Saltar ao contido

Ana Cabaleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Cabaleiro

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Saídres, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Facebook: ana.cabaleiro.52 Instagram: anasaidres BNE: XX5424031 AELG: 532 Dialnet: 3108308 Editar o valor en Wikidata


Ana Cabaleiro López, nada en Saídres (Silleda) en 1974, é unha xornalista e escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou o máster de Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura. Iniciouse como xornalista en Radio Estrada. Colabora en Sermos Galiza e no Boletín Galego de Literatura.[1] É membro do grupo de escritura Versos soltos. Traballou no campo da discapacidade intelectual e no da cooperación ao desenvolvemento. Tamén traballou no gabinete de comunicación da Deputación de Pontevedra.[2]

En febreiro de 2017 publicou o seu primeiro libro de relatos, Sapos e sereas, co que quixo chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero[3] a través de relatos postos en feminino e dirixidos a unha hipotética lectora, nos que pon en cuestión o modo en que se contou a historia da muller.[4]

En 2018 tamén colaborou na revista Ligeia.[5] Publicou o relato Todas esas mentiras no nº 223 (2019) da revista Grial.

A autora (á dereita na foto) con Miriam Ferradáns e Ismael Ramos.
  1. "Nacemento e declive da utopía tecnolóxica: o ciberactivismo artístico a finais do século XX", artigo de Ana Cabaleiro no Boletín Galego de Literatura vol. 46 (2011). ISSN 2174-4025.
  2. "A xornalista silledense Ana Cabaleiro gaña o Premio García Barros". diariodepontevedra. Consultado o 13/12/2018. 
  3. "Ana Cabaleiro: "Quería chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero"". Faro de Vigo. 3 de marzo de 2017. 
  4. "A voz da muller non sempre tivo unha consideración igualitaria na literatura"". Sermos Galiza. 14 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2018. 
  5. "Ana Cabaleiro". Ligeia. Revista de Literatura (1). xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416. 
  6. Sapos e Sereas, ficha na web de Editorial Galaxia.
  7. Cabaleiro, Ana (2017). Sapos e sereas. Galaxia. p. 96. ISBN 978-84-9151-035-2. 
  8. "As Ramonas. Ana Cabaleiro". editorialgalaxia. Consultado o 13/12/2018. 
  9. Cabaleiro, Ana (2018). As Ramonas. Galaxia. p. 176. ISBN 978-84-9151-204-2. 
  10. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-08-30. 
  11. "Ana Cabaleiro López: "Gañar o García Barros da Estrada, onde comecei profesionalmente, é un soño acabado. Marabilloso"". Faro de Vigo. 19 de xullo de 2018. 
  12. Santiago, Concello de. "A narradora Ana Cabaleiro resulta gañadora da primeira edición do Premio Exeria - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal (en inglés). Consultado o 2022-07-27. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública