Amparo López Jean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Amparo López Jean
Nome completoAmparo López Jean
Nacemento30 de outubro de 1885
 Vilaboa
Falecemento12 de novembro de 1942
 Montauban
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e suffragette
editar datos en Wikidata ]

Rita Amparo López Jean, nada en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885 e finada en Montauban (Francia) o 12 de decembro de 1942, foi unha activista galeguista, presidenta da Agrupación Republicana Femenina da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Adela Jean e de Sabino María López, avogado e secretario do concello de Culleredo, criouse en Vilaboa, onde a súa nai era mestra. Anos máis tarde trasladouse coa nai, xa viúva, á Coruña. Nesta cidade matriculouse no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña e posteriormente estudou Maxisterio. Ao mesmo tempo estudou canto e piano baixo a dirección de Xosé Baldomir e pintura con Máximo Ramos. Casada co coñecido político republicano César Alvajar, tivo un papel moi destacado na Agrupación Republicana Femenina entre 1933 e 1936, da que foi secretaria e presidenta. En 1935 ingresou no Partido Galeguista.

Tumba de Amparo López Jean no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Co triunfo da Fronte Popular trasladouse a Soria, onde o seu home fora nomeado Gobernador Civil. Durante a guerra civil o matrimonio viviu en Madrid, Valencia e Barcelona. En Barcelona foi nomeada Secretaria Xeral do Grupo Feminino Galeguista.

Rematada a guerra, exiliouse en Francia, na localidade de Vimoutiers, e tras a ocupación nazi viviu en Vichy e Montauban. Morreu en 1942. Os seus restos foron trasladados ao cemiterio de San Amaro no 2006.

Foi a nai de María del Amparo Alvajar López Jean, Ana María Alvajar L. Jean, Javier Alvajar López e María Teresa Alvajar López.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]