castelán). 2019-12-05. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-11-20. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Ana Justel. "Pagina Web de Ana Justel". Consultado o 2020-11-20. 
  7. 7,0 7,1 "‪Ana Justel‬ - ‪Google Académico‬". web.archive.org. 2020-11-28. Archived from the original on 28 de novembro de 2020. Consultado o 2021-03-25. 
  8. 8,0 8,1 "Ana Justel". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-03-25. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 "Universidad Autónoma de Madrid - El proyecto MICROAIRPOLAR inicia su participación en la XXXI Campaña Antártica Española". www.uam.es. Consultado o 2021-03-25. 
  10. 10,0 10,1 Viñas, José Miguel (2017-11-22). "La ‘Lady Byers’ de la Antártida". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2018. Consultado o 2021-03-25. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 ".: MATEMATICALIA :. - Nacional". Consultado o 2020-11-20. 
  12. 12,0 12,1 "Ambienta_2007_65_a11.pdf". Google Docs. Consultado o 2021-03-25. 
  13. "La UAM en 1 min: ANTÁRTIDA". Consultado o 2021-03-25. 
  14. RSME (2019-12-13). "Mujeres y matemáticas: Entrevista a Ana Justel Eusebio" (en castelán). Consultado o 2020-11-20. 
  15. "An Eponymous Dictionary of Economics A Guide to Laws and Theorems Named after Economists. Pg. 89" (PDF). 
  16. "La Península Byers (1) Un lugar excepcional de la Antártida. El medio físico". Consultado o 2020-11-20. 
  17. "La Península Byers. Fauna y Flora (II)" (PDF). 
  18. "La Península Byers (3) Un lugar excepcional de la Antártida. La vida en el campamento Byers". Consultado o 2020-11-20. 
  19. "Andaluciainvestiga 48" (en inglés). pp. 28–29. Consultado o 2020-11-20. 
  20. "Statistics and Sustainability in Spain" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xuño de 2022. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  21. "Mujeres y matemáticas. 13 retratos" (PDF). 
  22. "ENTREVISTAS A MATEMATICOS DE LA COMUNIDAD DE MADRID POR ALUMNADO DE BACHILLERATO" (PDF). 
  23. "Ana, una mujer investigando la Antártida" (PDF). 
  24. "Un espejo en que mirarte" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de setembro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  25. "11F Día internacional de la mujer y la niña en la ciencia". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Vida e ciencia na Antártida. (Vídeo sobre a campaña antártica española 2016 no que participou Ana Justel. Vídeo e edición: Greta Carrete Veiga)