Among Us
Among Us é un videoxogo multixogador en liña desenvolvido pola compañía estadounidense InnerSloth, distribuído o 15 de xuño de 2018 nas plataformas de Android e iOS, e meses máis tarde para ordenador. A sinopse do xogo xira arredor dun grupo de tripulantes dunha nave espacial que deben arranxar e supervisar o funcionamento da nave, ao mesmo tempo que pescudan aos «impostores» que tentan sabotar a nave e asasinalos durante cada partida.[1]
Malia que saíu ao mercado en 2018, o seu éxito xurdiu en 2020 (dous anos despois do seu lanzamento) grazas aos vídeos publicados por streamers de Twitch e youtubers, nos que se comparten partidas do xogo.[2] Debido a isto, o 17 de setembro de 2020 rexistráronse máis de 85 millóns de descargas en dispositivos móbiles. Segundo a empresa Sensor Tower, só nos Estados Unidos alcanzou 20 millóns de descargas e no Brasil roldou as 16 millóns, sumadas ás case 7 millóns de México, sumando entre estes tres países máis da metade das descargas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Among Us, guía práctica para entender el fenómeno de moda". Eluniversal. 7 de outubro de 2020. Consultado o 29 de outubro de 2020.
- ↑ "Among Us’ Improbable Rise To The Top Of Twitch". Kotaku Australia (en inglés). 9 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2020.
- ↑ "Among Us - Revenue & Download estimates - Google Play Store - US". SensorTower (en inglés). Consultado o 21 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Among Us ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Videoxogos de 2018
- Videoxogos de Windows
- Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América
- Videoxogos de supervivencia
- Videoxogos de estratexia
- Videoxogos de ciencia ficción
- Videoxogos de iOS
- Videoxogos de Android
- Videoxogos de Nintendo Switch
- Videoxogos de PlayStation 4
- Videoxogos de PlayStation 5
- Videoxogos de Xbox One
- Videoxogos de Xbox Series X e Series S
- Videoxogos independentes