American Song Contest
| American Song Contest | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O American Song Contest é unha vindeira adaptación americana do Festival da Canción de Eurovision na que cincuenta estados, cinco territorios e mais o distrito federal Washington, D.C competirán polo título de Mellor Canción Orixinal. Christer Björkman, Anders Lenhoff, Ola Melzig e Peter Settman serán os produtores xunto con Ben Silverman como produtor executivo. O concurso está programado tentativamente para estrearse a metade de tempada en 2022 na NBC.
Produción
[editar | editar a fonte]A UER anunciou que a NBC adquirira os dereitos para retransmitir a competición o 14 de maio de 2021.[1] A NBC, pola súa parte, anunciou que o American Song Contest estrearíase a metade de tempada en 2022 despois de publicar o seu calendario de outono para a próxima tempada televisiva 2021/22.[2][3]
Christer Björkman e Ola Melzig adquiriron os dereitos para producir unha adaptación americana do Festival de Eurovision da UER e ser os produtores xunto a Anders Lenhoff e Peter Settman.[1] Ben Silverman será o produtor executivo do programa.[4] Propagate Content e Universal Television Alternative Studio serán as empresas de produción.[1]
Formato
[editar | editar a fonte]As cancións orixinais que representen un estado, territorio ou Washington, D.C. –capital nacional e distrito federal dos Estados Unidos– serán interpretadas nun programa de televisión en directo transmitido en todo o país.[2] Os actos poden consistir en artistas solo, dúos, bandas ou DJs.[5] A competición contará con roldas cualificadoras ás cales seguirán semifinais e Gran Final. A canción gañadora logrará o título de "Mellor Canción Orixinal."[6]
Participantes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Indica se se trata dun estado, territorio ou distrito federal.
Referencias
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "American Song Contest Lands on NBC". European Broadcasting Union (Nota de prensa). 14 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021.
- 1 2 White, Peter (14 de maio de 2021). "‘American Song Contest’, U.S. Version Of Eurovision, Tunes Up For NBC". Deadline (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Ausiello, Michael (14 de maio de 2021). "NBC Fall Schedule: This Is Us' Last Hurrah Pushed to 2022, All-L&O Thursdays, B99 Farewell Gets Olympics Launch, Zoey's and Good Girls MIA". TVLine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Tangcay, Jazz; Tangcay, Jazz (6 de agosto de 2020). "Eurovision Sets Sail for U.S. Shores as ‘American Song Contest’ (EXCLUSIVE)". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "'American Song Contest' on screens in 2022". Eurovision.tv (Nota de prensa) (en inglés). 14 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ "American Song Contest: NBC secures rights to Eurovision spin-off in the United States". Wiwibloggs (en inglés). 14 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021.