Ana Aba Catoira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1970 A Coruña, España |
| Educación | Universidade da Coruña |
| Director de tese | José Antonio Portero Molina |
| Actividade | |
| Ocupación | xurista, profesora universitaria |
| Empregador | Universidade da Coruña |
Ana María Aba Catoira, nada na Coruña en 1970,[1] é unha académica e xurista galega, especializada en Dereito Constitucional.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ana M. Aba Catoira licenciouse en Dereito pola Universidade da Coruña en 1993.[2] En 1998 doutorouse pola Universidade da Coruña cunha tese titulada La problemática de la limitación de los derechos en la jurisprudencia del Tribunal Constitucional, dirixida por José Antonio Portero Molina.[3]
Entre 1997 e 2015 desenvolveu funcións de maxistrada substituta nos xulgados da provincia da Coruña.[4] Desde 2003 é profesora titular na área de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña.[3] En 2021 entrou a formar parte do equipo directivo da Facultade de Dereito da Coruña como vicedecana de Relacións Internacionais, Institucionais e Dixitalización.[5] En setembro de 2023 converteuse na primeira muller en ocupar o decanato da Facultade de Dereito da Coruña,[1] cargo que exerceu durante un curso académico.
É socia fundadora da Rede Feminista de Dereito Constitucional, que agrupa expertas en estudos de xénero e dereitos das mulleres, e integrante da Rede de Especialistas en Dereito e TICs.[3] É socia do Observatorio do impacto ético e social da Intelixencia Artificial, e membro de Referentes Galegas,[3] así como integrante do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ana Aba Catoira: «La inteligencia artificial ya nos trae de cabeza con temas de calado jurídico»". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-11-06.
- ↑ Ana María Aba Catoira en UNIR
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Dra. Ana María Aba Catoira en Universidade da Coruña
- ↑ Ana Aba Catoira en Executivas de Galicia
- ↑ Ana Aba Catoira en LinkedIn.