Ana Freire
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 (40/41 anos) Rábade, España |
Educación | Universidade da Coruña - ciencias da computación (–2014) |
Director de tese | Fidel Cacheda (en) |
Actividade | |
Ocupación | investigadora |
Empregador | Universidade Pompeu Fabra Universidade da Coruña |
Premios | |
| |
Sitio web | anafreire.es |
Ana Freire Veiga, nada en Rábade en 1983, é unha enxeñeira informática profesora na Universidade Pompeu Fabra onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade. É a fundadora de Wisibilízalas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola Universidade da Coruña. Traballou en diversas institucións e empresas, como a Universidade de Glasgow, o Centro Nacional de Investigación de Italia ou o Yahoo Labs. Dende setembro de 2015 é profesora e investigadora na UPF, onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade.
Coa súa investigación pretende aplicar a tecnoloxía en xeral e a intelixencia artificial en particular a problemas sociais, como a saúde mental.[2] Lidera o proxecto STOP (Suicide prevenTion in sOcial Platforms) cuxo obxectivo é detectar enfermedades mentais nas redes sociais. Tamén traballa analizando datos que permitan entender mellor algunhas enfermidades neurolóxicas, como a esclerose múltiple.[3]
É a fundadora de Wisibilízalas, un concurso internacional que pretende rachar cos estereotipos asociados ás carreiras científicas e tecnolóxicas, potenciar referentes femeninos entre o alumnado e promover o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo.[4]
Recoñecemento
[editar | editar a fonte]- Premio Joven Talento Femenino 2019 da Fundación Real Academia de las Ciencias.[5]
- Premio Ada Byron Joven 2019 da Universidade de Deusto.[6]
- Premio Ada Byron do CPEIG en 2021.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Wisibilízalas (UPF)". www.upf.edu. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Sarabia, David (2019-11-21). "Ana Freire, informática e investigadora: "La mayoría de las niñas no descarta una carrera tecnológica a los 18 años sino antes de los 15"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Calero, Juan F. (2020-06-15). "Ana Freire: innovación social elevada a la enésima potencia - innovación en español". innovaspain (en castelán). Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "Wisibilízalas, un concurso que quiere romper los estereotipos de género relacionados con las TIC, abre inscripciones - Archivo - Archivo de noticias (UPF)". www.upf.edu. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "La joven científica española capaz de detectar suicidas en las redes sociales". Nius Diario (en castelán). 2019-11-05. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "Deusto entrega el premio Ada Byron a las mujeres tecnólogas Concha Monje y Ana María Freire". www.deusto.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "A enxeñeira e doutora en informática Ana Freire recibe o Premio Ada Byron do CPEIG pola súa achega na aplicación da intelixencia artificial ao ben social e o seu impulso ao enfoque feminino da tecnoloxía | colexio profesional de enxeñaría en informática de galicia". www.cpeig.gal. Consultado o 2021-09-29.