Aminath Faiza
![]() (2005) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1924 ![]() Maldivas ![]() |
Morte | 25 de febreiro de 2011 ![]() Malé, Maldivas ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora ![]() |
Aminath Faiza, nada o 29 de setembro de 1924 e finada en Malé o 25 de febreiro de 2011, foi unha escritora maldivana en lingua maldivana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte](Daisy Maa) Aminath Faiza comezou a escribir poesía aos dezaseis anos, inspirada polo seu tío materno, o poeta Bodufen Valhugey Seedhi. "Thiththibe", como Faiza o chamaba, recitáballe os seus poemas cando os remataba.
Na década de 1950 comezou a dar a coñecer a súa obra, cando Mohamed Amin Didi, o primeiro Presidente das Maldivas, creou o Lhen Veringe Gulzaar (Xardín da Poesía Maldivana). Aminath Faiza foi elixida a Daisy Maa, a margarida do xardín. Desde entón publicou a súa obra en revistas e xornais, así como diversos libros de compilacións. Os seus poemas son de temática amorosa, social, relixiosa e nacionalista. Faiza colaborou con Rayyithunge Muthagaddim, o primeiro partido político fundado nas illas Maldivas, da man do presidente Mohamed Ameed Didi.[1] Traballou como directora adxunta da antiga escola Madrasat-ul Saniyya, e no Centro de Investigacións Históricas e Lingüísticas das Maldivas, período no que axudou a recompilar o dicionario maldivo. Escribiu o seu último poema no 50 aniversario da escola Iskandhar o 5 de febreiro de 2011.
Morreu logo de sufrir un ictus no Hospital Indira Gandhi Memorial en Malé. Foi soterrada no cemiterio de Aa Sahara. Tivo tres fillos, Ahmed Abbas, Aminath Abbas e Mohamed Hilmy, e seis netos, Eleena Ahmed Abbas, Mona Ahmed Abbas, Marina Ahmed Abbas, Kashif Hilmy, Hathif Hilmy e Yadhya Hilmy.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Recoñecemento (1980)
- Premio Nacional de Honra (1996)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Famed Maldivian poet Faiza passes away". Haveeru Daily. 25 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://aminathfaiza.com
- "A national figure who provided inspiration for thousands of young women and men". Maldives National University. Archived from the original on 22 de agosto de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2019.