Símbolo da Unión de Ornitólogos Estadounidenses, o extintogran auk (arao xigante).
A American Ornithological Society (AOS) ou Sociedade Ornitolóxica Estadounidense, é a máis grande e antiga organización do Novo Mundo dedicada ao estudo científico das aves. Ten a súa sede en Chicago, Illinois.
A sociedade publica dúas revistas científicas, The Auk,que se edita desde xaneiro de 1884, e The Condor, así como a lista de verificación AOS das aves norteamericanas.
En 2013, a American Ornithologists'Union anunciou unha estreita colaboración coa Cooper Ornithological Society, incluíndo reunións conxuntas, unha oficina centralizada de publicación e unha concentración das súas respectivas revistas para aumentar a eficiencia da investigación.[3]
En outubro de 2016 a AOU anunciou que deixaba de funcionar como unión independente, e que se estaba a fusionar coa Cooper Ornithological Society para crear a American Ornithological Society.[4]
O South American Classification Committee (SACC) (Comité de Clasificación de América do Sur), é un comité oficial no marco da AOS que está encargado da creación dunha clasificación estándar, cos nomes en inglés, para as especies de aves de América do Sur.